PLAN DIRECTOR DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS 2026

En exercicio da competencia atribuída polo artigo 21.1.s) da Lei Reguladora de bases de réxime local.

Visto o informe-proposta do Director do Servizo Municipal de Deportes.

Acórdase:

-Aprobar o Plan Director de Subvencións a entidades deportivas 2026, coa seguinte redacción literal:

INTRODUCIÓN

Son funcións do Consello Municipal de Deportes, recollidas nos estatutos, a xestión e toma de decisións dentro do ámbito das competencias que teñen atribuídas as entidades locais ao amparo da Lei Xeral do Deporte de Galicia, Lei 3/2012, 2 de Abril de 2012.

Entre outras, son funcións do Consello Municipal de Deportes:

  • Fomento da práctica físico-deportiva, como xeito de crear hábitos saudables entre os cidadáns.
  • Fomento e impulso a clubes e entidades deportivas, como estruturas asociativas básicas que propicien a integración social dos seus membros e fomente a práctica físico-deportiva entre os cidadáns.
  • A conservación, reparación, mellora e xestión das instalacións e equipamentos deportivos de titularidade municipal.
  • Organizar e, no seu caso, autorizar manifestacións deportivas dentro do termo municipal.
  • Promover e colaborar no desenvolvemento de eventos deportivos que se leven a cabo dentro do municipio.
  • Actuar como canalizador das propostas dos veciños e entidades deportivas en relación ca organización, potenciación e desenvolvemento da actividade físico-deportiva no municipio.

Asemade o Regulamento sobre uso das instalacións deportivas municipais no seu CAPÍTULO I/NORMAS XERAIS/Art.10, establece.- O Concello de Ribadavia, poderá concertar tanto para o uso continuado das instalacións deportivas municipais como para o desenvolvemento de programas de carácter físico-deportivo, convenios con clubes, asociacións, federacións, entidades deportivas e organismos que teñan por obxecto a promoción do deporte aos efectos de que poidan beneficiarse de unha maior operatividade no seu funcionamento.

As subvencións son unha ferramenta de fomento de determinadas iniciativas sociais consideradas de interese xeral, favorecendo a participación cidadá e a colaboración entre a administración pública e a veciñanza na xestión de servizos.

A Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións introduce, como elemento de xestión e para a mellora da eficacia e eficiencia nas actuacións das administracións públicas, a necesidade de elaborar un Plan Estratéxico de Subvencións.

O artigo 8.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, ten carácter básico, polo que todos os Concellos e organismos públicos que pretendan outorgar subvencións deben aprobar o seu correspondente plan estratéxico de subvencións no que se establecerán os obxectivos das mesmas, prazos para acadalos e custes previsibles, sempre adaptándose ao cumprimento dos principios da estabilidade orzamentaria.

A aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións é unha ferramenta de xestión e a súa aprobación non xenera obrigas nin dereitos para o Concello de Ribadavia.

O Plan Estratéxico estará condicionado á aprobación dun Plan Director anual de subvencións a entidades deportivas, e por suposto á dispoñibilidade orzamentaria de cada exercicio.

Dentro diste orzamento, xestiona a concesión de subvencións, axudas e a sinatura de convenios con entidades para a consecución dos mencionados obxectivos, e polo exposto anteriormente ten a obriga de aprobar un Plan Director anual de subvencións a entidades deportivas que regule o procedemento e os criterios de distribución das mesmas. Plan director que se regula no articulado exposto a continuación.

ARTIGO 1. Obxectivos

    Obxetivos Xerais:

  • Fomento do tecido asociativo e a participación cidadá.
  • Impulsar a práctica físico-deportiva xerando oportunidade de ocio, tempo libre e hábitos de actividade física saudable.
    Obxectivos específicos:

  • Fomento do deporte federado vencellado ao deporte de base e de formación.
  • Promoción de eventos físico-deportivos cunha finalidade transversal: fomento da actividade física e a saúde, alternativa de ocio/espectáculo e promoción turística.
  • Opción ao mantemento e conservación dos equipamentos deportivos.

ARTIGO 2. Diagnose

Dende a entrada en vigor da Lei Xeral de Subvencións e nos últimos anos de xeito ininterrumpido o Plan de subvencións a entidades deportivas do Concello de Ribadavia a proposta do Consello Municipal de Deportes foi convocada polo procedemento de concorrencia competitiva dirixido a tres programas:

  • Convocatoria de subvención a clubs e entidades deportivas. Dotación: sete mil euros (7.000 €)
  • Convocatoria de subvención a eventos físico-deportivos. Dotación: catro mil euros (4.000 €)
  • Convocatoria de subvención ao mantemento de campos de fútbol. Dotación: tres mil trescentos euros (3.300 €)

No exercicio 2019 muda a política deportiva niste senso acordando incrementar a dotación de axudas ao deporte federado así como o réxime de concesión á vía nominativa. Aprobando no consello reitor do consello municipal de deportes o $1^{\circ}$ Plan Director de subvencións a entidades deportivas vencelladas aos importes a cada entidade como cantidades máximas a percibir, en función da actividade desenvolta.

No exercicio 2020 e 2021, acórdase deixar sin efecto a aplicación dos criterios de concesión das axudas para que as entidades perciban as cantidades íntegras recollidas no orzamento xeral do Concello a proposta do Consello Municipal de Deportes, motivado pola situación excepcional derivada da crise sanitaria do COVID-19.

No exercicio 2022, logo da excepcionalidade en canto a aplicación do plan director motivado pola COVID-19, volve ser de aplicación para a resolución dos expedientes.

No exercicio 2023 a partida orzamentaria destinada a subvencións a clubs/entidades ascende a trinta e dous mil catrocentos euros (32.400 €) con cargo á partida 4.489.00.341.

No exercicio 2024 a partida orzamentaria destinada a subvencións a clubs/entidades ascende a trinta e cinco mil novecentos euros (35.900 €) con cargo á partida 4.489.00.341.

A dotación orzamentaria destinada a subvencións a clubs/entidades para o exercicio 2025 ascende a trinta mil novecentos euros (30.900 €) con cargo á partida orzamentaria 4.489.00.341, logo da aprobación definitiva o 27/Marzo/2025.

A dotación orzamentaria destinada a subvencións a clubs/entidades para o exercicio 2026 ascende a trinta e dous mil euros (32.000 €) con cargo á partida orzamentaria 4.489.00.341.

ARTIGO 3. Ámbito temporal.

O Plan director de subvencións a entidades deportivas proponse para o exercicio 2026.

ARTIGO 4. Competencia.

O órgano competente para a aprobación do Plan Director corresponde á Xunta de Goberno Local.

ARTIGO 5. Principios xerais.

Son principios xerais diste Plan os seguintes:

  • Concesión directa que, de conformidade co establecido na norma aplicable, deberá contar coa debida consignación orzamentaria previa.
  • Concesión conforme a criterios obxectivos previamente establecidos a fin de garantir o coñecemento previo dos mesmos polos potenciais beneficiarios.
  • Eficacia no cumprimento dos obxectivos marcados e eficiencia na asignación de recursos públicos, debéndose xustificar cuantitativa e cualitativamente.
  • Control e análise da adecuación dos fins das entidades solicitantes aos principios de igualdade e non discriminación no exercicio das actividades subvencionadas.

ARTIGO 6. Procedemento, regulación e financiación

O procedemento de concesión de subvencións será de xeito directo con carácter nominativo recolléndose o obxecto da subvención no correspondente convenio de colaboración que se asinará con tódalas entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias das subvencións para poder acceder ás mesmas deberán asinar un convenio de colaboración co Concello de Ribadavia onde se recollerán, como mínimo, os seguintes:

  1. FINS AOS QUE VAN DESTINADAS AS AXUDAS
  2. PROGRAMAS A SUBVENCIONAR
  3. PRAZOS E DOCUMENTACIÓN A APORTAR
  4. OBRIGAS
  5. CRITERIOS DE CONCESIÓN DAS AXUDAS
  6. PROCEDEMENTO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS
  7. LIQUIDACIÓN E PAGAMENTO

A dotación prevista e aprobación definitiva foi publicada no B.O.P, 27/Marzo/2025.

ARTIGO 7. Programas

As axudas reguladas nas subvencións a entidades deportivas terán como finalidade a colaboración para a financiación dos seguintes programas:

  1. CLUBS/ENTIDADES DEPORTIVAS. Subvención ao deporte federado de rendemento/tecnificación orientado ao sostenemento da entidade para a participación en competicións oficiais da súa respectiva federación. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións públicas para o mesmo fin.
  2. ESCOLAS DEPORTIVAS. Subvención á docencia e formación deportiva en tódalas etapas da aprendizaxe deportivo. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións públicas para o mesmo fin.
  3. EVENTOS FÍSICO-DEPORTIVOS. Subvención á organización de eventos físico-deportivos por parte de entidades deportivas. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións públicas para o mesmo fin.
  4. MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS/EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS. Subvención a entidades que colaboren no mantemento de equipamentos de titularidade municipal e outras xestionadas polo Concello de Ribadavia.

ARTIGO 8. Requisitos, regulación e dotación orzamentaria anual asinadas aos programas

1.PROGRAMA DE SUBVENCIÓN A CLUBS/ENTIDADES DEPORTIVAS

REQUISITOS

  • Estar inscritos no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia.
  • Participar en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións.
  • Posuír, polo menos, un equipo de base inferior á categoría absoluta (junior e/ou senior); no caso de disciplinas individuais ou entidades que se adiquen exclusivamente a promover o deporte feminino deberán posuír como mínimo cinco (5) licenzas federativas ou nenas que participen de xeito habitual na actividade do clube, nas mencionadas categorías base.
  • Desenvolver a súa actividade obxecto das axudas dentro do Concello de Ribadavia.

REGULACIÓN

A) PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE AMBITO NACIONAL

Entidades que participen, con equipo/s de categorías absoluta ou de máxima categoría no caso de non dispor de categoría absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren total ou parcialmente fóra da comunidade autónoma de Galicia organizadas polas respectivas federacións estatais. Non se atopará niste rango, a participación de carácter puntual por clasificación, invitación etc.

B) PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE ÁMBITO AUTONÓMICO

Entidades que participen, con equipo/s de categorías absoluta ou de máxima categoría no caso de non dispor de categoría absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren totalmente fóra da provincia de Ourense organizadas polas respectivas federacións autonómicas. Non se consideran niste rango a participación en ligas/competicións que inclúan localidades da provincia de Ourense e outras situadas nas provincias de Pontevedra e Lugo ubicadas xeograficamente a menos de 40 Km. do límite da provincia de Ourense.

C) PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE ÁMBITO PROVINCIAL

Entidades que participen, con equipo/s de categorías absoluta ou de máxima categoría no caso de non dispor de categoría absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren totalmente dentro da provincia de Ourense organizadas polas respectivas federacións autonómicas ou provinciais. Incluíndo niste rango, a participación en ligas/competicións que inclúan localidades situadas nas provincias de Pontevedra e Lugo ubicadas xeograficamente a menos de 40 Km. do límite da provincia de Ourense.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantía máxima a percibir por iste programa e entidade en función da categoría na que participe o equipo ou deportista do clube, na máxima categoría absoluta, será:

A) ÁMBITO NACIONAL –> 4.000 €

B) ÁMBITO AUTONÓIMICO –> 2.000 €

C) ÁMBITO PROVINCIAL –> 500 €

2. PROGRAMA ESCOLAS DEPORTIVAS

REQUISITOS

  • Entidades que conten con licenzas federativas de deportistas nas categorías consideradas de base quedando excluídas as categorías absolutas: junior/senior e veteranos.
  • Deberán estar participando en competicións de ámbito provincial, autonómico ou nacional en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións; no caso de disciplinas individuais deberán posuír como mínimo dez (10) licenzas federativas nas mencionadas categorías.
  • Deberán desenvolver a súa actividade de adestramentos dentro do termo municipal de Ribadavia.
  • O traballo de docencia e formación dos deportistas estará obrigatoriamente dirixido por técnicos con titulación específica na modalidade e licenza en vigor na tempada, que deberán acreditar.

REGULACIÓN

  • Estarán subvencionados os alumn@s que cumpra cos requisitos expostos.
  • Estableceranse axudas por licenza en función da categoría da competición na que participe.
  • Estarán subvencionados os técnicos que cumpran cos requisitos expostos.
  • Estableceranse axudas en función da cualificación dos técnicos. Quedando establecida a titulación dos técnicos do seguinte xeito: a) Técnico Superior ou Adestrador Nacional; b) Técnico de Base ou Equivalente (Adestrador Territorial/Monitor, etc.).

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantía máxima a percibir por iste programa e entidade será de dous mil euros (2.000 €).

Para o cálculo aplicarase o seguinte criterio en función dos parámetros: licenzas e técnicos.

  • O parámetro licenza estará subvencionado en función da participación en competicións de ámbito provincial, autonómico ou nacional.
  • O parámetro técnicos estará subvencionado en función da cualificación.

LICENZAS

  • NACIONAL 40 €/licenza.
  • AUTONÓMICO 20 €/licenza.
  • PROVINCIAL 10 €/licenza.

TÉCNICOS

  • T. SUPERIOR 1000 €/Técnico.
  • T. BASE 300 €/Técnico.

3. PROGRAMA EVENTOS FÍSICO-DEPORTIVOS

REQUISITOS

  • Entidades que promovan eventos físico-deportivos puntuais de carácter competitivo ou non competitivo que impliquen a práctica de disciplinas deportivas recoñecidas polas respectivas federacións como torneos, carreiras populares, campus deportivos, rutas cicloturistas etc.
  • O evento deberase celebrar dentro do termo municipal do Concello de Ribadavia. No caso de probas atléticas, BTT etc., o circuito poderá discorrer por outros concellos sempre e cando teña saída e chegada no Concello de Ribadavia.
  • As entidades poderán promover máis de un evento.
  • Os eventos poderán ter carácter federado ou popular.
  • Tódolos eventos deberán cumprir cos requisitos recollidos na Lei Xeral do Deporte de Galicia.

REGULACIÓN

  • Establécese axudas en función da categoría do evento podendo ser de ámbito: Nacional/Internacional ou Provincial/Autonómico.
    • Enténdese Nacional/Internacional, cando participen no evento clubs, equipos ou deportistas procedentes de entidades de fóra da comunidade autónoma de Galicia (Nacional) ou do estado español (Internacional).
    • Enténdese Provincial/Autonómico, cando participen no evento clubs, equipos ou deportistas procedentes de entidades da Comunidade Autónoma de Galicia (Autonómico/Provincial).
  • Establécese axudas en función da participación no evento de categorías base, tendo en conta a participación feminina que deberá ser como mínimo un 20% da participación total.
  • Establécese axudas ao impacto social dos eventos que se considere repercutan na promoción turística de Ribadavia (actividades paralelas, atracción de público foráneo, hostalería, restauración etc.).

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantía máxima a percibir por iste programa e entidade será de dous mil euros (2.000 €).

CATEGORÍA DO EVENTO

  • NACIONAL/INTERNA 500 €.
  • PROVINCIAL/AUTONÓMICA 300 €.

CATEGORÍAS BASE

  • FEMININO/MIXTO 500 €.
  • SOLO MASCULINO 300 €.

IMPACTO SOCIAL

  • ATA UN MÁXIMO DE 1000 €.

4. PROGRAMA MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS/EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

REQUISITOS

  • Entidades con domicilio social en Ribadavia.
  • Facer uso de algunha das instalacións/equipamentos deportivos de titularidade municipal e outros xestionados por cesión do titulares ao Concello de Ribadavia.
  • Poderán ser equipamentos elementais (único espazo deportivo) de uso por parte da entidade subvencionada.
  • Acatar e facer cumprir cantas normativas e ordenanzas sexan de aplicación.

REGULACIÓN

Según o recollido en convenio.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantía máxima a percibir por iste programa e entidade será de milcincocentos euros (1500 €).

ARTIGO 9.- Xustificación, pagamento e prazos

A xustificación corresponde á tempada $25/26$ (1 de Setembro do 2025 ata o $31/\text{Agosto}/2026$) polo que somente se admitirán facturas cuxo pagamento corresponda a iste período.

A subvención concedida xustificarase presentando a conta xustificativa según modelos (ANEXO-I e ANEXO-II) aportando a seguinte documentación:

  • Relación de gastos (ANEXO-I) da actividade, por importe igual ou superior á cantidade a xustificar, con identificación do acreedor, importe e data de emisión.
  • Liquidación de gastos e ingresos (ANEXO-II) da tempada anterior $24/25$. Somente as entidades que soliciten axudas para os programas 1. CLUBS/ENTIDADES DEPORTIVAS e 2. ESCOLAS DEPORTIVAS.
  • Facturas xustificativas en orixinal ou duplicado ou copia cotexada do documento. No caso de gastos de arbitraxe, achegarase certificación do colexio de árbitros. No caso de gastos de desprazamentos deberase presentar documento asinado polo perceptor co $V^{\circ}B^{\circ}$ do presidente, onde se reflictan nome, apelidos e NIF do perceptor e o CIF da entidade ao prezo máximo de 0,26 €/Km.
  • A xustificación dos gastos incluirá a acreditación fidedigna do pagamento destes. O Concello de Ribadavia poderá comprobar a realidade do gasto certificado a través dos oportunos procedementos de auditoría e control financeiro. A acreditación de gastos deberá ser por unha contía igual ou superior á da subvención concedida; de non ser así, procederase á correspondente redución. Ao aveiro do establecido no artigo 31.2 da Lei xeral de subvencións, considerarase como gasto efectivamente realizado aquel cuxa obriga de pago fose contraída antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención.

De advertirse deficiencias de carácter correxible na xustificación o Concello de Ribadavia concederá un prazo de dez días para subsanar a documentación da conta xustificativa.

O pagamento da subvención correctamente xustificada farase efectiva previa proposta de pagamento pola dirección do Servizo Municipal de Deportes.

O prazo de xustificación farase ante o Concello de Ribadavia antes do 31 de Outubro de 2026, agás nos casos que se establecera outra data nos convenios puntuais con cada entidade. Asemade antes desta data as entidades por causa de forza maior poderán solicitar un aprazamento para presentar a documentación da conta xustificativa.

  • Acreditación das medidas de difusión onde aparezan os logos do Concello de Ribadavia e do Consello Municipal de Deportes, tales como carteis, dípticos, páxina web e outros.
  • Certificado da conta bancaria expedida pola entidade financeira correspondente.

Manda o alcalde e asina o secretario a constancia do acordo.