







Organizado polo Club Ciclistas do Ribeiro o 27 de Abril levarase a cabo unha nova «Quedada de BTT», esta vez coa «KEDADA – ENDURO RIBEIRO».
A ruta será con saída ás 9:00 horas dende «Castelo dos Sarmiento», e o percorrido será o da VIII BTT do Ribeiro, cunha dificultade «media-alta» e unha distancia total de 34 km. e un desnivel de 1000 metros.
Para apuntarse, facelo a través do correo: ciclistasdoribeiro@gmail.com
Nas instalacións do pavillón municipal Maquiáns, celebrouse o pasado venres 11 de abril o Bádminton comarcal nas categorías infantil e cadete, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro e coa colaboración do Concello de Ribadavia/Consello Municipal de Deportes.
Na actividade, que deu comezo ás 10:00 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas, competiron un total de 90 participantes. O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.
Nesta ligazón atoparás a Clasificación








Esta vindeira fin de semana, o clube de karate Mizukami, desprázase ata Logroño cos catro campións galegos: Simón Rodríguez Armada, Fabio Alen Bejarano, Marco Pórtela González e Ariadna Alen Bejarano como parte da Selección Galega de Karate, xunto co adestrador e Coach nacional Juan Manuel Pazos Martínez. Para Fabio é a súa quinta participación nun campionato de España, para Simón é a cuarta e para Marco e Ari é a primeira.
Desexámoslles a todos eles o millor neste campionato, e moita sorte.
Mais de 150 nen@s pertencentes aos clubes River Stone de O Barco, Karate club Maceda, Karate Club Shark de A Rúa, Escola de Karate de Xinzo e Club Karate Mizukami de Ribadavia como organizador do evento tomaron parte o domingo no 2º Encontró de Escoliñas actividade promovida pola Excma. Deputación de Ourense ca colaboración dos Concellos .
A actividade desenvolveuse en horario de tarde dende as 16:00 h. ata as 19:30 horas. Ao remate todos os participantes recibiron medallas conmemorativas do evento.
A 3ª xornada a celebrar será 13 de abril co Encontro de Escoliñas de Minibalonmán.









Os vindeiros días 14, 15 e 16 de abril, levarase a cabo no Complexo Deportivo O Xestal – Novo Sintético (Ribadavia) o Clínic Semana Santa Fundación Celta 2025.
Esta formación futbolística está dirixida a nenos/nenas entre 4 e 16 anos, para que disfruten do seu deporte favorito, adestrando según la metodología da canteira del RC CELTA, o equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional. Tamén haberá agasallos e sorteos de pezas deportivas da Fundación Celta.
Nesta actividade poderanse satifacer diferentes necesidades:
O clinic está diseñado e pensado para dar cabida a nenos/as coas diferentes expectativas citadas e que todos eles as poidan cumprir. Ao mesmo tempo todas as tarefas e contidos teñen as súas adaptacións para que tanto os nenos/as de menor edad como os máis maiores satisfagan as súas necesidades.
Xa están abertas as inscricións. As prazas son limitadas.
Info e inscricións: ligazón rccelta.es
O vindeiro 23 de marzo terá lugar o segundo Encontro de Escoliñas da Deputación a celebrar en Ribadavia, no que tomarán parte todos os clubs de karate da provincia: River Stone de O Barco, Karate Club Maceda, Escola de Karate de Xinzo, A Rúa Karate Club Shark e Club Karate Mizukami de Ribadavia como organizador do evento.
Actividade promovida pola Excma. Deputación de Ourense ca colaboura dos Concellos.
A actividade dará comezo ás 16:00 h. na que participarán en torno a 200 nen@s de 4 a 14 anos. Ao remate todos os participantes recibirán medallas conmemorativas do evento.
A seguinte xornada a celebrar será 13 de abril na modalidade de Minibalonmán.






O pasado sábado 8 de marzo, celebrouse en Santiago de Compostela o “Cpto Galego Infantil e Copa Cadete” no Pavillón Municipal de Santa Isabel.
Cabe destacar e felicitar ao Club Mizukami polos resultados obtidos en dito Campionato, que son os seguintes:
Campións galegos:
-Simón Rodríguez Armada en kata xuvenil masculino.
-Fabio Alen Bejarano en Kumite infantil masculino máis de 45 kilos.
-Marco Pórtela González en Kumite infantil masculino menos de 30 kilos.
-Ariadna Alen Bejarano en Kumite alevín feminino máis de 32 kilos.
Subcampeóns:
-Simón Rodríguez Armada en Kumite xuvenil masculino menos de 36 kilos.
-Aldara Rojo Neira en Kumite xuvenil feminino menos de 37 kilos.
Bronces de:
-Leire Casas Martina en Kumite infantil feminino máis de 42 kilos.
-Andre Barreiro Bernardez en Kumite infantil masculino menos de 40 kilos.
Estos resultados colocan ao Club Mizukami Escuela de Karate Shotokan, no cuarto posto do medalleiro autonómico.



