Debido ás malas condicións metereolóxicas pronosticadas para o domingo 6 de outubro, aprázase a 28ª edición do «Día da Bici» para o vindeiro día 20 de outubro.
Debido ás malas condicións metereolóxicas pronosticadas para o domingo 6 de outubro, aprázase a 28ª edición do «Día da Bici» para o vindeiro día 20 de outubro.
DATA : 6 de Outubro do 2024
HORARIO : Saída as 11:00 h. da Praza Maior, pero previamente ás 10:00 h. entregaranse as mochilas e camisetas aos inscritos.
PERCORRIDO semiurbano:
Ribadavia – Francelos – San Cristovo – Ribadavia
Evento non competitivo, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
A participación e libre, para todas as idades, os 200 primeiros que se inscriban a través da webpressclub.laregion.es entregaráselle unha mochila e unha camiseta + Deporte La Región conmemorativa do evento que poderán recoller na Praza Maior.
Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, e colaboran Raiders do Ribeiro e Ciclistas do Ribeiro.
SORTEO: ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os inscritos.
O luns, 16 de setembro, bota a andar a programación de actividades físico-deportivas para o curso 24/25.
A oferta de actividades proposta polo Consello Municipal de Deportes prestada a través da empresa de servizos MOUXIÓN, S.L. está aberta a que ao longo do curso poidan incorporarse outras á demanda dos usuarios.
O requisito para poder tomar parte nas mesmas, é ser abonado ao servizo municipal de deportes.
A programación dirixida á poboación adulta dará comezo o 16 de setembro, nas que se atopan as actividades dirixidas e o servizo de adestrador persoal.
A programación infantil dará comezo o 30 de setembro, na que se atopan as actividades da Escola de Baile, e os Recreos Activos Patios Dinámicos.



Infórmase aos usuarios e usuarias da piscina municipal «A Veronza», que o vindeiro día 5 de setembro finalizará a tempada de piscina 2024, e estará pechada ao público o día 6.
Por motivo da celebración da «Festa da Istoria» acórdase o peche ao público da instalación Piscina Municipal A Veronza, os días 31 de Agosto e 1 de Setembro.
Voltando a abrir o luns 2 de Setembro.