O vindeiro mércores 11 de Febreiro ás 20:30 horas (adultos) e o venres 13 de Febreiro ás 17:00 horas (nenos e nenas) celebraráse o Entroido bailando. Exhibición no Ceip Plurilingüe de Ribadavia.
Traede os vosos disfraces…!!!
O vindeiro mércores 11 de Febreiro ás 20:30 horas (adultos) e o venres 13 de Febreiro ás 17:00 horas (nenos e nenas) celebraráse o Entroido bailando. Exhibición no Ceip Plurilingüe de Ribadavia.
Traede os vosos disfraces…!!!
O sábado 24 de xaneiro celebrouse a Cuarta edición do CROS VILA DE RIBADAVIA no circuito A Veronza do Complexo deportivo municipal O Xestal no que se deron cita atletas de toda Galicia.
Incluíndo varias competicións do calendario da Federación Galega de Atletismo.
-Cuarta edición do Cros Vila de Ribadavia / XXXIX Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Máster.
-XXIX Memorial Alejandro Lorenzo / Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través nas categorías SUB-14, SUB-12, SUB-10,
Ligazón Resultados e Clasificación.
















…
Nas instalacións do Pavillón Municipal Maquiáns, celebrouse o pasado 20 e 22 de xaneiro o Comarcal de Bádminton nas categorías alevín e benxamín, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro e coa colaboración do Concello de Ribadavia e o Consello Municipal de Deportes.
Na actividade, que deu comezo ás 10:00 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas, competiron un total de 215 participantes (111 alevíns e 104 benxamíns).
O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.
Nesta ligazón atoparás a Clasificación

FINAL COMARCAL – CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL – XANEIRO 2026
ALEVÍN FEMININO
1ª Martina Ginel Ruiz – San Salvador de Arnoia.
2ª Aranza Laprea Cedeño – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
3ª Paula Méndez Feijoó – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
4ª Mia Valentina Benedetto Padrón – Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia.
ALEVÍN MASCULINO
1º Ézaro Rodríguez Vázquez – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
2º Miguel Fernández Canitrot – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
3º Mario Álvarez González – Ceip San Salvador de Arnoia.
4º Brandon Ezequiel García Salinas – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
BENXAMÍN FEMININO
1ª Nela Gómez Tapias – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
2ª Sara Álvarez Oliveira – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
3ª Sabela Fernández Otero – Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia.
4ª Eva Taibo Gulín – Ceip Plurilingüe Ribadavia.-
BENXAMÍN MASCULINO
1º Francisco De La Llave Álvarez – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
2º Tiago Osorio Sendín – Ceip Plurilingüe Otero Novas Cortegada.
3º Teo Rodríguez Gándara – Ceip Plurilingüe Ribadavia.
4º Diego González Vidal – Ceip Plurilingüe Ribadavia.








A Real Federación de España de Atletismo (RFEA) ven de dar a coñecer a designación de sedes para as competicións de 2027.
Ribadavia é unha das localidades seleccionadas, polo que acollerá o 23 e 24 de xaneiro de 2027 o Campionato de España de Campo a Través individual e por Federacións Autonómicas, así como o Campionato de España de Campo a Través sub-18, sub-16 e inclusivo por Seleccións Autonómicas.
O sábado 24 de Xaneiro, no CIRCUITO A VERONZA/Complexo Deportivo Municipal O Xestal, vanse celebrar os campionatos; Cuarta edición do Cros Vila de Ribadavia / XXXIX Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Máster, e XXIX Memorial Alejandro Lorenzo / Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través nas categorías SUB-14, SUB-12, SUB-10, nos que se agarda que pasen algo máis de 850 participantes.
O mércores 14 de xaneiro, tivo lugar no Concello de Ribadavia a presentación dos Campionatos que contou ca presenza do alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández Gíl, así como a do Vicepresidente da FGA, Eladio Gómez e o Técnico de deportes José Manuel Pérez Otero, quenes destacaron a importancia deste campionato que pasa por ser un dos máis numerosos en canto ao número de participantes, salientando ademáis, a presenza de boa parte da importante e prometedora canteira do atletismo galego.
De igual modo, a cita servirá para que se desenvolva o Campionato Xunta de Galicia Máster na que se agarda unha importante presenza de atletas medallistas nas distintas modalidades a nivel estatal e internacional acontecidas o pasado ano 2025.
Durante a presentación, tamén se puxo en valor a capacidade organizativa do concello ribadaviense acostumado a desenvolver tanto probas do Deporte Escolar como probas federadas, e que o levaban a organizar nos últimos cinco anos, os campionatos galegos absolutos no 2022 e 2024.
A edición dará comezo a partir das 10:30 horas cas primeiras carreiras máster, rematando ás 13:50 ca saída da carreira masculina Sub14.
Os eventos están organizados polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes co control técnico da Federación Galega de Atletismo.
Ligazón: Regulamento e Inscricións
Ligazón: Circuito


A AGRUPACIÓN ESCOLAR O RIBEIRO, dentro do programa XOGADE 25/26, organiza o 20 de xaneiro (Categoría Alevín) e o 22 de xaneiro (Categoría Benxamín) a fase comarcal na modalidade bádminton, que se vai a celebrar no Pavillón Municipal Maquiáns nas categorías benxamín e alevín, na que van a tomar parte os seguintes centros de ensino cun total de 111 participantes en categoría alevín e 104 en categoría benxamín.
CEIP SAN SALVADOR DE ARNOIA
CEIP PLURILINGÜE OTERO NOVAS CORTEGADA
CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA
CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA
A actividade dará comezo ás 10:30 horas rematando as 13:00 horas ca entrega de medallas. O comarcal é clasificatorio para o campionato provincial que se vai a celebrar en Ourense no mes de maio con data a determinar.
O domingo 14 de Decembro no tradicional circuito semiurbano, levouse a cabo a décima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia con preto de 600 atletas inscritos.
A primeira saída foi a da categoría absoluta as 11:00 horas, na que os atletas percorreron un total de 9 km., con saída ao carón do Castelo e chegada na Praza Maior empregando o 1º clasificado 29 minutos.
A continuación, disputáronse sobre un circuito no casco vello a competición das categorías base.
Ao remate, ás 12:30 h., fíxose entrega dos premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
Para consultar a clasificación pinchar nesta ligazón.



O Sábado 13 de Decembro nas instalacións do CIRCUITO A VERONZA do Complexo Deportivo Municipal «O Xestal», dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas, desenvolvéronse as finais provinciais nas distintas categorías clasificatorias para o Campionato Galego que se vai a celebrar en Ribadeo (Lugo) o 17 de Xaneiro do 2026 no Circuito A Devesa.


Os días 9, 10 e 15 de decembro levouse a cabo no Centro Deportivo Municipal «O Consello», a 2ª Xornada de Deporte Escolar «Encontros Multideportivos», incluída no programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.
Dentro desta xornada realizáronse 5 modalidades de deporte; minivóley, brilé, minibaloncesto, minibalonmán e gaélico, na que participaron os centros CEIP Castrelo de Miño Astariz, CEIP Pena Corneira Carballeda de Avia, CRA Amencer (Francelos, Sampaio e San Cristovo), CEIP Emilia Pardo Bazán Leiro, CEIP Otero Novas Cortegada e CEIP Carmen García Carrasco Cenlle.

As «Actividade Dirixidas» (adultos e infantís) e «Adestrador Persoal», así como as Clases do Programa «Adestra a túa Saúde», quedan SUSPENDIDAS dende o 22 de Decembro do 2025 ata o 7 de Xaneiro do 2026 (ambos inclusive).
O Centro Deportivo Municipal «O Consello» permanecerá PECHADO ao público os días 24, 25 e 31 de Decembro do 2025 e o 1, 5 e 6 de Xaneiro do 2026.