II TORNEO MINIBALONMÁN SPORTUR EN EXPOURENSE

O vindeiro venres 29 de maio, celebraremos dentro do evento de Sportur (Expourense) a II Xuntanza de Minibalonmán, incluído dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte. Os equipos son mixtos formados por 8 integrantes e xogan 5 (un porteiro e catro xogadores de campo, sempre equipos mixtos) nunha cancha que é a metade dun campo de balonmán.

Neste segundo torneo de minibalonmán formarán parte os seguintes centros comarcais: Ceip Carmen García Carrasco Cenlle, Ceip Castrelo de Miño, Ceip Emilia Pardo Bazán Leiro, Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia, Ceip Quins – Melón e Ceip Plurilingüe Ribadavia. Ademáis tamén formará parte deste torneo o Colexio Plurilingüe “María Auxiliadora” Salesianos Ourense. Así contarase cunha participación de entorno a 170 nen@s das categorías benxamíns e alevíns.

O torneo comezará ás 10:00 horas e rematará ás 13:00 horas aproximadamente.

Entre partidos os participantes poderán desfrutar do resto de deportes e actividades que se exhiben dentro do Salón de Sportur.

Sportur Galicia – IX Salón del Deporte e Turismo Activo é un evento destinado a público de todas as idades, tanto deportistas afeccionados como principiantes que se desenvolve no recinto feiral de Expourense. Dentro de Sportur lévanse a cabo a realización de diferentes circuítos, exhibicións ou prácticas que serán algunhas das moitas actividades que se poderán desfrutar nestas xornadas.

Para máis información premer a seguinte LIGAZÓN.

 

VISITA INSTITUCIONAL AO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL «O CONSELLO»

Esta mañá, o alcalde, César Fernández, e membros da corporación local achegáronse ao Centro Deportivo Municipal «O Consello» acompañados do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes en Ourense, Beatriz Fernández.
 
O Centro Deportivo vén de recuperar a súa actividade habitual o pasado 20 de abril, despois da modernización e transformación da planta baixa, tanto das salas de actividades dirixidas (Sala 1, Sala 2 e Sala ciclo-indoor) e Sala de musculación, que conforman a zona fitness, sí como dos vestiarios masculino e feminino con cadansúa sauna, e vestiarios adaptados (PMR) masculino e feminino. Ademáis, dunha Aula/Sala de xuntas e dúas Oficinas técnicas.
 
A visita institucional serviu para poñer en valor o resultado das actuacións executadas nunha infraestrutura deportiva fundamental para a actividade diaria de clubs, escolares e veciñanza.
 
A renovación do CDM «O Consello» era un dos compromisos adquiridos polo goberno municipal, enmarcado na súa aposta polo deporte e os servizos públicos.
 
 
 
 
 

PRESENTACIÓN DO III PROGRAMA DE FOMENTO DEPORTIVO

A Deputación de Ourense, presentou o III Programa de Fomento Deportivo co obxectivo de chegar aos 92 concellos da provincia con máis de trinta disciplinas.
 
O presidente provincial, Luis Menor, destacou o papel do deporte como ferramenta de cohesión social, saúde e dinamización do rural nun acto en Castrelo de Miño, no que participaron representantes de clubs, federacións e concellos.
 
O programa incrementa o seu orzamento ata os 100.000 euros e incorpora novas disciplinas como karate, tríatlon, rugby ou volei praia.
 
Desde a primeira edición, con 45 concellos e 2.400 participantes no ano 2024, pasouse a 73 concellos e máis de 4.200 participantes na edición de 2025.
 
 

CURSOS DE NATACIÓN 2026 / ABONOS TEMPADA PISCINA MUNICIPAL VERONZA

ABERTO O PRAZO PARA MATRÍCULA para o CURSO DE NATACIÓN DE NEN@S 2026 na Piscina Muncipal “A Veronza”.

Os interesados poderán matricular ao neno ou nena, facendo a matrícula dende a páxina web www.deportesribadavia.es, premendo no acceso «USUARIOS/ABONADOS».

Unha vez dentro, accederase á casilla «ACTIVIDADES», onde aparecerán as diferentes opcións de matrícula e pago do Curso de Natación de nen@s.

  • MATRÍCULA CURSO NATACIÓN ABONADOS SMD, para nen@s que son ABONADOS ao Servizo Municipal de Deportes.
  • MATRÍCULA CURSO ORDINARIA, para nen@s que NON son abonados ao Servizo Municipal de Deportes.
  • MATRÍCULA CURSO NATACIÓN DESEMPREGO, cando os DOUS membros da familia, están en situación de desemprego. Deberán presentar xustificación.

Introducir os datos do neno ou nena, e formalizarán o pagamento do mesmo, (prezos públicos aprobados na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021).

Os prazos de matrícula son (por orden de entrada):

  • Para o mes de XULLO, ata o 5 de Xuño.
  • Para o mes de AGOSTO, ata o 10 de Xullo.

O número de prazas, son máximo 80.

IDADE : 4 ANOS en adiante.

DURACIÓN DO CURSO : Dende o 1 de Xullo ao 28 de Agosto.

HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.

 

PROCEDEMENTO E PRAZOS :

SOLICITUDE DE PRAZA (MATRÍCULA): Para o mes de Xullo, ata o 5 de Xuño. Para o mes de Agosto ata o 10 de Xullo.

GRUPOS E HORARIOS: 11 de Xuño, faise pública a relación de admitid@s.

COMEZO DO CURSO: 1 de Xullo.

 

 

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2026
ABONOS TEMPADA

Está aberto o prazo para solicitar o Abono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2026.

Para solicitar o abono da Piscina Municipal «A Veronza» para esta tempada:

Pódese mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premendo «USUARIOS/ABONADOS», e despois en «ABONOS PISCINA MUNICIPAL».

Unha vez dentro, aparecerán as diferentes opcións de ABONOS TEMPADA;

  • ABONOS ADULTO (maiores de 18 anos)
  • ABONOS XUVENIL (de 3 a 17 anos)
  • ABONO XUBILADO

APROBADA UNHA MODIFICACIÓN URBANÍSTICA PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA NOVA PISCINA MUNICIPAL NO XESTAL

A Corporación Municipal de Ribadavia aprobou en sesión plenaria o cambio de uso do terreo do polígono deportivo Carballiño-Xestal para a construción da nova piscina municipal. Esta modificación do plan urbanístico é o primeiro paso necesario para dotar á vila dunha nova instalación acuática que substitúa á actual, ubicada na Veronza e construída a principios da década dos 80. Concretamente, fora inaugurada en 1982, coa singularidade de que se atopa en zona inundable, o que imposibilita a realización de traballos de ampliación ou mellora.

O goberno local avanza así en facer realidade o proxecto da nova piscina, moi demandada entre a poboación debido ao deterioro das instalacións actuais a causa do paso tempo, en parte polo feito de atoparse, como xa se comentou,  en zona inundable. “É moi necesario dotar á vila dunha piscina nova, moderna, cómoda, adaptada ás necesidades actuais e conforme ás normativas vixentes”, resalta o alcalde, César Fernández. Trala aprobación do cambio, o Concello enviará a modificación á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para facelo efectivo.

COMARCAL DE ORIENTACIÓN E XORNADA MULTIXOGO

A Xornada do Comarcal de Orientación e Multixogo levada a cabo o xoves 30 de abril nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal e Área Recreativa da Veronza, foi a última actividade do curso 25/26 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte. Xornada organizada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes.

Nela tomaron parte os seguintes centros de ensino de toda a comarca: CEIP Plurilingüe Ribadavia, CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Plurilingüe Otero Novas Cortegada, CEIP Castrelo de Miño, CEIP Quins-Melón e CEIP Emilio Pardo Bazán Leiro, CEIP Carmen García Carrasco Cenlle, cunha participación de 302 nen@s, nas categorías de benxamíns e alevíns de 6 a 8 anos.

A xornada deu comezo ás 10:30 horasrematou ás 13:00 horas.

GRAN APERTURA – LUNS 20 ABRIL

Apertura da Zona Fitness o luns, 20 de abril.

Horarios:
De luns a venres de 8:00h a 22:30h.
Sábado de 9:00 h 20:00h.
Domingos e festivos segundo horario de competicións.

Instalacións:
▪️400 m2 adicados a actividade física saudable.
▪️Sala musculación 500 m2.
▪️Sala-1 actividades dirixidas 104 m2.
▪️Sala-2 actividades dirixidas 190 m2.
▪️Sala ciclo-indoor 100 m2.
▪️Vestiarios abonados (2) con sauna (2).
▪️Vestiarios adaptados /PMR (2).
▪️Recepción.
▪️Aúla-sala de xuntas
▪️Oficinas técnicas (2) sede da Unidade de actividade e exercicio físico (UAEF). Programa adestra a túa saúde (Conselleria de Sanidade).