REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO

DO CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES

 

CAPÍTULO I
OBXETO

Art. 1.- O Consello Municipal de Deportes , tal como se recolle no capitulo I dos seus estatutos constitúese como Organismo Autónomo, sen personalidade xurídica con plena capacidade de obrar dentro dos seus fins e patrimonio especial. Canalizador da participación cidada nos asuntos que teñan como finalidade o fomento da actividade físico-deportiva entre os cidadáns de Ribadavia.
O Consello Municipal de Deportes estará vinculado a Concellería de Deportes, do que depende a xestión de todo os equipamentos de titularidade municipal, e outros que puntualmente sexan xestionados polo concello así como calquera espazo publico que poida ser aproveitado para a práctica da actividade física para organización de eventos, e outras actividades análogas.

CAPÍTULO II
COMPOSICIÓN E REPRESENTACIÓN

Art. 2.- Según se recolle no capitulo II dos estatutos, asemade do Alcalde o Concelleiro de deportes do Concello de Ribadavia e o Director do Servizo Municipal de Deportes como membros natos o Consello Reitor deberá constituirse do seguinte xeito:
En primeira instancia o Consello Reitor deberá constituirse en convocatoria extraordinaria para tal fin.
O procedemento para elección dos representantes que compoñen o Consello Reitor como órgano de goberno deberán cumprir os seguintes requisitos e procedementos para formar parte do mesmo.

Un representante de cada un dos grupos municipais que integran a corporación

REQUISITOS:
Deberán ostentar a condición de concelleiro.

PROCEDEMENTO PARA OBTER A REPRESENTACIÓN:
1. Cada grupo, con representación no pleno, nomeará a un concelleiro/a que será ratificado no pleno.
2. O nomeamento deberá facerse no mes seguinte a constitución da corporación municipal.
3. Poderase mudar ao longo da lexislatura o concelleiro/a representado, para o que deberá comunicarse a baixa e a nova alta debendo ser ratificada no pleno e tomar posesión no Consello Reitor.

Representantes dos clubes e entidades deportivas con domicilio social en Ribadavia

REQUISITOS:
1. Entidades deportivas dadas de alta no rexistro de clubes e entidades deportivas da Xunta de Galicia.
2. Deberán ter como mínimo dous anos de antigüidade dende a súa constitución.
3. Deberán ter asinado convenio de colaboración para o uso regular das instalacións durante a tempada co Consello Municipal de Deportes no intre de solicitalo e no ano anterior.
4. Deberán acreditar a participación en competicións organizadas pola súa respectiva federación.
5. A entidade perderá o dereito a estar representado no Consello Reitor no intre en que deixará de cumplir algún distes requisitos.

PROCEDEMENTO PARA ACADAR A REPRESENTACIÓN:
Nos dous meses seguintes a constitución da corporación abrirase o seguinte proceso para elección dos membros en representación dos clubes e entidades:
1. Recibirán notificación tódalas entidades que cumpran o requisito dando un prazo de dez días para solicitalo.
2. Poderá presentar a súa solicitude en prazo para o que deberá dirixir un escrito ao Presidente do Consello Municipal de Deportes, por rexistro, solicitando ser membro do Consello Rector e propondo o candidato/a.
3. Nomeamento definitivo que deberá ser ratificado polo Consello Rector.

Catro representantes dos aboados ao Servizo Municipal de Deportes

REQUISITOS:
1. Ser Aboado Anual ao Servizo Municipal de Deportes.
2. Ser maior de idade.
3. Deberá haber sido aboado anual como mínimo os dous últimos anos consecutivos sen contar o ano en que se produce a elección.
4. No intre en que deixe de ter a condición de aboado perderá automáticamente a representación no Consello Reitor.

PROCEDEMENTO PARA ACADAR A REPRESENTACIÓN:
Nos dous meses seguintes a constitución da corporación abrirase o seguinte proceso para elección de membros en representación dos aboados ao Servizo Municipal de Deportes:
1. Ao día seguinte de constituirse a corporación municipal, ábrese un prazo de trinta días naturais, para que os aboados que cumpran os requisitos soliciten formar parte do Consello Reitor.
2. Podera presentar a súa solicitude en prazo para o que deberá dirixir un escrito ao Presidente do Consello Municipal de Deportes, por rexistro, solicitando ser membro do Consello Reitor e propóndose o candidato/a.
3. Acadarán a representación os dous primeros aboados e as dúas primeiras aboadas que o soliciten.
4. Nomeamento definitivo que deberá ser ratificado polo Consello Reitor.

Un representante de outras entidades que o soliciten

Obterá a representación a entidade, que por orden de solicitude, presente a mesma no rexistro do Concello cumpra os seguintes requisitos:
1. Deberá estar dada de alta no rexistro de asociacións do Concello de Ribadavia.
2. Deberá recoller nos seus estatutos como obxeto social da mesma a promoción da actividade físico-deportiva ou similar.
3. Poderá presentar a súa solicitude en calquera momento para o que deberá dirixir un escrito ao Presidente do Consello Municipal de Deportes, solicitando ser membro do Consello Reitor propondo o candidato/a.
4. De cumprir os requisito esixidos o nomeamento deberá ser ratificado polo Consello Reitor.
5. De existir mais dunha entidade interesada, acadará a representación a primeira en solicitalo que cumpra os requisitos esixidos.

Art. 3.- Perda da representación no Consello Rector do Consello Municipal de Deportes
Os representantes no Consello Reitor perderán a sua condición de membros por calquera das seguintes causas:
1. Por disolución do consello municipal de deportes.
2. Por decisión da entidade que representa.
3. Por propia vontade.
4. Por desaparición da entidade representada.
5. Pola non asistencia continuada as sesións do Consello durante un exercicio.
De producirse a perda de condición de representante, no caso dos aboados ao servizo municipal de deportes, pasaría a ter dereito a representación a seguinte solicitude presentada por orde cronolóxico.

CAPÍTULO III
FUNCIONAMENTO

Art. 4.- Constitución
O Consello Reitor deberá quedar constituido nos dous meses seguintes a constitución da corporación municipal por un periodo de catro anos, independentemente de que no transcurso diste periodo poderá variar a composición do mesmo naqueles colectivos que quedan suxetos a modificación anuais.

Art. 5.- Xuntanzas
O Consello Reitor reunirase en sesión ordinaria unha vez ao mes, preferentemente na primeira quincena de cada mes a excepción do mes de Agosto.
Asemade, poderán convocarse xuntanzas extraordinarias:
1. A iniciativa do Presidente.
2. Cando o solicite alomenos unha terceira parte dos membros mediante escrito dirixido ao presidente, onde figuraran os asuntos propostos tendo o presidente unha semana de prazo para a convocatoria.
3. En caso de modificación do Regulamento.
4. En caso de disolución do Consello Municipal de Deportes.
Para poder realizar a convocatoria, todos os membros deberán ser citados cunha antelación mínima de dous días hábiles.

Art. 6.- Convocatorias
1. Para a válida constitución do órgano, a efectos de celebración das sesións, requerirase a presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario, así como a metade mais un dos membros en primeira convocatoria.
2. Os acordos serán adoitados por maioría simple, decidindo no caso de empate o voto de calidade do presidente
3. As sesións serán públicas, podendo asistir público con voz pero sin voto.

Art. 7.- Actas
1. De cada sesión, levantará acta o secretario, que especificará necesariamente os asistentes, orde do día, circuntancias lugar e tempo, e os puntos principais das deliberacións así como o contido dos acordos adoitados.
2. Na acta figurará a solicitude dos respectivos membros do órgano, o voto contrario ao acordo, as abstencións, e motivos que o xustifiquen ou os votos a prol.
3. As actas aprobaranse na seguinte sesión.
4. A acta será exposta no taboleiro de anuncios das instalacións deportivas municipais e no propio Concello.
5. Unha copia da acta daráselle traslado, por rexistro, ao Concello de Ribadavia, dirixida ao Alcalde.

 

Ribadavia, 12 de Febreiro de 2019