O REGULAMENTO CMD

CAPITULO I

OBXETO

Artigo .1.- O Consello Municipal de Deportes , tal como se recolle no capitulo I dos seus estatutos constituese como Organismo Autónomo , sen personalidade xuridica con plena capacidade de obrar dentro dos seus fins e patrimonio especial. Canalizador da participación cidada nos asuntos que teñan como finalidade o fomento da actividade fisico-deportiva entre os cidadans de Ribadavia.

O Consello Municipal de Deportes estara vinculado a Concello de Ribadavia ,do que depende a xestión de todo-los equipamentos de titularidade municipal , e outros que puntualmente sexan xestionados polo concello asi como calquer espazo publico que poida ser aproveitado para a práctica da actividade física para organización de eventos , e outras actividades análogas.

CAPITULO II

COMPOSIÓN E REPRESENTACIÓN

Art. 2.- .- Según se recolle no capitulo II dos estatutos , asemade do Alcalde o Concelleiro de deportes do Concello de Ribadavia eo Director do Servizo Municipal de Deportes como membros natos tanto do Consello Rector polo que debera constituirse do seguinte xeito:

En primeira instancia o Consello Rector debera constituirse en convocatoria extraordinaria para tal fin.

O procedemento para elección dos representantes que compoñen o Consello Rector como órgano de goberno deberán cumprir os seguintes requisitos e procedementos para formar parte do mesmo.

  • Un representante de cada un dos grupos municipais que integran a corporación

REQUISITOS
Deberan ostentar a condición de concelleiro

PROCEDEMENTO PARA OBTER A REPRESENTACIÓN:

  1. Cada grupo , con representación no pleno , nomeara a un concelleiro/a que será ratificado no pleno
  2. O nomeamento debera facerse no mes seguinte a constitución da corporación municipal
  3. Poderase mudar ao longo da lexislatura o concelleiro/a representado , para o que debera comunicarse a baixa e a nova alta debendo ser ratificada no pleno e tomar posesión no Consello Rector
  • Representantes dos clubes e entidades deportivas con domicilio social en Ribadavia

REQUISITOS

  1. Entidades deportivas dadas de alta no rexistro de clubes e entidades deportivas da Xunta de Galicia
  2. Deberan ter como minimo dous anos de antigüedade dende a sua constitución
  3. Deberan ter asinado convenio de colaboración para o uso regular das instalacións durante a tempada co Consello Municipal de Deportes no intre de solicitalo e no ano anterior
  4. sDeberan acreditar a participación en competicións organizadas pola sua respectiva federación
  5. A entidade perderá o dereito a estar representado no Consello Rector no intre en que deixara de cumplir algún distes requisitos

PROCEDEMENTO PARA ACADAR A REPRESENTACIÓN

Nos dous meses seguintes a constitución da corporación abrirase o seguinte proceso para elección dos membros en representación dos clubes e entidades:

  1. Recibiran notificación todalas entidades que cumpran o requisito dando, un prazo de dez días para solicitalo
  2. Podera presentar a sua solicitude en prazo para o que debera dirixir un escrito ao Presidente do Consello Municipal de Deportes,por rexistro , solicitando ser membro do Consello Rector e propondo o candidato/a
  3. Nomeamento definitivo que debera ser ratificado polo Consello Rector.
  • Catro representantes dos aboados ao Servizo Municipal de Deportes

REQUISITOS

  1. Ser Aboado Anual ao Servizo Municipal de Deportes
  2. Ser maiore de idade
  3. Debera haber sido aboado anual como minimo os dous últimos anos consecutivos sen contar o ano en que se produce a elección
  4. No intre en que deixe de ter a condición de aboado perderá automáticamente a representación no Consello Rector.

PROCEDEMENTO PARA ACADAR A REPRESENTACIÓN

Nos dous meses seguintes a constitución da corporación abrirase o seguinte proceso para elección de membros en representación dos aboados ao Servizo Municipal de Deportes:

  1. Ao dia seguinte de constituirse a corporación municipal , abrese un prazo de dez días naturais , para que os aboados que cumpran os requisitos soliciten formar parte do Consello Rector
  2. Podera presentar a sua solicitude en prazo para o que debera dirixir un escrito ao Presidente do Consello Municipal de Deportes,por rexistro , solicitando ser membro do Consello Rector e propondose como candidato/a
  3. Acadaran a representación os dous primeros aboados e as duas primeiras aboadas que o soliciten.
  4. Nomeamento definitivo que debera ser ratificado polo Consello Rector.
  • Un representante de outras entidades que o soliciten

Acadara a representación a entidade , que por orden de solicitude , presente a mesma no rexistro do concello cumpra os seguintes requisitos:

  1. Debera estar dada de alta no rexistro de asociacións do Concello de Ribadavia
  2. Debera recoller nos seus estatutos como obxeto social da mesma a promoción da actividade físico-deportiva ou similar
  3. Podera presentar a sua solicitude en calquer momento para o que debera dirixir un escrito ao Presidente do Consello Municipal de Deportes , solicitando ser membro do Consello Rector do e propondo o candidato/a
  4. De cumprir os requisito esixidos o nomeamento debera ser ratificado polo Consello Rector.
  5. De existir mais de unha entidade interesada , acadara a representación a primeira en solicitalo que cumpra os requisitos esixidos

Art. 3 Perda da representación no Consello Rector do Consello Municipal de Deportes

Os representantes no Consello Rector perderán a sua condición de membros do mesmo por calquera das seguintes causas:

  1. Por disolución do consello
  2. Por decisión da entidade que representa
  3. Por propia vontade
  4. Por desaparición da entidade representada
  5. Pola nón asistencia continua as sesión do consello durante un exercicio

De producirse a perda de condición de representante , no caso dos aboados ao servizo municipal de deportes , pasaría a ter dereito a representación a seguinte solicitude presentada por orde cronoloxico.

CAPITULO III

FUNCIONAMENTO

Art. 4.- Constitución

O Consello Rector debera quedar constituido nos dous meses seguintes a constitución da corporación municipal por un periodo de catro anos , independentemente de que no transcurso diste periodo podera variar a composición do mesmo naqueles colectivos que quedan suxetos a modificación anuais

Art. 5.- Xuntanzas

O Consello Rector reunirase en sesión ordinaria unha vez ao mes , preferentemente na primeira quincena de cada mes a excepción do mes de Agosto.

Asemade , poderan convocarse xuntanzas extraordinarias :

  1. A iniciativa do Presidente
  2. Cando o solicite alomenos unha terceira parte dos membros mediante escrito dirixido ao presidente , onde figuraran os asuntos propostos tendo o presidente unha seman de prazo para a convocatoria
  3. En caso de modificación do Regulamento
  4. En caso de disolución do Consello Municipal de deportes

Para poder realizar a convocatoria , todolos membros deberan ser citados cunha antelación minima de dous dias habiles.

Art.6 .- Convocatorias

  1. Para a valida constitución do organo , a efectos de celebración das sesións, requerirase a presenza do presidente ou vicepresidente eo secretario , asi como a metade mais un dos membros en primeira convocatoria e en segunda convocatoria quince minutos mais tarde.
  2. Os acordos seran adoptados por maioría simple , decidindo no caso de empate o voto de calidade do presidente
  3. As sesións seran publicas , podendo asistir publico con voz pero sin voto

Art.7.- Actas

  1. De cada sesión , levantará acta o secretario, que especificara necesariamente os asistentes, orden do dia, circuntancias lugar e tempo , e os puntos principias das deliberacións asi como os acordos adoptados.
  2. Na acta figurará a solicitude dos respectivos membros do organo , o voto contrario ao acordo , as abstencións, e motivos que o xustifiquen ou os votos a prol.
  3. As actas aprobaranse na seguinte sesión
  4. A acta será exposta no taboleiro de anuncios das instalacións deportivas municipais e no propio Concello .
  5. Unha copia da acta daraselle traslado, por rexistro , ao Concello de Ribadavia , dirixida ao Alcalde.