PLAN DIRECTOR DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS 2020

INTRODUCIÓN

Son funcións do Consello Municipal de Deportes, recollidas nos estatutos, a xestión e toma de decisións dentro do ámbito das competencias que teñen atribuidas as entidades locais ao amparo da Lei Xeral do Deporte de Galicia, lei 3/2012, 2 de Abril de 2012.

Entre outras, son funcións do Consello Municipal de Deportes:

  • Fomento da práctica físico-deportiva, como xeito de crear hábitos saúdables entre os cidadáns.
  • Fomento e impulso a clubes e entidades deportivas, como estructuras asociativas básicas que propicien a integración social dos seus membros e fomente a práctica físico-deportiva entre os cidadáns.
  • A conservación, reparación, mellora e xestión das instalacións e equipamentos deportivos de titularidade municipal.
  • Organizar e, no seu caso, autorizar manifestacións deportivas dentro do termo municipal.
  • Promover e colaborar no desenvolvemento de eventos deportivos que se desenvolvan dentro do municipio.
  • Actuar como canalizador das propostas dos veciños e entidades deportivas en relación ca organización, potenciación e desenvolvemento da actividade físico-deportiva no municipio.

Asemade o Regulamento sobre uso das instalacións deportivas municipais no seu CAPÍTULO I/NORMAS XERAIS/Art.10, establece.- O Concello de Ribadavia, poderá concertar tanto para o uso continuado das instalacións deportivas municipais como para o desenvolvemento de programas de carácter físico-deportivo, convenios con clubes, asociacións, federacións, entidades deportivas e organismos que teñan por obxeto a promoción do deporte aos efectos de que poidan beneficiarse de unha maior operatividade no seu funcionamento.

Administrativamente, as subvencións, son unha técnica de fomento de determinadas iniciativas sociais consideradas de interese xeral , favorecendo a participación cidadá e a colaboura entre a administración pública e a cidadanía na xestión de servizos.

A Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións introduce, como elemento de xestión e para a mellora da eficacia e eficiencia nas actuacións das administracións públicas, a necesidade de elaborar un Plan Estratéxico de subvencións.

O artigo 8.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, ten carácter básico, polo que todos os Concellos e Organísmos Públicos que pretendan outorgar subvencións deben aprobar o seu correspondente Plan Estratéxico de Subvencións no que se establecerán os obxectivos das mesmas, prazos para acadalos e custes previsibles, sempre adaptándose ao cumprimento dos principios da estabilidade orzamentaria.

A aprobación do Plan Extratéxico de subvencións e unha ferramenta de xestión e a súa aprobación non xenera obrigas nin dereitos para o Concello de Ribadavia.

O Plan Extratexico estará condicionado a aprobación dun Plan Director anual de subvencións a entidades deportivas, e por suposto a dispoñibilidade orzamentaria de cada exercicio.

Dentro diste orzamento, xestiona a concesión de subvencións, axudas e a sinatura de convenios con entidades para a consecución dos mencionados obxectivos, e polo exposto anteriormente ten a obriga de aprobar un Plan Director anual de subvencións a entidades deportivas que regule o procedemento e os criterios de distribuciòn das mesmas. Plan director que se regula no articulado exposto a continuación.

ARTIGO 1. Obxectivos

    Obxetivos Xerais:

  • Fomento do tecido asociativo e a participación cidadá.
  • Impulsar a práctica físico-deportiva xerando oportunidade de ocio e tempo libre saudables.
    Obxetivos específicos:

  • Fomento do deporte federado vencellado ao deporte de base e formación.
  • Promoción de eventos físico-deportivos cunha finalidade transversal: actividade física, saúde, espectáculo e promoción turística.
  • Opción ao mantemento e conservación dos equipamentos deportivos.

ARTIGO 2. Diagnose

Dende a entrada en vigor da Lei Xeral de Subvencións, e nos últimos anos de xeito ininterrumpido o Plan de subvencións a entidades deportivas do Concello de Ribadavia a proposta do Consello Municipal de Deportes foi convocada polo procedemento de concurrencia competitiva dirixido a tres programas:

  • Convocatoria de subvención a clubs e entidades deportivas .- Dotación: setemil euros (7000 €).
  • Convocatoria de subvención a eventos físico-deportivos .- Dotación : catromil euros (4000 €).
  • Convocatoria de subvención ao mantemento de campos de fútbol .- Dotación : tresmiltrescentos euros (3300 €).

ARTIGO 3. Ámbito temporal.

O Plan director de subvencións a entidades deportivas proponse para o exercicio 2020.

ARTIGO 4. Competencia.

O órgano competente para aprobación do Plan Director corresponde ao Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, según se recolle nos seus estatutos.

ARTIGO 5. Principios xerais.

Son principios xerais deste Plan os seguintes:

  • Concesión directa que, de conformidade co establecido na norma aplicable, deberá contar coa debida consignación orzamentaria previa.
  • Concesión conforme a criterios obxectivos previamente establecidos a fin de garantir o coñecemento previo dos mesmos polos potenciais beneficiarios.
  • Eficacia no cumprimento dos obxectivos marcados e eficiencia na asignación de recursos públicos, debéndose xustificar cuantitativa e cualitativamente.
  • Control e análise da adecuación dos fins das entidades solicitantes aos principios de igualdade e nón discriminación no exercicio das actividades subvencionadas.

ARTIGO 6. Procedemento, regulación e financiación

O procedemento de concesión de subvencións sera de xeito directo con caracter nominativo recolléndose o obxeto da subvención no correspondente convenio de colaboración que se asinará con todas as entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias das subvencións para poder acceder as mesmas deberan asinar un convenio de colaboura co Concello de Ribadavia onde se recolleran, como mínimo, os seguintes :

  • 1.FINS AOS QUE VAN DESTINADAS AS AXUDAS.
  • 2.PROGRAMAS A SUBVENCIONAR.
  • 3.PRAZOS E DOCUMENTACIÓN A APORTAR.
  • 4.OBRIGAS.
  • 5.CRITERIOS DE CONCESIÓN DAS AXUDAS.
  • 6.PROCEDEMENTO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS.
  • 7.LIQUIDACIÓN E PAGAMENTO.

A dotación prevista atopase supedita a aprobación dos cretos asignados a partida 4/341 nos orzamentos xerais do Concello de Ribadavia vixentes en cada anualidade, sendo a proposta acordada no Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes celebrado o 19 de Novembro de 2019 que ascende a vintesetemil novecentos euros (27.900 €).

ARTIGO 7. Programas

As axudas reguladas nas subvencións a entidades deportivas terán como finalidade a colaboura para a financiación dos seguintes programas:

  • 1. CLUBS/ENTIDADES DEPORTIVAS .- Subvención ao deporte de federado de rendemento orientado ao sostenemento da entidade para a participación en competicións oficiais da súa respectiva federación. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións públicas para o mesmo fin.
  • 2. ESCOLAS DEPORTIVAS .- Subvención a docencia e formación deportiva en todas as etapas do aprendizaxe deportivo. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións publicas para o mesmo fin.
  • 3. EVENTOS FISICO-DEPORTIVOS.- Subvención a organización de eventos físico-deportivos por parte de entidades con sede social en Ribadavia. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións públicas para o mesmo fin.
  • 4. MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS/EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS.- Subvención a entidades que colaboren no mantemento de equipamentos de titularidade municipal e outras xestionados polo Concello de Ribadavia

ARTIGO 8. Requisitos, regulación e dotación orzamentaria anual asinadas aos programas

1.PROGRAMA DE SUBVENCIÓN A CLUBS/ENTIDADES DEPORTIVAS

REQUISITOS

  • Estar inscritos no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia.
  • Participar en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións.
  • Posuir, polo menos, un equipo de base inferior a categoría(absoluta) junior/senior, no caso de disciplinas individuais posuir como minimo vinte licenzas federativas nas mencionadas categorias.
  • Desenvolver a sua actividade obxeto das axudas dentro do Concello de Ribadavia.

REGULACIÓN

A) PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE AMBITO NACIONAL

Entidades que participen, con equipos/s de categorías absoluta ou de máxima categorias no caso de non dispor de categorías absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren total ou parcialmente fora da comunidade autónoma de Galicia organizadas polas respectivas federacións estatais. Non se atopará niste rango, a participación de caracter puntual por clasificación, invitación, etc.

B) PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE ÁMBITO AUTONÓMICO

Entidades que participen, con equipos/s de categorias absoluta ou de máxima categorías no caso de non dispor de categorías absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren totalmente fora da provincia de Ourense organizadas polas respectivas federacións autonómicas. Non se consideran niste rango a participación en ligas/competicións que inclúan localidades da provincia de Ourense e outras situadas nas provincias de Pontevedra e Lugo ubicadas xeograficamente a menos de 40 Km. do limite da provincia de Ourense.

C) PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE ÁMBITO PROVINCIAL

Entidades que participen, con equipos/s de categorias absoluta ou de máxima categorías no caso de non dispor de categorías absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren totalmente dentro da provincia de Ourense organizadas polas respectivas federacións autonómicas ou provinciais. Incluindo niste rango, a participación en ligas/competicións que inclúan localidades situadas nas provincias de Pontevedra e Lugo ubicadas xeograficamente a menos de 40 Km. do límite da provincia de Ourense.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A) ÁMBITO NACIONAL –> 2000 €

B) ÁMBITO AUTONÓIMICO –> 1000 €

C) ÁMBITO PROVINCIAL –> 500 €

2. PROGRAMA ESCOLAS DEPORTIVAS

REQUISITOS

  • Entidades que conten con licenzas federativas de deportistas nas categorías consideradas de base quedando excluida a categorías absolutas: junior/senior e seguintes.
  • Deberán estar participando en competicións de ámbito provincial, autonómico ou nacional en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións.
  • Deberán desenvolver a sua actividade de adestramentos dentro do termo municipal de Ribadavia
  • O traballo de docencia e formación dos deportistas, estará obrigatoriamente dirixido por técnicos con titulación especifica na modalidade e licenza en vigor na tempada, que deberán acreditar.

REGULACIÓN

  • Estarán subvencionados os alumn@ que cumpra cos requesitos expostos.
  • Estableceranse axudas por licenza en función da categoria da competición na que participe.
  • Estarán subvencionados os técnicos que cumpran cos requisitos expostos.
  • Estableceranse axudas en función da cualificación dos técnicos.
  • Quedando establecida a titulación dos técnicos do seguinte xeito: a)Técnico Superior ou Adestrador Nacional; b) Técnico de Base ou Equivalente (Adestrador Territorial/Monitor, etc.)

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantia máxima a percibir por iste programa e entidade sera de dousmil euros (2000 €).

Para o calculo aplicarase o seguinte criterio en función dos parametros: licenzas e técnicos.

O parametro licenza estara subvenionado en función da participación en competicións de ambito provincial, autonómico ou nacional.

O parametro técnicos estará subvencionado en función da cualifación.

LICENZAS

  • NACIONAL 30 €/licenza.
  • AUTONÓMICO 20 €/licenza.
  • PROVINCIAL 10 €/licenza.

TÉCNICOS

  • T. SUPERIOR 1000 €/Técnico.
  • T. BASE 300 €/Técnico.

3. PROGRAMA EVENTOS FÍSICO-DEPORTIVOS

REQUISITOS

  • Entidades con domicilio social no Concello de Ribadavia.
  • O evento deberase celebrar dentro do termo municipal do Concello de Ribadavia, no caso de probas atléticas, BTT etc. o circuito poderá discorrer por outros concellos sempre e cando teña saída e chegada no Concello de Ribadavia.
  • As entidades poderán promover mais de un evento.
  • Os eventos poderan ter caracter federado ou popular.
  • Todo os eventos deberán cumprir cos requisitos recollidos na Lei Xeral do Deporte de Galicia.

REGULACIÓN

  • Establécese axudas en función da categoría do evento podedo ser: Nacional/Internacional ou Provincial/Autonómico.
  • Entendese Nacional/Internacional, cando participen no evento clubs, equipos ou deportistas procedentes de entidades de fora da comunidade autónoma de Galicia (Nacional) ou do estado español (Internacional).
  • Enténdese Provincial/Autonomico, cando participen no evento clubs, equipos ou deportistas procedentes de entidades da Comunidade Autonoma de Galicia (Autonomico/Provincial)
  • Establécese axudas en función da participación no evento de categorías base, tendo en conta a participación feminina que debera ser como minimo un 20% da participación total.
  • Establécese axudas ao impacto social dos eventos que se considere repercutan na promoción turística de Ribadavia (actividades paralelas, atración de publico foráneo, hosteleria, restauración, etc.)

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantía máxima a percibir por iste programa e entidade sera de dousmil euros (2000 €).

CATEGORÍA DO EVENTO

  • NACIONAL/INTERNA 500 €.
  • PROVINCIAL/AUTONÓMICA 300 €.

CATEGORÍAS BASE

  • FEMININO/MIXTO 500 €.
  • SOLO MASCULINO 300 €.

IMPACTO SOCIAL

  • ATA UN MÁXIMO DE 1000 €.

4. PROGRAMA MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS/EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

REQUISITOS

  • Entidades con domicilio social en Ribadavia.
  • Facer uso de algunha das instalacións/equipamentos deportivos de titularidade municipal e outros xestionados por cesión do titulares ao Concello de Ribadavia.
  • Poderán ser quipamentos elementais (único espazo deportivo) de uso, preferentemente, por parte da entidade subvencionada.
  • Acatar e facer cumprir cantas normativas e ordenanzas sexan de aplicación.

REGULACIÓN

Según o recollido en convenio.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantía máxima a percibir por iste programa e entidade será de milcincocentos euros (1500 €).

ARTIGO 9.- Pagamento

Para proceder ao pagamento da subvención concedida, nos convenios quedarán establecidos os prazos e xustificación especifica de cada programa, con caracter xeral deberán presentar para a xustificación:

  • Relación de gastos da actividade, por importe igual ou superior a cantidade a xuntificar, con identificación do acredor importe e data de emisión.
  • Facturas xustificativas en orixinal ou duplicado ou copia cotexada do documento. No caso de gastos de arbitraxe, achegarase certificación do colexio de árbitros. No caso de gastos de desprazamentos deberase presentar documento asinado polo perceptor co VºBº do presidente, onde se reflictan nome, apelidos e NIF do perceptor eo CIF da entidade ao prezo máximo de 0,19 €/Km.
  • Acreditación das medidas de difusión onde aparezan os logos do Concello de Ribadavia e do Consello Municipal de Deportes, tales como carteles, dípticos, páxina web e outros.