ESTATUTOS CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES DO CONCELLO DE RIBADAVIA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A práctica físico-deportiva como dereito a saúde e ben cultural , no seu sentido amplo , recoñecido constitucionalmente no artigo 43 da nosa Carta Magna , nón e so un instrumento de protección da sáude pública , de benestar social ou calidade de vida , senón un elemento de convivencia, que no seculo XXI e unha expresión de nón discriminación por razóns de idade , sexo ou condición.

O sistema deportivo no Concello de Ribadavia conta con equipamentos , instalacións asociacións e entidades deportivas , que aglutinan o deporte local que e preciso articular , coordinar e fomentar nas suas diferentes vertientes.

O Concello posúe competencia en materia deportiva, conforme ao disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril , reguladora das Bases do Rexime Local e na Lei 3/2012 do 2 de Abril do 2012 , Xeral do Deporte de Galicia .

E polo que o Concello de Ribadavia considerou convinte a creación dun Organismo Autónomo Local para mellorala xestión diste servizo e conquerir abrila participación aos cidadans.

Con estas finalidades revisanse os Estatutos do Consello Municipal de Deportes , aprobados o 11 de Maio do 2015 BOP nº105, con un carácter complementario para dotalo de maior autonomía administrativa e económica e convertilo no órgano supremo de xestión desta area.

Ao introducir estas e outras modificacións nos Estatutos aprobados no 2015 , producese un novo texto nos estatutos do Consello Municipal de Deportes de Ribadavia, en consecuencia o Concello aproba os seguintes estatutos:

CAPITULO I

NATUREZA E FUNCIÓNS

Art. 1 .- Definición.

O Consello Municipal de Deportes ao amparo do do art. 85.2.b e 85. Bis da Lei 7/1985 de 2 de Abril reguladora das Bases de Réxime Local, e os artigos 85 a 88 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais constituese como Organismo Autónomo , sen personalidade xuridica con plena capacidade de obrar dentro dos seus fins e patrimonio especial.

O Consello Municipal de Deportes rexerase polo disposto nos presentes estutos e no nón previsto, pola Lei 7/1985 de 2 de Abril reguladora das Bases de Réxime Local e disposicións complementaria, e actuará baixo a tutela do Concello de Ribadavia, ao que lle corresponde velar polos fins propostos

Art. 2 .- Principios básicos.

O Consello Municipal de Deportes rexerase polos seguintes principios basicos:

a) Dereito dos cidadans de Ribadavia a práctica fisico-deportiva libre e voluntaria , en igualdade de condicións e sen discriminación algunha.

b) O deporte como manifestación cultural e actividade de interés xeral que cumpre unha función social

c) A práctica fisico-deportiva como factor que mellora a saúde aumenta a calidade de vida e benestar social contribuindo a formación e desenvolvemento integral da persoa.

d) A consideración do deporte ea actividade fisica como elemento de integración social e ocupación do tempo libre

e) A colaboración entre as Entidades Deportivas e o Concello de Ribadavia para garantir a mais ampla oferta fisico-deportiva.

Art. 3 .- Funcións do Consello Municipal de Deportes

As funcións do Consello Municipal de Deportes serán a xestión e toma de decisións dentro do ambito das competencias que teñen atribuidas as entidades locais ao amparo da Lei Xeral do Deporte de Galicia , lei 3/2012, 2 de Abril de 2012

Serán funcións do Consello Municipal de Deportes as seguintes:

  • Velar polo cumprimento , en materia físico-deportiva, das competencias atribuidas as entidades locais pola Lei Xeral do Deporte de Galicia
  • Fomento da práctica fisico-deportiva , como xeito de crear hábitos saúdables entre os cidadans
  • Fomento e impulso a clubes e entidades , como estructuras asociativas básicas que propicien a integración social dos seus membros e fomenten a práctica fisico-deportiva entre os cidadans.
  • Velar polo establecemento de medidas que faciliten o acceso a práctica fisico-deportiva de colectivos desfavorecidos : 3ª idade , minusvalidos , etc.
  • Favorecer a práctica de actividades fisico-deportivas no medio natural , facendo compatible ca protección do medio ambiente.
  • A conservación,reparación, mellora e xestión das instalacións e equipamentos deportivos de titularidade municipal
  • A planificación e creación de novos equipamentos deportivos
  • A xestión do posible uso doutras instalacións públicas ou privadas para o cumprimento dos fins do Consello Municipal de deportes
  • Organizar e ,no seu caso, autorizar manifestacións deportivas dentro do termo municipal.
  • Velar pola previsión de riscos xerados pola práctica deportiva e de seguridade nas instalacións e equipamentos deportivos
  • Promover e colaborar no desenvolvemento de eventos deportivos que se desenvolvan dentro do municipio
  • Actuar como canalizador das propostas dos veciños e entidades deportivas en relación ca organización, potenciación e desenvolvemento da actividade fisico-deportiva no municipio

CAPITULO II

COMPOSICIÓN E COMPETENCIAS

Art. 4 .- Organo de goberno

O organo de goberno do Consello Municipal de deportes sera:

O Consello Rector : organo supremo do Consello Municipal de Deportes que asume o seu goberno e a súa xestión.

Art. 5 .- Composición

O Consello Rector estara integrado por un número impar de membros con voz e voto, entre os que seran:

  • Presidente ( Alcalde do Concello de Ribadavia)
  • Vicepresidente ( Concelleiro de Deportes do Concello de Ribadavia)
  • Vogais distribuidos do seguinte xeito:
    1. a)Un representante de cada un dos grupos municipais que integran a corporación debendo ostentar a condición de concelleiro
    2. b)Representantes en representación dos clubes e entidades , con domicilio social no Concello de Ribadavia. Non poderá haber máis dun club membro por disciplina deportiva.
    3. c)Catro representantes dos aboados ao Servizo Municipal de Deportes, debendo haber paridade entre homes e mulleres.
    4. d)Un representante de outras entidades que o soliciten, con sede social no Concello de Ribadavia, que dentro dos seus fins se atopa a promoción do deporte
  • Asimesmo formarán parte do Consello Rector con voz pero sin voto :
  • Director do Servizo Municipal de deportes que actuara como secretario
  • Poderan asistir técnicos municipais cando sexan convocados expresamente polo Presidente

Art. 6 .- Competencias

A)Consello Rector

Correspondelle ao Consello Rector as seguintes atribucións :

  • Establecer a política de actuación e xestión do Consello Municipal de deportes
  • Organizar , dirixir , inspeccionar e adoptar as medidas axeitadas para o mellor funcionamento do Consello Municipal de Deportes asi como das súas instalacións e servizos
  • Propor ao Pleno a aprobación dos regulamentos, ordenanzas e normas de funcionamento dos servizos , a sua modificación ampliación e posta en vigor , asi como as normas de funcionamento do propio Consello Municipal de Deportes
  • Aprobación dos convenios, concertos e demais instrumentos de colaboración e cooperación con outras administracións , organismos, entidades ou calquera outra persoa física ou xuridica
  • Elaborar e aprobar, como organo autónomo, a proposta de orzamento e plan de investimentos remitindo ao Concello para a sua aprobación definitiva , e posterior xestión.
  • Autorizar e dispor gastos dentro dos limites das suas competencias, fixados nas bases de execución do Orzamento
  • Configurar a proposta de postos de traballo afectos ao Consello Municipal de Deportes a incluir dentro do capitulo I do orzamento do Concello
  • Outorgar subvencións e axudas dacordo ca lexislación aplicable
  • Calquer outra que expresamente lle confiran as leis ,ou se lle encomende delegada pola corporación municipal.

B)Do Presidente

  • Presidir e representar ao Consello Rector
  • Convocar as sesións ordinarias e extraordinarias , fixación da orde do dia , por iniciativa propia ou a proposta da terceira parte dos vogais do Consello Municipal de Deportes
  • Presidir as sesións
  • Dirimir co seu voto os casos de empate, aos efectos de adoptar acordos
  • Velar polo cumprimento dos Estatutos e Regulamento do Consello Municipal de Deportes
  • Exercer cantas outras funcións sexan inherentes a sua condición de presidente.

C) Do Vicepresidente

Sera a de suplir ao Presidente en caso de vacante, ausencia ,enfermidade ou outra causa legal , tendo as mesmas atribucións que este.

D) Do Secretario

  • Asistir as convocatorias do Consello Rector con voz pero sen voto
  • Redactar as convocatorias e extender as actas
  • Dar conta nas xuntanzas dos asuntos a tratar incluidos na orde do dia
  • Asesoramento técnico dos asuntos a tratar incluidos na orde do dia.
  • Redactar e cursar os escritos que se encomenden no Consello Municipal de Deportes
  • Cantas outras funcións sexan inherentes a condición do secretario.

E) Dos Vogais

  • Participar nos debates das sesións con voz e voto
  • Aportar suxerencias que teñan por finalidade o logro dos obxetivos do Consello Municipal de Deportes, e contribuan a mellorar o seu funcionamento.
  • Aprobar as memorias e programas que desenvola o Consello Municipal de Deportes
  • Cumprir e facer cumprir os Estatutos e o Regulamento, asi como asistir as xuntanza do Consello Rector
  • Cantas outras funcións sexan inherentes a sua condición.

CAPITULO III
FUNCIONAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES

Art. 7.- Convocatoria

1.A convocatoria debera fixar lugar , dia e hora de comenzó da primeira e según convocatoria e os temas a tratar
2.A convocatoria será establecida ca antelación prevista legalmente dependo do carácter da sesión ( ordinaria ou extraordinaria)
3.Para a válida constitución de cada sesión deberán estar presentes, en primeira convocatoria, a metade mais un dos membros e en segunda convocatoria quince minutos mais tarde.
4.Para que sexa valida a constitución de cada sesión deberán asistir o presidente ou vicepresidente e o secretario, ou no seu caso os que os sustituan
5.Os acordos serán adoptados por maioria simple, decidindo en caso de empate o voto de calidade do presidente

Art. 8.- Orden do dia

1.A orden do dia debera conter como minimo , para as sesións:

  • Aprobación da acta da sesión ordinaria
  • Asuntos polos que foi convocada
  • Rogos e preguntas

2.A orden do dia das sesión extraordinarias deberán conter como minimo os asuntos que motiven a convocatoria
3.Poderan proporse ao presidente , por escrito, cantos temas se consideren oportunos para incluir na orden do dia
4.A orden do dia será elaborado polo presidente

Art. 9.- Periodicidade das sesión

A) Consello Rector convocara as sesión ordinarias de xeito mensual , e as extraordinarias cando considere oportuno o Presidente . Asemade poderase convocar a petición dos vogais a petición duhn tercio dos membros

Art. 10.- Actas

1.De cada sesión levantarase acta redactada polo secretario , que especificara necesariamente os asistentes , orden do dia ,circunstancias e duración da sesión , asi como os acordos adoptados
2.A acta será exposta nos taboleiros de anuncios dos distintos centros deportivos municipais
3.Unha copia da acta daraselle traslado por rexistro, ao Concello de Ribadavia.

Art.- 11.- Informes e propostas

Os acordos recollidos nas actas , asi como informes e propostas que eleve o Consello Municipal de Deportes teran carácter indicativo e informativo , en ningún caso vinculantes.

CAPITULO IV
REXIME ECONOMICO E PATRIMONIAL

Art. 12 .- Recursos economicos

Para o cumprimento dos seus fins, o Consello Municipal de deportes aprobara unha proposta de orzamento anual que dara traslado ao pleno do Concello, para sometelá a sua aprobación incluindo dentro do orzamento xeral do Concello unha sección orzamentaria propia .

Art. 13 .- Do Patrimonio

O patrimonio afecto ao consello municipal de deportes seran todolos equipamentos e instalacións de titularidade municipal : Centro deportivo “O Consello” , Piscina “A Veronza” , Complexo deportivo “O Xestal” , Pavillon Municipal Maquians ; e outros de titularidade municipal , privados ou de outras administracións que o Concello considere deban estar Xestionados polo Consello Municipal de Deportes .
O patrimonio quedara afecto aos fins do Consello Municipal de Deportes , pero de pleno dominio de Concello de Ribadavia.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

O nón previsto polas referidas disposicións estarase ao disposto nas normas de organización e funcionamento das entidades locais contidas na lei 7/85, Real Decreto 781/86 e polo Real Decreto 2568/86 de 28 de Novembro pola que se regula o ROF.

Istes estatutos que regulan o Consello Municipal de Deportes , deberán completarse co Regulamento de Funcionamento do mesmo.

DISPOSICIÓN FINAL

Os presentes estatutos de creación do Consello Municipal de Deportes entraran en vigor no intre da sua publicación no BOP que se tramitara dacordo ao procedemento establecido na Lei de Bases de Rexime Local.