REGULAMENTO SOBRE USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
INTRODUCIÓN
O presente regulamento dítase ao abeiro do artigo 8 -Os municipios/ Título II/ das competencias das administración públicas galegas en materia de deporte/ da Lei xeral do deporte de Galicia /Lei 3/2012, de 2 abril de 2012, e da Lei de bases de réxime local.
O Consello Municipal de Deportes e un organismo publico, dependente do Concello de Ribadavia,constituído para vertebrar e dinamizar o sistema deportivo local tendo como obxectivos fomentar hábitos de vida saudables en igualdade de condicións para a cidadanía a través da promoción da actividade
físico-deportiva como ferramenta para a mellora da saúde, calidade de vida e desenvolvemento social.
DISPOSICIÓN PRELIMINAR
Artigo 1. Obxecto: e o de regular os dereitos, obrigas e condicións no que as persoas/entidades, etc. poderán facer uso das instalacións/equipamentos e servizos dependentes do Consello Municipal de Deportes (en adiante CMD).
Artigo 2. Ámbito de aplicación: serán a totalidade das instalacións/equipamentos que dependan do CMD, tanto os de titularidade municipal (Centro Deportivo Municipal O Consello, Pavillón Municipal Maquiáns, Piscina Municipal “A Veronza” e Complexo Deportivo Municipal “O Xestal”) como outras dependentes de institucións/administracións de titularidade publica ou privada, así como
espazos de aproveitamento puntual para actividades físico-deportivas cedidas ao Concello de Ribadavia que acorde sexan xestionadas polo CMD.
Artigo 3. Correspóndelle ao Servizo Municipal de Deportes (en adiante SMD) a aplicación, control e cumprimento do recollido no presente regulamento.
CAPITULO I.- NORMAS XERAIS
Artigo 4. En cada instalación deportiva municipal sómente poderán levarse a cabo aquelas actividades para as que estea especificamente destinada. Previo informe técnico favorable poderán utorizarse outros actos/eventos deportivos e doutra índole, como manifestacións culturais ou sociais, sempre que tecnicamente sexa posible e logo da autorización do Concello de Ribadavia, que se outorgará discrecionalmente. En xeral, en todas elas autorízase a práctica de actividades físico-deportivas.
Artigo 5. Todas as instalacións deportivas municipais son de libre concorrencia, non podendo existir ningún tipo de discriminación por razón de raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra
condición ou circunstancia persoal ou social.
O acceso ás instalacións deportivas municipais supón a aceptación das normas recollidas neste regulamento.
Artigo 6. Porase a disposición dos usuarios autorizados, o material dispoñible en cada instalación, sendo responsabilidade destes o traslado e a retirada á correspondente situación orixinal
(almacén, estantes, etc.). O persoal da instalación colaborara nestas tarefas se fose necesario.
Os adestradores/delegados e responsables de grupos/clubs terán que levar o control do material utilizado para a realización das actividades. Tamén se responsabilizará de que unha vez rematada a
actividade, a instalación e os espazos deportivos utilizados queden en condicións de volverse a utilizar.
O material propiedade de clubs/grupos, autorizado a deixalo nas distintas instalacións, deberá estar recollido en cestas, redes ou bolsas propiedade da entidade, non facéndose responsable o
CMD da súa garda e custodia.
Artigo 7. As entidades autorizadas sen tutela do persoal do CMD a facer uso dalgunha instalación deportiva, establecerase nun convenio as condicións de uso e a responsabilidade da/s persoa/s ás
que se fai entrega das chaves. O Concello de Ribadavia poderá esixir fianza pola súa entrega.
Artigo 8. Os horarios de apertura e peche ao publico das instalacións deberán ser aprobados polo Concello de Ribadavia a proposta da dirección do SMD e publicados na web www.deportesribadavia.es
Artigo 9. O Concello de Ribadavia, no caso de interese público, resérvase a facultade de interferir, anular ou alterar calquera programación deportiva, comunicándollo aos usuarios coa máxima
antelación posible, sen que por isto os afectados poidan demandar algún tipo de indemnización.
Artigo 10. O Concello de Ribadavia poderá concertar, tanto para o uso continuado das instalacións deportivas municipais como para o desenvolvemento de programas de carácter físico-deportivo,
convenios/contratos con clubs, asociacións, federacións, entidades deportivas e organismos que teñan por obxecto a promoción do deporte, para os efectos de que poidan beneficiarse
dunha maior operatividade no seu funcionamento.
No caso de que un club/entidade con enderezo social no Concello de Ribadavia teña asinado convenio comprometéndose ao mantemento dunha instalación deportiva, terá prioridade de uso
fronte a outros clubs/entidades que soliciten o seu uso.
Artigo 11. Os usuarios poderán solicitar a colocación e explotación de publicidade nas instalacións deportivas aténdose ao regulado na Ordenanza reguladora de soportes publicitarios.
Artigo 12. O pagamento das taxas ou prezos públicos para poder utilizar as instalacións deberá realizarse previamente ao seu uso, agás nos casos que se acorden outras condicións recollidas en
convenio ou contrato.
Art.13.- En todas as instalacións os usuarios están obrigados a cumprir o seguinte:
- Usar roupa e calzado deportivo axeitado, esta prohibido acceder aos espazos/pavimentos deportivos con roupa e calzado da rúa.
- Prohibida a práctica deportiva co torso espido (agás na Piscina Municipal A Veronza).
- Prohibido fumar, comer e introducir vidros dentro das instalacións.
- Non esta permitido facer uso de corredores, bancadas e zonas comúns para quecemento, agás con autorización puntual, previa solicitude.
- Está prohibido sacar fotografías, gravacións a outros usuarios sen consentimento expreso.
- Está prohibido acceder ás instalacións con síntomas de enfermidades contaxiosas.
- Está prohibido o acceso aos espazos deportivos con calzado da rúa.
- Gardar respecto sonoro: esta prohibido berrar, lanzar pesos, golpear material, utilizar aparellos reprodutores de son de uso particular dentro das instalacións deportivas.
- Manter libres zonas de paso e espazos reservados.
- Recoméndase a boa hixiene persoal.
- Os obxectos perdidos poderán reclamarse nos tres meses seguintes á perda, de non facerse o CMD poderá decidir o que considere oportuno.
CAPITULO II. DOS USUARIO/AS.
CONDICION DE USUARIO/A
Artigo 14. Para os efectos do presente regulamento entendese por usuario/a aquela persoa física ou xurídica que utiliza as instalacións de titularidade municipal, participa nos programas promovidos polo CMD como abonado, alugando as instalacións ou a través de convenio.
Así mesmo, teñen a consideración de usuarios/as (usuarios pasivos) os acompañantes de usuarios e espectadores para os que tamén será de aplicación este regulamento.
DEREITOS DOS USUSARIOS
Tanto os usuarios practicantes como os usuarios pasivos (espectadores e acompañantes) definidos anteriormente, gozaran dos seguintes dereitos:
Artigo 15. A facer uso das instalacións deportivas que alugaron, reservaron ou se inscribiron nos horarios e períodos que foron ofertados ou fixados segundo o regulamento, se ben o CMD, por
necesidade de programación ou forza maior, poderá anular ou mudar as condicións establecidas comunicándoo coa debida antelación.
Artigo 16.- Desfrutar, de acordo coas normas establecidas e prezos públicos existentes de todos os servizos que preste o CMD, así como das instalacións.
Artigo 17. Terán dereito a recibir información sobre todas as instalacións deportivas municipais, servizos que se presten, horarios, prezos públicos e formas de acceso, dirixíndose as oficinas do CMD ou a través da web: www.deportesribadavia.es.
Artigo 18. Terán dereito á atención e trato correcto por parte do persoal do CMD e das empresas que prestan servizo no SMD en calidade de concesionarias.
Artigo 19. A utilizar as instalacións en bo grado de hixiene, limpeza e seguridade, que asegure o correcto desenvolvemento da actividade deportiva reservada.
Artigo 20. Poder expresar libremente por escrito calquera reclamación ou suxestión e ser contestado no prazo máximo dun mes.
Artigo 21. Ter garantida a confidencialidade dos datos persoais e da privacidade
OBRIGAS DOS USUARIO/AS
Tanto os usuarios practicantes como os usuarios pasivos quedan obrigados a:
Artigo 22. Atoparse ao corrente de pagamento durante o seu tempo de validez. Estando obrigados a acreditalo en todo momento ao persoal do CMD cando así o requiran.
Artigo 23. Nas instalacións dotadas de sistemas de control de acceso con torno electromecánico será obrigatorio o uso da tarxeta/pulseira correspondente.
Artigo 24. Para a correcta utilización das distintas instalacións e espazos deportivos será obrigatorio o uso da indumentaria e calzado deportivo axeitado. Polo que queda totalmente prohibido o
acceso aos espazos deportivos con calzado da rúa.
Artigo 25. Utilizar as instalacións, materiais e equipamentos con bo trato, cando fagan uso de material móbil deben devolvelo ao lugar de orixe, en todo momento deberán seguir as instrucións
do persoal do CMD e do persoal das empresas que prestan servizo en calidade de concesionarias, colaborando para o mantemento en bo estado de conservación.
Artigo 26. Deberan axustarse aos horarios de apertura ao publico en cada momento e as características concertadas no concepto de aluguer ou reserva da instalación, así como a abandonar as
instalacións 10 minutos antes do horario do seu peche.
Artigo 27. Adoptar en todo momento unha actitude correcta evitando comportamentos que impliquen perigosidade para a integridade física dos demais usuarios, gardando o devido respecto ao
resto de usuarios e persoal de servizo nas instalacións.
Art.28.- Esta prohibido:
- Fumar e introducir utensilios ou recipientes de vidro nos recintos deportivos.
- Tirar lixo fóra das papeleiras ou recipientes destinados para tales efectos.
- Introducir animais dentro das instalacións deportivas, agás en casos excepcionais ao abeiro de normativas de rango superior.
- Introducir bicicletas, patíns/monopatíns ou outro tipo de aparellos de locomoción dentro das instalacións deportivas.
- Deixar obxectos, roupa, bolsas/mochilas fóra dos vestiarios, armarios ou espazos destinados para tales efectos.
- Á utilización de calquera instalación deportiva para impartir clases con beneficio particular, agás as autorizadas expresamente por convenio ou contrato.
- Captar imaxes persoais nos aseos ou vestiarios por calquera medio.
PROTECCIÓN DE DATOS
Artigo 29. Para os efectos da Lei orgánica 15/1999, do 13 de novembro, de protección de datos de carácter persoal, todos os usuarios autorizan a utilización dos datos persoais para o seu tratamento informático, xestión das instalacións e, no seu caso, envío de información de interese.
Estes datos quedan incorporados a un ficheiro informatizado propiedade do Concello de Ribadavia.
A finalidade do tratamento dos datos é o cumprimento das competencias do Concello de Ribadavia para a xestión das actividades deportivas. A toma de imaxes e/ou vídeos (unha vez proporcionado
o seu consentimento) para a súa publicación. Todo isto de conformidade co disposto na súa normativa e en concreto nas seguintes normas:
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- Lei 1/1982, de protección civil, dereito ao honor, intimidade persoal e familiar e a propia imaxe.
O seu número de teléfono e correo electrónico serán utilizados para o envío de comunicacións relacionados coa actividade na que está inscrito ou outras actividades do seu interese.
SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
Artigo 30. O Concello de Ribadavia dispón dun seguro de responsabilidade civil de cobertura para todos os centros deportivos de titularidade municipal.
O Concello de Ribadavia non se fai responsable dos accidentes derivados da práctica físico-deportiva dos usuarios.
RECLAMACIÓNS
Artigo 31. Todos os usuarios teñen dereito a facer as queixas, suxestións e reclamacións que estimen oportunas por escrito a través do Rexistro no Concello.
O Concello de Ribadavia comprometese a responder ás reclamacións debidamente presentadas por Rexistro no prazo máximo de trinta días.
CAPITULO III. UTILIZACIÓN E ACCESO AOS DISTINTOS CENTROS DEPORTIVOS
NORMAS XERAIS
Artigo 31. A utilización dos distintos espazos por parte dos usuarios e de libre concorrencia, debendo aceptar o recollido no presente regulamento.
A súa utilización por parte dos usuarios farase nos horarios establecidos de apertura ao publico sometidos a aprobación do Concello de Ribadavia.
O persoal responsable das instalacións poderá pechalas en calquera momento por motivo de seguridade, climatoloxía ou cando se produzan circunstancias que poidan ocasionar danos físicos
ás persoas ou ás instalacións.
Os espazos deportivos e os equipamentos deberán utilizarse para a/s práctica/s que correspondan,calquera uso diferente queda suxeito a autorización.
As deterioracións que se orixinen por neglixencia, comportamento vandálico, incumprimento da normativa ou mal uso dos equipamentos e instalacións, darán lugar á correspondente sanción, que
poderá ser individual ou ao colectivo ao que pertenza.
A colocación de publicidade por parte dos usuarios nas instalacións deportivas municipais queda regulada na ordenanza aprobada para os efectos, podendo regularse, así mesmo por convenio ou
de xeito puntual para eventos para o que deberá o CMD autorizar a súa colocación previa solicitude.
A explotación de bares/cantinas dentro dos recintos deportivos por parte dos usuarios poderá autorizarse de xeito puntual para eventos para o que debera o Concello de Ribadavia autorizar a
súa explotación previa solicitude.
PAVILLONS POLIDEPORTIVOS
Artigo 32. Con carácter xeral os usuarios destas instalacións deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- Será obrigatorio o acceso aos distintos espazos deportivos con calzado e roupa deportiva.
- Queda prohibido o acceso aos espazos deportivos con roupa e calzado da rúa.
- Non se permite a práctica deportiva co torso espido.
- Non se permite dentro das instalacións fumar, comer e introducir obxectos de vidro.
- Non se permite o uso das bancadas e corredores como zonas de quecemento agás autorización puntual previa solicitude.
- Os obxectos atopados nos vestiarios, armarios ou noutro lugar da instalación, gardarase como obxecto perdido por espazo de 3 meses, de non ser reclamado polo propietario neste espazo de tempo o CMD poderá dispor como considere.
ZONA FITNESS DO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO
Art.33.- Os usuarios da sala de musculatura deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- Os usuarios poderán facer uso desta sala de xeito libre ou asesorados polos técnicos deportivos responsables desta.
- Calquera dubida na utilización das maquinas deberán consultalas aos técnicos ou persoal de vixilancia da instalación.
- E obrigatorio o uso de toalla por razóns de hixiene.
- Os pesos libres logo do seu uso deberán devolverse ao seu lugar de orixe.
- Prohibido acceder a sala de musculatura con mochilas, bolsas, etc.
- Está prohibido desprazar as maquinas e calquera equipamento da sala sen o consentimento do persoal responsable.
- Queda prohibido o acceso a menores de 16 anos, agás de xeito puntual con autorización do CMD baixo a responsabilidade expresa da entidade/club a que pertence e/ou do seu titor/a.
- Por motivos de saturación dalgún/s aparellos o CMD poderá limitar o seu uso por un tempo determinado.
- Na sala de musculatura a prioridade de uso será dos abonados e actividades/programas dependentes do CMD. Poderá ser solicitada de xeito puntual por grupos/clubs regulándose en convenio as condicións do seu uso.
- Uso responsable das maquinas e equipamentos da sala:
- As maquinas e aparellos quedarán libres entre series, sempre que as demanden outros usuarios.
- Obrigatorio retirar a toalla entre series.
- Obrigatorio limpar os aparellos de suor logo do seu uso.
- Prohibido arrastrar bancos, barras, discos, etc. polo chan.
- Prohibido executar exercicios perigosos sen supervisión.
- Prohibido reservar maquinas/aparellos con mochilas, toallas, botellas, etc.
- Recoméndase compartir maquinas no caso de saturación da sala.
Artigo 34. Nas salas de actividades dirixidas (sala-1, sala-2 e sala-3/ciclo-indoor) os usuarios deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- As clases dirixidas ofertadas polo CMD terán un número máximo de prazas, polo que os interesados deberán facer a reserva da praza a través da web www.ribadavia.es.
- Estas salas poderán ser utilizadas de xeito libre polos abonados, sempre que non se atopen ocupadas por grupos/entidades segundo programación establecida polo CMD.
- As actividades dirixidas estarán baixo a tutela do técnico/monitor que será o responsable do cumprimento dos horarios, custodia e traslado do material empregado no desenvolvemento da clase.
- E obrigatorio o uso de toalla por razóns de hixiene sempre que se faga uso de material propiedade do CMD de uso compartido.
- Todo o material empregado deberá devolverse ao seu lugar de orixe.
- Non poderán acceder a estas salas os menores de 16 anos, agás cando o fagan en grupos dirixidos por un técnico.
- Prohibido o aceso a sala transcorridos 5 minutos do comezo da clase.
- Prohibido deixar nas salas material deportivo/didáctico, etc. agás o autorizado situado en cada sala polo CMD.
Artigo 35. Os usuarios dos vestiarios anexos (vestiario masculino, vestiarios feminino, vestiarios masculino para persoas con discapacidade e vestiario feminino para persoas con discapacidade)
ás salas de actividades dirixidas e sala de musculatura do Centro Deportivos Municipal O Consello serán de uso exclusivo para os abonados ao SMD.
Artigo 36. Os usuarios das saunas situadas nos vestiarios masculino e feminino deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- A utilización das saunas queda restrinxida aos horarios establecidos polo CMD en cada momento.
- Prohibido superar o seu aforo (12 persoas/sauna).
- Deberá reservarse con antelación a través da web: www.deportesribadavia.es.
- É obrigatorio ducharse antes e despois de cada sesión.
- É obrigatorio o uso de toalla por razóns de hixiene.
- Esta prohibida a súa utilización a mulleres embarazadas, menores de 16 anos e persoas que padezan enfermidades cardíacas ou contaxiosas.
- Prohibido o uso de cremas e aceites dentro da sauna.
- Prohibido acceder á sauna con dispositivos electrónicos.
Art.37.- Aúla/sala de xuntas
Esta dependencia poderá ser utilizada polos usuarios sempre con fins vencellados ao deporte en xeral.
Os interesados deben solicitala a través da web: www.deportesribadavia.es.
PISCINA MUNICIPAL “A VERONZA”
Artigo 38. Esta instalación poderá ser utilizada en período estival, nos horarios e datas que se establecen de apertura ao público de acordo coa normativa.
Artigo 39. Queda prohibido:
- A presenza de transistores, radiocasetes, etc. cun volume que altere ou moleste aos demais usuarios.
- A reserva, acoutamento ou delimitación das zonas de estancia.
- O uso de parasoles, hamacas, cadeiras, etc. nas zonas de pes descalzos.
- Practicar topless.
- A práctica de actividades que poidan supoñer molestias para os demais usuarios.
- A presenza de bolsas e demais elementos nas zonas de praia.
- Enxaboarse nas duchas de acceso aos vasos.
Artigo 40. Por razóns de hixiene os usuarios deberán respectar as normas sanitarias que a tal efecto se atopan expostas nos taboleiros informativos.
Artigo 41. Así mesmo, do recollido neste regulamento será de obrigado cumprimento o recollido no Regulamento sanitario de piscinas de uso colectivo que sexa de aplicación en cada momento.
COMPLEXO DEPORTIVO “O XESTAL”
Artigo 42. Con carácter xeral os usuarios desta instalación deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- Será obrigatorio o acceso aos distintos espazos deportivos con calzado e roupa deportiva.
- Non se permite a práctica deportiva co torso espido.
- Non se permite dentro das instalacións fumar, comer e introducir obxectos de vidro.
CAMPO DE FUTBOL NOVO SINTETICO
Artigo 43. Este espazo deportivo pode solicitarse e utilizarse na súa totalidade para fútbol-11 ou por separado para fútbol-8.
Artigo 44. Poderá ser utilizado de xeito puntual por clubs/entidades ou particulares, previa solicitude a través da web www.deportesribadavia.es.
Artigo 45. A súa utilización quedará sometida a solicitude de uso segundo se establece neste regulamento para entidades/clubs que desexen dispor deste durante toda a tempada.
Artigo 46. Así mesmo, poderá ser utilizada de xeito puntual por grupos/entidades ou particulares, formalizando a reserva tal e como se establece neste regulamento, acolléndose ás distintas modalidades de alugueiro establecidas na ordenanza nº 24.
Artigo 47. Está prohibido o uso de zapatillas de taco metálico, soamente permitirase o uso de zapatillas específicas, multitaco ou botas de tacos de goma.
Artigo 48. Dentro do recinto está prohibido o consumo de pipas, cacahuetes e demais alimentos que produzan desperdicios que poidan contaminar o pavimento deportivo.
PISTAS DE TENIS
Artigo 49. A súa utilización quedará sometida a solicitude de uso segundo se establece neste regulamento, para entidades/clubs que desexen dispor desta durante toda a tempada.
Artigo 50. Así mesmo, poderá ser utilizada de xeito puntual por grupos/entidades ou particulares, formalizando a reserva tal como se establece neste regulamento, acolléndose ás distintas modalidades de aluguer establecidas na ordenanza nº 24.
CAPITULO IV.- NORMAS DE SOLICITUDE , CONCESION E USO
Artigo 51.- Os clubs/entidades deportivas interesadas en reservar durante a tempada deportiva o uso das instalacións deportivas municipais para os seus adestramentos poderá solicitalo conforme
coa normativa vixente.
Artigo 52. Abrirase un prazo de solicitude para o uso de instalacións deportivas municipais durante a tempada dende o 1 ao 30 de xuño.
O modelo de solicitude será o establecido polo CMD, podendo descargarse da páxina web: www.deportesribadavia.es, debendo presentalo a través do Rexistro do Concello de Ribadavia.
Artigo 53. O procedemento de concesión establécese do seguinte xeito:
- A Dirección do Servizo Municipal de Deportes emitirá un informe coas solicitudes presentadas en prazo.
- O SMD, atendendo aos criterios preferenciais, dará traslado da proposta de horario provisional que será remitido ás entidades interesadas dando un prazo, a estas, de 10 días naturais para presentar alegacións.
- Resoltas as alegacións presentadas o SMD fará proposta do horario definitivo.
- Logo da entrada en vigor do horario definitivo formalizarase un convenio coas entidades beneficiarias para regular as condicións de uso. De non asinarse será de aplicación a ordenanza de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais.
Artigo 54. As reservas para a tempada serán de luns a venres, dende a aprobación da resolución definitiva, ata o 30 de maio, agás se no convenio coas entidades se estipulen outras datas.
Artigo 55. A concesión de uso quedará supeditada a que o solicitante estea ao corrente no pagamento polo concepto de utilización de calquera instalación deportiva municipal.
Artigo 56. En todas as instalacións de uso compartido por distintas entidades farase un horario provisional que pode ser susceptible de sufrir modificación ata a aprobación do horario definitivo.
Artigo 57. Dende o 1 de xuño en adiante todas as entidades que desexen seguir facendo uso das instalacións deberán solicitalo a través da web: www.deportesribadavia.es.
Artigo 58. A solicitude de horarios para competicións en fins de semana e festivos farase antes do martes de cada semana de xeito telemático a través da web www.deportesribadavia.es, debendo
a entidade aboar a taxa correspondente de aluguer antes do xoves para que a reserva sexa firme, agás que fose establecido outro tipo de acordo en base a convenio/contrato.
Artigo 59. Os criterios para a concesión de instalacións deportivas municipais a entidades deportivas tanto para adestramentos como para competicións serán os seguintes e por esta orde:
- Atendendo ao tipo de solicitude:
- As solicitudes presentadas por entidades sen animo de lucro, para promover actividades de carácter federado.
- As solicitudes presentadas por entidades sen animo de lucro, para promover outro tipo de actividades.
- As solicitudes presentadas por entidades con animo de lucro.
- As solicitudes presentadas por particulares.
- Atendendo o tipo de práctica deportiva terán prioridade por esta orde:
- As actividades promovidas polo CMD.
- As actividades federadas.
- As prácticas deportivo recreativas.
- Atendendo aos horarios de solicitude:
De luns a Venres:
1. Entre as 16.00 horas e as 20.00 horas.- Escolas deportivas e categorías base.
2. Entre as 20.00 horas e as 23.00 horas.- Categorías júnior e sénior.
Fins de semana e festivos:
1. En horario de mañá.- As categorías base.
2. En horario de tarde.- Categorías júnior e sénior. - Atendendo a orixe das entidades:
1. Os clubs e entidades con domicilio social no Concello de Ribadavia, dados de alta no Rexistro de Asociacións do Concello.
2. As entidades de fóra do Concello de Ribadavia. - Para os clubes federados
1. Os de máxima categoría contando as categorías federativas de superior a inferior. - Antigüidade
2. Os que leven máis tempo, de xeito continuado, utilizando a instalación que solicitan.
Artigo 60. Concesión de instalacións deportivas municipais para actos ou eventos de carácter non deportivo, quedara supeditado ás seguintes:
- O interesado deberá presentar, cunha antelación mínima de 15 días, unha solicitude dirixida ao CMD onde figure nome, enderezo, CIF, representante legal, teléfono, email e unha breve explicación da actividade a levar a cabo.
- O Concello de Ribadavia resérvase a facultade de non conceder a instalación solicitada, no caso de serlle concedida o beneficiario deberá:
- Manter unha xuntanza técnica co CMD para valorar as necesidades da concesión.
- Entregar o xustificante de pagamento da taxa establecida na ordenanza nº 24 e, se fose o caso, da fianza que se aplicase.
- Presentar póliza de RC que cubra o evento/actividade, salvo que o evento entre dentro da cobertura da póliza de RC que o Concello de Ribadavia ten contratada para todas as instalacións deportivas municipais.
- Será responsabilidade do organizador e pola súa conta a obtención de cantas licenzas e permisos se precisen para realizar o acto, así como a realización de todas as tarefas de montaxe e desmontaxe que requira a actividade.
CAPITULO IV.- REXIMEN DISCIPLINARIO
Artigo 61. Correspóndelle ao Concello de Ribadavia establecer as sancións previo informe do director do SMD. Poderán recaer sobre particulares ou sobre o colectivo, entidade/club.
TIPO DE FALTAS
FALTAS LEVES
Artigo 62. Todas aquelas cuxa acción ou omisión non interrompa nin interfira o funcionamento das instalacións.
Artigo 63. A inobservancia da normativa recollida no presente regulamento sobre o uso das instalacións deportivas municipais e outras que foran de aplicación.
Artigo 64. O trato incorrecto causado a outros usuarios ou ao persoal das instalacións.
FALTAS GRAVES
Artigo 65. A reiteración de tres faltas leves no período de un ano.
Artigo 66. Aquelas que impidan o funcionamento das instalacións.
Artigo 67. O uso irregular das instalacións sen a correspondente reserva, aluguer ou concesión.
Artigo 68. Falsear datos relativos a identidades ou estado do usuario individual ou colectivo.
Artigo 69. A cesión do carné/pulseira de abonado, bono, etc. a outra persoa distinta ao titular.
Artigo 70. Inxuriar ou ofender gravemente ao persoal do CMD.
FALTAS MOI GRAVES
Artigo 71. A reiteración de dúas faltas graves no período dun ano.
Artigo 72. Aquelas que impidan o funcionamento das instalacións obrigando ao peche ao publico por máis dun día.
Artigo 73. A agresión, tanto física como verbal, ao persoal do CMD ou das empresas que prestan servizos en calidade de concesionarios.
Artigo 74. A subtracción de bens, obxectos de outros usuarios ou propiedade do CMD.
Artigo 75. Actitudes obscenas ou que poñan en perigo a integridade doutros usuarios.
SANCIÓNS
Artigo 76. Establécese o seguinte réxime sancionador:
- Se a falta se considera leve:
- Apercibimento por escrito.
- Multa ata douscentos euros (200 €).
- Se a falta se considera grave:
- Prohibición de acceso á/s instalación/s ou servizo por tempo determinado.
- Multa de ata mil euros (1.000 €).
- Se a falta se considera moi grave:
- Prohibición de acceso á instalación ou servizo por tempo indefinido.
- Multa de ata dous mil euros (2.000 €).
Artigo 77. En función da gravidade da infracción poderanse emprender as accións xurídicas que correspondan, polo que este regulamento non exime doutros procedementos que se establezan na
lexislación vixente.
Contra o presente acordo poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no
prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade
co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Ribadavia, 6 de abril de 2026. O alcalde.
Asdo.: César Fernández Gil.