ASINA POLA MELLORA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Na sesión ordinaria do Consello Reitor do Consello Municipal de deportes , órgano autónomo de xestión de servizo municipal de deportes do que dependen todalas instalacións deportivas municipais (Polideportivo O Consello, Pavillon Municipal Maquians, piscina A Veronza e Complexo Municipal O Xestal) a proposta concelleria de deportes acadouse o acordó de dar traslado dun escrito dirixido a Secretaria Xeral para o deporte ea Excma. Deputación Provincial para que no ámbito das suas competencias invistan para a mellora das instalacións deportivas municipais que dan servizo a mais de 10.000 hab. de toda a comarca.
Sendo a mais urxente , según proxecto presentado, a reforma integral do Polideportivo Municipal O Consello , equipamento con 35 anos de antigüidade que dende a sua inauguración no 1987,entre otras, na planta Baixa debería ser acondicionado en sucesivas fases , atopandose a data de hoxe sen rematar . Niste periodo foron executados dous investimento da S.Xeral para o Deporte acondicionando duas salas de actividades , a ultima no 2008.
A instalación precisa unha reforma integral para adaptarse as demandas actuáis dos cidadans asemade da renovación de equipamentos obsoletos , tendo unha especial importancia a mellora diste equipamento porque o P. O Consello e a única instalación publica da comarca que ademáis de dar servizo ao deporte federado da resposta a demanda cada vez mais importante a práctica da actividade física nón federada en constante cremento principalmente por motivos de saúde , asi o recoñece o parlamento considerando a actividade física saudable como unha actividade esencial asemade recollido na carta europea do deporte como un dereito da cidadania e un deber das administracións publicas de prestar iste servizo.

TEXTO DO ESCRITO:

O Polideportivo Municipal O Consello e un edificio con 35 anos de antigüidade que por loxica precisa reformas tanto de mellora para mudar e/ou reformar determinadas estancias que polo uso e o paso do tempo os materiais atopanse obsoletos, asi como para creación de novos espazos para adaptarse as novas demandas dos usuarios, do mesmo xeito que se están a reformar outros equipamentos de similares características e antigüidade noutros concellos.

O Polideportivo Municipal O Consello da servizo a mais de 10.000 usuarios de O Ribeiro sendo a única instalación da comarca, de titularidade publica , que polo rexime de uso satisface non só a demanda do deporte federado senón tamen do deporte social(deporte para todos) demanda esta ultima cada vez mais importante ,en crecemento constante, onde as eivas niste eido obrigan aos cidadans da comarca a trasladarse a outros concellos como Ourense cidade ou A Cañiza para satisfacer a demanda de determinados servizos de práctica da actividade física.

A instalación e un referente en toda comarca con mais de mil usuarios deportistas entre deporte federado e aboados non federados , asemade alberga a sede do Servizo Municipal de Deportes xestionado a través do órgano autónomo o Consello Municipal de Deportes responsable da xestión administativa diste servizo municipal do que dependen todalas instalación deportivas muncipais. Asemade, puntualmente, convirtese en edificio multiusos albergando outros eventos de carácter nón deportivo .

No ámbito do deporte federado son usuarios diste equipamento de xeito habitual ao longo da tempada tanto para adestramentos como para competicións 7 entidades de distintas modalidades : Baloncesto, Balonman(2) Futbol-sala(2),Karate e Ximnasia Ritmica e otras de xeito puntual. Entidades que toman parte en competicións federadas de categoria nacional, autonómico e provincial según as categorías.

Asemade esta e a instalación onde se desenvolven a maior parte das competición escolares incluidas no programa XOGADE nas que toman parte os 14 centros de ensino da comarca: CRAE(3),PRIMARIA(9),SECUNDARIA(2). Progama organizado e coordinado pola Agrupación Escolar O Ribeiro según convenio asinado co Concello de Ribadavia para a cesión das instalación deportivas municipais . Tendo a Agrupación Escolar O Ribeiro a sua sede nesta instalación.

Na proposta de reforma integral diste equipamento, redactado por técnicos municipais, asemade das melloras dirixidas a adaptar a instalación as demandas actuáis, atopanse como actuacións mais urxentes varias deficiencias que están a afectar aos usuarios da mesma:

• REFORMA DA CALDEIRA DE AUGA QUENTE E AQS .- Dende o 2015 distintos informes da empresa concesionaria do mantemento da caldeira e dos técnicos do SMD poñen de manifestó a falla de eficiencia do actual sistema que esta a provocar un consumo desmesurado e baixas prestacións . Consumo derivado dos arranxo de continuas avarias asi como do exceso de consumo de combustible. Doutra banda debe terse en conta que iste equipamento supera a vida útil recomendable (25 anos) polo que urxe a sustitución diste equipamento ante o risco de unha avaria deixe inutilizado o sistema.
• REFORMA DA 1ª PLANTA (PISTA CENTRAL).- achegase na proposta de reforma para a planta 1ª do edificio: crear un novo control de accesos a instalación vencellado as unhas novas oficiñas do SMD , ampliación e mellora da bancada , mellora no sistema de iluminación da pista central dotando de equipos mais eficientes asi como a mellora na climatización da cuberta e por conseguinte en toda a planta . Actuacións que irían encamiñadas a mellorar a prestación do servizo de deportes en xeral todolos usuarios (usuarios deportistas, usuarios espectadores , usuarios acompañantes e cidadania en xeral que se achega a realizar tramites administrativas vencellados a prestación de servizos de actividade física e deporte.

Nembargantes a actuación mais urxente debe centrarse en mudar o pavimento da pista central xa que dunha banda o estado de deterioro do mesmo nos obriga a executar un encerado do parquet (minimo 2 veces ao ano) o que esta a provocar un custe importante (en torno a 2500 €/encerado) que nos vemos na obriga de levar a cabo , debido ao deterioro do pavimento nos últimos 15 anos.
Asemade o que esta a perxudicar gravemente aos usuarios diste espazo polo obsoleto do pavimento instalado (parquet sobre soleira de formigon) rexeitado actualmente para a práctica deportiva federada, e o nón cumprimento de algúnhas das normativas UNE que son de aplicación aos pavimentos en instalacións de interior.

E polo que ao aveiro do recollido na Lei Xeral do Deporte de Galicia , Lei 3/2012, de 2 de Abril de 2012 , que no
TITULO II.
Das competencias das administración públicas galegas en materia de deporte

Artigo 5. Competencias da Administración autonómica
r) Aprobar o Plan de instalacións e equipamentos deportivos de Galicia, así como ordenar e, de ser o caso, xestionar as instalacións e os centros deportivos que teña adscritos
Artigo 7. Deputacións provinciais
3. Asistir os municipios e colaborar con eles, sobre todo cos de menor capacidade económica e de xestión, no deseño e na construción de instalacións deportivas e no desenvolvemento da práctica deportiva.

CAPÍTULO II
Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos

Artigo 78. Finalidade e competencia para a súa elaboración.
1. Co obxecto de garantir unha apropiada utilización dos recursos que as administracións públicas destinen á promoción do deporte, elaborarase o Plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos de Galicia, do que deberá informarse oportunamente ao Parlamento de Galicia

E polo que entendemos esta é unha competencia de ambalas duas administración atender a demanda presentada que afecta a cidadania de toda a comarca , dun servizo, o da práctica da actividade física eo deporte que esta recoñecido polo parlamento do Estado como un servizo esencial.

Damos traslado desta solicitude ca adhesión das entidades deportivas,usuarios e cidadania en xeral que suscriben o presente documento , asumindo o Concello de Ribadavia o compromiso de participación no proxecto de reforma, imprescindible e urxente , no cumprimento das competencias que nos són propias .

Preme enriba do tipo de persoa eres

AVISO LEGAL: Esta mensaxe e os seus arquivos adxuntos van dirixidos exclusivamente ao seu destinatario, podendo conter información confidencial sometida a segredo profesional. Non está permitida a súa comunicación, reprodución ou distribución sen a autorización expresa de CONCELLO DE RIBADAVIA. Se vostede non é o destinatario final, por favor elimíneo e infórmenos por esta vía.

PROTECCIÓN DE DATOS:De conformidade co disposto no Reglamento (UE) 2016/679 de 27 de abril (GDPR) e na Ley Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGDD), informámoslle que os datos persoais e dirección de correo electrónico, solicitados do propio interesado ou de fontes públicas, serán tratados baixo a responsabilidade de CONCELLO DE RIBADAVIA para o envío de comunicacións sobre os seus trámites e expedientes e conservaranse mentres exista un interese mutuo para iso. Os datos non serán comunicados a terceiros, salvo obrigación legal. Informámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidad e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose a Praza Maior, 4 – 32400 Ribadavia (Ourense). Email: dpo@legalforma.com. Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control en www.agpd.es.