Consello Municipal de Deportes • Concello de Ribadavia
NORMAS DE USO DA INSTALACIÓN
Piscina Municipal Veronza
🕒 HORARIO
| Quenda | Horas |
|---|---|
| MAÑÁ | 11:00 a 14:30 HORAS |
| SERÁN | 16:30 a 20:45 HORAS |
💶 PREZO PÚBLICO (Ordenanza Nº24)
Entrada de Diario
| Tipo de Entrada | Prezo |
|---|---|
| XUVENIL (3 a 17 anos) | 1,5 € |
| ADULTO (+ 18 anos) | 2,5 € |
Abonos Tempada
| Modalidade | Empadroados | Non Empadroados |
|---|---|---|
| ABONO XUVENIL | 15 €/tempada | 28 €/tempada |
| ABONO ADULTO | 30 €/tempada | 49 €/tempada |
| ABONO XUBILADO | 15 €/tempada | 28 €/tempada |
📢 INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O ACCESO:
- A través da web www.deportesribadavia.es poden sacar os abonos da tempada, así como as entradas de diario.
- Os usuarios están obrigados a pasar polo control de acceso ao recinto, debendo acreditar o pago do abono ou entrada de diario.
- No control de accesos poderá solicitarse a presentación do DNI para a súa comprobación.
- Directamente na taquilla da instalación, poden sacar a entrada de diario, nos horarios de apertura ao público.
📋 NORMAS XERAIS DO RECINTO
⚠️ AFORO MÁXIMO DA INSTALACIÓN: 244 PERSOAS.
- Dentro dos vasos e áreas de praia deberase respectar en todo intre as indicacións do persoal socorrista.
- Antes de mergullarse é obrigatorio ducharse.
- Obrigatorio usar calzado de baño nas áreas de pés descalzos (zonas comúns).
- Prohibido entrar nas áreas de estadía e praia con calzado da rúa.
- Prohibido correr nas veiras dos vasos.
- Prohibido entrar nas zonas de baño a persoas con enfermidades infecto-contaxiosas.
- Prohibido a entrada de animais nas instalacións, agás cans guía.
- Prohibido comer e beber nas áreas de praia.
- Prohibido fumar en todo o recinto.
- Prohibido deixar desperdicios dentro do recinto da instalación.
Para calquera outra normativa non recollida nestas normas xerais, será de aplicación o Regulamento sobre o Uso das Instalaciones Municipais (BOP; 7 de Setembro do 2020).