Protocolo Autocontrol prevención covid-19
Protocolo Autocontrol prevención covid-19
14 de Septembro de 2020, Aprobado no Consello Reitor
Att. Alcalde-Presidente do Concello de Ribadavia PRESIDENTE CONSELLO REITOR(CMD)
1. ANTECEDENTES
Devido á situación de emerxencia de saúde pública ocasionada pola COVID- 19, o gobernó do Estado, declarou mediante Real Decreto 463/2020, do 14 de Marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional co fin de afrontar a crise sanitaria, o cal foi prorrogado en seis ocasións, a ultima no Real Decreto 555/2020 , do 5 de xuño, ata as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020.
Con anterioridade , a Xunta de Galicia , a través da Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Conselleria de Sanidade, pola que se lle da publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 12 de Marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.
Con respecto ás instalacións deportivas o 9 de maio publicouse a Orden SND/399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, con entrada en vigor o 11 de maio ás 00:00 horas .
Na data do 30 de maio publicouse a Orde SND/458/2020, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 3 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.
Nestas normas permitiuse a apertura de certas instalacións deportivas suxeitas a distintos requisitos.
Neste sendo o Consello Superior de Deportes aproba na data do 4 de maio o protocolo básico de actuación para a volta aos adestramentos e o reinicio das competicións federadas e profesionais, no que se recollen tamén certos requisitos que deben de cumprir as instalacións deportivas para a volta da actividade do deporte federado e profesional. Tal e como se recolle na interpretación dada polo Consello Superior de Deportes , o protocolo está orientado para os CAR,CEAR, CETD/CTD e instalacións utilizadas polas Ligas Profesionais.
Na data do 5 de xuño , a través do RD 555/2020, o gobernó do Estado prorroga o estado de alarma decretado , con efectos ata o 21 de xuño, sendo que as Comunidades Autonomas poden decidir , con arreglo a criterios sanitarios e epidemiolóxicos a superción da fase III, e polo tanto a súa entrada na nova normalidade.
O 9 de xuño a través do Real Decreto- lei 21/2020, de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, establecendo as normas de aforo desinfección e acondicionamento nas instalacións par as actividades e competicións deportivas: artigo 15
Na data do 13 de xuño de 2020, mediante o Decreto 90/2020 , o Goberno da Xunta de Galicia declara a superación da Fase III e polo tanto, a entrada de Galicia na nova normalidade con efectos dende o 15 de xuño de 2020.
A resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Conselleria de Sanidade, dá publicidade do acordó do Consello da Xunta , da mesma data, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 unha vez superada a fase III do Plan para a transición car a unha nova normalidade. A mediada 3.20 do Anexo desta Resolución establece a obriga de que cada instalación deportiva publique un protocolo para coñecemento xeral dos seus usuarios que contemple as distintas especificacións en función da tipoloxia de instalacións.
Iste protocolo será complementado no relativo a práctica deportiva a través de Protocolos específicos de cada Federación Deportiva, a través da ferramenta FISICOVID-DXTGALEGO ,onde se identifican con respecto a cada modalidade/especialidade deportiva a situación potencial de contaxio da COVID-19 tanto na práctica libre e adestramentos como na competición, atendendo ás vías recoñecidas ata o momento polas autoridades sanitarias, e no que se analizan as posibilidades de abordar as diferentes situacións e se dispoñen as medidas de tratamento do risco de contaxio adaptadas á casuística.
2. AMBITO
Es protocolo básico será de referencia para as instalacións municipais dependentes do Consello Municipal de Deportes : Centro deportivo municipal O Consello, Pavillón Municipal Maquians, Piscina Municipal A Veronza e Complexo deportivo municipal O Xestal.
Instalacións que ao aveiro do recollido no Regulamento sobre uso das instalacións deportivas municipais recolle o reximen de funciónamento e uso das mesmas.
Aplicación de protocolos COVID-19 en función do rexime de us
- a) Instalacións de uso exclusivo por parte de outras entidades (Centros de ensino, Asociácions/Clubes , Federacións , Alugueiros): Deberan complementarse os protocolos específicos de cada entidade cos protocolos establecidos polo Consello Municipal de Deportes para as distintas instalacións, sendo a entidade usuaria a responsable da sua aplicación.
- b) Instalacións de uso compartido : Aboados , clubes, federación , outros usuarios . Debe coordinarse a aplicación dos protocolos das distintas entidades cos protocolos establecidos polo Consello Municipal de Deportes para as distintas instalacións.
- c) Instalacións de uso exclusivo de usuarios en xeral : Seran de aplicación os protocolos establecidos polo Consello Municipal de Deportes para as distintas instalacións
3. CARACTERÍSTICAS DE USO DAS INSTALACIÓNS
3.1. CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO
3.1.1. Aforos
- Aplicaranse os aforos en vigor en cada intre que estipulen as autoridades competentes.
- Corresponde ao Servizo Municipal de deportes o control e cumprimento dos aforos .
- Corresponde as entidades/clubs o control de aforos , tanto en adestramentos como nas competicións, según os protocolos FISICOVID-DXTGALEGO aprobado por cada federación deportiva.
- Dependencias suxeitas a establecemento de aforos:
3.1.2. Horarios e usos
O aprobado en cada intre polo Consello Reitor.
PAVILLON MUNICIPAL MAQUIANS
3.2.1. Aforos
- Aplicaranse os aforos en vigor en cada intre que estipulen as autoridades competentes.
- Corresponde aos Centros de Ensino o control dos mesmos dentro do horario preferente dos mesmos.
- Corresponde as entidades/clubs o control de aforos , tanto en adestramentos como nas competicións, según os protocolos FISICOVID-DXTGALEGO aprobado por cada federación deportiva.
- Dependencias suxeitas a establecemento de aforos:
3.2.2. Horarios e usos
O aprobado en cada intre polo Consello Reito
3.3. COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL O XESTAL
3.3.1. Aforos
- Aplicaranse os aforos en vigor en cada intre que estipulen as autoridades competentes.
- Corresponde as entidades/clubs o control de aforos , tanto en adestramentos como nas competicións, según os protocolos FISICOVID-DXTGALEGO aprobado por cada federación deportiva.
- Dependencias suxeitas a establecemento de aforos:
3.3.2. Horarios e usos
O aprobado en cada intre polo Consello Reito
3.4. PISCINA MUNICIPAL A VERONZA ( A establecer puntualmente)
En todo caso, istes criterios básicos de uso adecuaranse ao disposto en cada intre polas autoridades competentes.
4. REQUISITOS XERAIS PARA AS INSTALACIÓNS
4.1. Material de protección dispoñible para os usurarios
As instalacións deberán de equipar as instalacións deportivas co seguinte material sanitario básico:
- Hidroxeles, con dispensador automático.
- Papeleiras con tapa nón manuais.
- Papel desbotable.
4.2. Responsable da implantación do protocolo
O Consello Municipal de deportes nomeara a un responsable da implantación do protocolo.
As entidades usuarias deberán identificar a un responsable da implantación do protocolo.
4.3. Medidas de hixiene xerais
Cada instalación deberá asegurar que se adoptan as medidas de limpeza e desinfección adecuadas ás características e intensidade de uso da instalación deportiva. No seu caso, desinfección específica do centro na súa totalidademínimo 48 horas antes da reapertura da instalación.
En zonas comúns a frecuencia mínima de limpeza será de dúas veces ao día.
Nas tarefas de limpeza prestarase especial atención ás zonas de uso común e as superficies de contacto máis frecuentes como pomos de portas, mesas, mobles, pasamáns, chans, teléfonos, perchas, materiais e equipamentos deportivos, taquillas, e outros elementos de similares características, conforme ás seguintes pautas:
Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recén preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida que se atopen no mercado e que fosen autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade. No uso dese produto respectaranse as indicacións da etiqueta.
Uso diario en zonas de praia, vestiarios, saúnas, duchas e zonas de uso con pés descalzos desinfectante a base de amonio cuaternario, que carece de propiedades corrosivas e nón emite vapores irritantes. Devandito desinfectante ten un amplo espectro de eliminación de microorganismos: virus, bacterias, fungos, fermentos, esporas, E. coli, Salmonella tiphymurium, Estafilococos, Estreptococos, Clostridium sp., Pseudomonas aeruginosa.
A limpeza levarase a cabo segundo o seguinte: nunca en seco, nón barrer, nón aspirar, nón sacudir, realizarase arrastre húmido (quitar o polvo que se depositara en mesas ou obxetos con auga e xabón pero non con trapos secos).
Utilizaranse mopas dun solo uso. Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipos de protección utilizados desbotaranse de forma segura, procedéndose posteriormente ao lavado de mans. As medidas de limpeza estenderanse tamén, no seu caso, a zonas privadas dos traballadores, tales como vestiarios, taquillas, aseos, áreas de descanso, etc. Asemade, cando existan postos de traballo compartidos por máis dun traballador, realizarase a limpeza e desinfección do posto tras a finalización de cada uso, con especial atención ao mobiliario e outros elementos susceptibles de manipulación.
No caso de que se empreguen uniformes ou roupa de traballo, procederase ao lavado e desinfección regular dos mesmo, seguindo o procedemento habitual.
Débense realizar tarefas de ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire.
No uso dos aseos, vestiarios e duchas, cun espazo/usuario inferior a 4 m2, a ocupación máxima será dunha persoa salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, en cuxo caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Nestas estancias con espazo superior a 4 m2/usuarios a ocupación máxima será do 50% (calculado en función do número de urinarios, cabinas, duchas). Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos aseos, vestiarios e duchas garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.
A limpeza se fará varias veces ao día, manterase a ventilación permanentemente, e deberase sinalar que os inodoros se descarguen coa tapa pechada.
Fomentarase o pago con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos, evitando, na medida do posible, o uso de diñeiro en efectivo. Limparase e desinfectarase o datáfono tras cada uso, así como a TPV se o empregado que o utiliza non é sempre o mesmo.
Deberá dispoñerse de papeleiras , con tapa e accionadas de forma nón manual, nas que poder depositar panos e calquera outro material desbotable.
Ditas papeleiras deberán ser limpadas de forma frecuente, e polo menos unha vez ao día.
Na medida en que sexa posible instalaranse elementos barreiras (biombos ou similares), nos espazos en que non poida garantirse a distancia de seguridade de 1,5 metros entre traballadores ou en que exista a posibilidade de que usuarios se salten dita distancia de seguridade. De non ser posible manter a distancia de seguridade, será necesaria a utilización de máscara de non acondicionarse o posto de traballo.
Na medida en que sexa posible realizaranse marcaxes de seguridade no chande recepción da instalación e/ou calquera posto de atención ao público, garantindo unha distancia de 1,5 metros entre usuarios.
Eliminaranse ou inhabilitaranse, de ser factible, calquera sistema de control de acceso á instalación que nón sexa completamente seguro dende o punto de vista sanitario , como o control por pegada ou calquera outro de contacto físico.
Non caso de que non sexa factible utilizarase xel hidroalcohólico antes do acceso.
Na medida do posible retiraranse as máquinas que se activan ao tacto. De nón ser posible desinfectaranse as mans antes e despois do seu uso, e a limpeza debe de ser especialmente exhaustiva nos puntos de contacto directo co usuario.
No relativo aos dispensadores de auga, recoméndase a nón utilización dos dispensadores de auga con botella. En caso de utilizarse cada usuario extremará a hixiene cos obxetos que vaia a utilizar (nón se permite rechear botellas directamente embocadas no surtidor; é obrigatorio lavar con auga e xabón os vaos persoais antes de utilizalos no dispensador; é obrigatorio limpar con papel desbotable e xel hidroalcohólico o pulsador do dispensador antes de ser utilizado. Prohíbese beber directamente dos grifos).
Na medida do posible manteranse as portas abertas con cuñas e outros sistemas, para evitar o contacto das persoas coas manetas e os pomos.
Valorarase a posibilidade de dispoñer de felpudos humedecidos cunha solución de auga e lixibia ao 2% para entradas e saídas das instalacións.
Procurarase a posibilidade de identificar accesos e saídas por portas distintas.
Cando as instalacións dispoñan de ascensor ou salvaescaleiras, o seu uso limitarase ao mínimo imprescindible e utilizarase preferentemente as escaleiras. Cando sexa necesario utilizalos, a ocupación máxima dos mesmos será dunha persoa, salvo que sexa posible garantir a separación de dous metros entre elas, ou naqueles casos de persoas que poidan precisar asistencia, en cuxo caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Neste caso, de nón ser posible garantir as distancias, utilizarase máscara hixiénica ou cirúrxica.
Poderán facerse reunións técnicas de traballo (visionado de vídeos, charlas técnicas…), con un máximo de vinte participantes (20) e sempre gardando a correspondente distancia de seguridade e o uso de medidas de protección necesarias.
O previsto neste apartado aplicarase sen prexuízo das especificidades establcidas no apartado seguinte para instalacións específicas.
4.4. Material sanitario
Para a reapertura da instalación, no seu caso, tórnase indispensable a revisión do material sanitario e das caixas de primeiros auxilios, procedendo a desinfección completa destas, así como á comprobación da dispoñibilidade do material sanitario básico.
4.5. Comprobación do estado e o mantemento das instalacións técnicas
Con carácter previa á reapertura da instalación, no seu caso, comprobarase que as empresas de mantemento integral ou polos responsables de mantemento da instalación, realizaron as revisións obrigatorias por lei, establecidas nos seus contratos, no período que corresponde, e se nón foi así realizalo previamente á apertura (preventivas e correctivas), como poden ser as relativas a:
- Instalacións térmicas.
- Calefacción
- Equipos autónomos e fan-coils.
- Instalacións de refrixeración.
- Sistemas de control de lexionela .
- Instalación de extracción, ventilación e difusión.
- Instalacións eléctricas de baixa tensión.
- Torres de iluminación dos campos de fútbol e pistas de tenis
Asemade comprobarase que todas as instalacións técnicas atópanse en perfecto estado de funcionamento e cumprindo a normativa vixente
4.6. Instalacións específicas
4.6.1. Salas de musculación e salas de actividades dirixidas
- Limpeza e desinfección profunda das instalacións previa á reapertura, no seu caso, mediante empresa ou persoal especializado en limpeza e produtos homologados.
- Expor de maneira visible ao público un documento que acredite o traballo realizado antes/durante a apertura.
- Apertura de xanelas que faciliten a ventilación do espazo.
- Aprovisionamento de material de sinalización e balizamento así como os EPIs para os traballadores que estableza a normativa.
- Aprovisionar material de limpeza e hixiene para utilización polos usuarios: rolos de papel, papeleiras con tapa e accionamento non manual, pulverizadores con desinfectante e dosificadores de mans con hidroxel. Os dosisficadores deberán ser automáticos (sen contacto) na medida do posible. Se non fose posible terán que ser accionados co cóbado ou hixienizados tras cada uso.
- Formar ao persoal nos novos protocolos de reapertura (distanciamento social, limpeza, vixilancia, axuda, consultas,…) para garantir a súa seguridade e a dos usuarios.
- Despois do uso de cada quenda: limpeza das máquinas que sexan utilizadas e da zona habilitada para o uso; limpeza dos elementos comúns (manillas, chans, bancos, etc…)
4.6.2. Piscina ( A establecer puntualmente)
4.7. Outros espazos non convencionais
O disposto neste protocolo será aplicable naqueles espazos deportivos nón convencionais, sen prexuízo das especificidades establecidas en cada momento polas autoridades competentes.
4.8. Aseos publico
Limpeza e desinfección profunda dos elementos comúns (taquillas, bancadas, etc…) previa á reapertura, no seu caso, mediante empresa ou persoal especializado en limpeza e produtos homologados.
Expor de maneira visible ao público un documento que acredite o traballo realizado antes/durante a apertura.
Aprovisionar material de limpeza e hixiene para utilización polos usuarios: rolos de papel, papeleiras con tapa e accionamento nón manual, pulverizadores con desinfectante e dosificadores de máns con hidroxel. Os dosisficadores deberán ser automáticos (sen contacto) na medida do posible. Se nón fose posible terán que ser accionados co cóbado ou hixienizados tras cada uso.
Deberase proceder a súa limpeza e desinfección varias veces ao día. Esta periodicidade poderá adaptarse en función do uso e horario da instalación.
4.9. Vestiarios deportistas
Limpeza e desinfección profunda dos elementos comúns (taquillas, bancos,percheiros etc…) previa á reapertura, no seu caso, mediante empresa ou persoal especializado en limpeza e produtos homologados.
Expor de maneira visible ao público un documento que acredite o traballo realizado antes/durante a apertura.
Aprovisionar material de limpeza e hixiene para utilización polos usuarios: rolos de papel, papeleiras con tapa e accionamento non manual, pulverizadores con desinfectante e dosificadores de mans con hidroxel. Os dosisficadores deberán ser automáticos (sen contacto) na medida do posible. Se non fose posible terán que ser accionados co cóbado ou hixienizados tras cada uso.
Deberase proceder a súa limpeza e desinfección dos aseos varias veces ao día. Esta periodicidade poderá adaptarse en función do uso e horario da instalación
5. CRITERIOS PARA SOLICITAR O USO DAS INSTALACIÓNS
5.1. Criterios de acceso
Para o acceso ás instalacións deportivas estarase ao disposto no Regulamento sobre uso das instalacións deportivas municipais
5.2. Medidas de control e seguimento
No caso de que un deportista, técnico, usuario, etc., da instalación deportiva teña sintomatoloxía do virus COVID-19, deberá informar de xeito inmediato ao servizo galego de saúde para iniciar o protocolo previsto pola Consellería de Sanidade (https://www.sergas.es/Saude-publica/Novo-coronavirus-2019-nCoV?idioma=es). Niste senso considérase sintomatoloxía do virus COVID-19 un cadro clínico de infección respiratoria aguda (IRA) de aparición súbita e de calquera gravidade, incluíndo febre, tose ou falta de alento, entre outros.
Ante a presenza doutros síntomas atípicos como a odinofaxia, anosmia, ageusia, dores musculares, entre outros, é importante buscar outros indicios adicionais que apoien a sospeita da infección. Será o xuízo clínico do profesional o que determine a realización de probas complementarias.
En caso de detección dun positivo por COVID-19 , usuario das instalacións deportivas, deberanse seguir as pautas determinadas polas autoridades sanitarias. Deberá de procederse ao aillamento nun local pechado, á colocación de máscara cirúrxica e aviso ao 061. En todo caso procederase á limpeza e desinfección das instalacións deportivas.
Con carácter específico estarase ao disposto polas autoridades sanitarias con relación aos tratamentos de masaxe ou fisioterapias e análogas nas instalacións deportivas
6. ACCESO AS INSTALACIÓNS
6.1. Sistema de solicitude previa
Farase según o establecido no regulamento sobre uso das instalacións deportivas municipais de xeito telefonico ou medios telemáticos, tratando de evitar a solicitude presencial.
6.2. Sistema de control do aforo polo titular
Sera de aplicación para as distintas instalacións e espazos o seguinte:
- Estará exposto ao público o aforo máximo da instalación, que deberá incluír aos propios traballadores.
- O responsable deberá asegurar que devandito aforo e a distancia de seguridade interpersoal respéctase no seu interior, debendo establecer procedementos que permitan o reconto e control do aforo.
- A organización da circulación de persoas e a distribución de espazos deberá procurar a posibilidade de manter a distancia de seguridade interpersoal, evitando aglomeracións en determinadas zonas, tanto no interior como no exterior.
- Cando se dispoña de dous ou máis portas, procurarase establecer un uso diferenciado para a entrada e a saída.
- Cando se dispoña de aparcamentos propios para traballadores e usuarios ou socios, establecerase un control de accesos para mellor seguimento das normas de aforo. Na medida do posible, as portas que, no seu caso, se atopen no percorrido entre o aparcamento e o acceso á instalación ou aos vestiariosdos traballadores dispoñerán de sistemas automáticos de apertura ou permanecerán abertas para evitar a manipulación dos mecanismos de apertura.
- O persoal velará por que se respecte a distancia interpersoal de seguridade e evitará a formación de grupos numerosos e aglomeracións, prestando especial atención ás zonas comúns.
- Utilizaranse, na medida do posible, valos ou sistemas de sinalización equivalentes para un mellor control dos accesos e xestión das persoas a efectos de evitar calquera aglomeración.
7. NORMAS BÁSICAS DE USO DAS INSTALACIÓNS
Nón obstante ao sinalado neste apartado, na práctica da actividade deportiva estarase ao disposto no respectivo Protocolo de cada Federación Deportiva, a través da ferramenta FISICOVID-DXTGALEGO, así como ao que en cada momento se dispoña polas autoridades competentes.
7.1. Criterios xerais
Nas instalacións a actividade física e deportiva estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:
- Nón se permite deixar ningún material persoal ou de adestramento en ningunha das salas ou instalacións non habilitadas ao respecto, de ser así procederase á súa retirada e refugallo.
- As mochilas ou afectos persoais so se poderán deixar nos espazos habilitados para ese efecto (na sala ou instalación que vaian utilizar).
- Con carácter xeral, non se compartirá ningún material. Se isto non fose posible, garantirase a presencia de elementos de hixiene para o seu uso continuado.
- Calquera material utilizado para o adestramento/actividade deportiva, terá que ser obrigatoriamente desinfectado tras cada sesión.
- Os deportistas nón poderán compartir alimentos, bebidas ou similares. Todos estes produtos terán o nome dos deportistas. No caso de que se deixen nas instalacións, procederase á súa retirada e refugallo.
- Antes de entrar e ao salir do espazo asignado limpar as mans cos hidroxeles que deberá estarán dispoñibles nos espazos habilitados ao efecto.
- Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, utilizar máscara.
- Manter abertas, na medida do posible, as portas de acceso e as xanelas para facilitar a ventilación. Evitaranse correntes de aire nun espazo que se esté a utilizar.
- Ao finalizar o uso da máquina, equipamento ou elementos deportivos, limpalos cos produtos desinfectantes existentes obrigatoriamente.
- Utilizarán a máscara durante todo o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, salvo que se poida garantir a distancia do 1,5 metros.
7.2. Aseos publico
Cun espazo/usuario inferior a 4 m2, a ocupación máxima será dunha persoa salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, en cuxo caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Nestas estancias con espazo superior a 4 m2/usuarios a ocupación máxima será do 50% con relación ao número de urinarios.
Non se poderán utilizar para outro fin que o propio, e polo tempo imprescindible.
Desbotar os panos ou calquera material desbotable nas papeleiras instaladas.
7.3. Vestiarios deportistas
Cún espazo/usuario inferior a 4 m2, a ocupación máxima será dunha persoa salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, en cuxo caso tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Nestas estancias con espazo superior a 4 m2/usuarios a ocupación máxima será do 50% con relación ao número de cabinas e/ou duchas. Isto implica a necesidade de organizar quendas para o uso dos vestiarios , e na medida en que sexa posible a necesidade de establecer un control de acceso aos vestiarios.
Non se poderán utilizar para outro fin que o propio, e polo tempo imprescindible.
Desbotar os panos ou calquera material desbotable nas papeleiras instaladas
8. PÚBLICO NAS INSTALACIÓNS
No relativo á presenza de público nas instalacións deportivas estarase ao disposto en cada momento polas autoridades competentes.
Con carácter xeral o aforo estará limitado a un máximo do 75% da capacidade da instalación, cun límite máximo de 1.000 persoas en instalacións ao aire libre e de 300 persoas en instalacións pechadas, sempre que se poida garantir a debida distancia social (1,5 metros).
En todo caso, o público deberá permanecer sentado e manter a debida distancia física interpersoal e/ou utilizar máscara.
8.1. Medidas de hixiene para o público
Manter o distanciamento social de 1,5 metros.
Reforzar as medidas de hixiene persoal a través de carteis e sinalización que fomente as medidas de hixiene:
- Ao tusir ou esbirrar, taparse a boca e nariz cún pano e desbotalo aun cubo de lixo con tapa e pedal. Se nón se dispón de panos, empregar a parte interna do cóbado para nón contaminar as mans.
- Evitar tocarse os ollos, nariz e boca.
- Despois de tusir ou esbirrar e antes de tocarse a boca, o nariz ou os ollos, lavarse as mans de forma coidadosa con auga e xabón durante polo menos de 40 a 60 segundos, ou utilizar solucións desinfectantes con alcohol para limparse de 20 a 30 segundos.
8.2. Medidas de hixiene e limpeza das bancadas
A limpeza e desinfección das bancadas, así como doutras zonas habilitadas para o público, farase de acordo coa política de limpeza e desinfección deste protocolo, extremándose as medidas de hixiene e reforzando o conxunto de puntos críticos:
- Butacas
- Varandas,
- Pasamáns
- Papeleiras
- etc.
9. TRABALLADORES DAS INSTALACIÓNS.
9.1. Limpeza, hixiene e desinfección .
Colocar unha cartelaría en lugar visible na instalación para informar e lembrar aos usuarios e traballadores a obrigación de cumprir as medidas de hixiene e protección establecidas pola autoridade sanitaria contra a Covid-19.
Reforzar e intensificar os servizos de limpeza das instalacións, especialmente despois de cada quenda de uso dos deportistas, garantindo unha limpeza e desinfección permanente das instalacións durante o período de apertura ao público.
Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida que se atopan no mercado e que foron autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade. No uso dese produto respectaranse as indicacións da etiqueta.
Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipos de protección utilizados refugaranse de forma segura, procedéndose posteriormente ao lavado de mans.
Farase especial fincapé na frecuencia de limpeza e desinfección de superficies de alto contacto, como a recepción, os mostradores, o material de adestramento, as máquinas, as varandas, os pomos, os pulsadores, así como en todos os elementos de uso recorrente.
Deberanse realizar tarefas de ventilación periódica das instalacións e, como mínimo, de forma diaria e por espazo de cinco minutos.Seguir o horario de quendas de traballo estipulado, segundo uso da instalación; e anotación nas follas de control do realizado e tempo utilizado.
Lavado frecuente de mans por parte dos traballadores durante a estancia nas instalacións.
Asegurar a reposición permanente de xabón nos dosificadores dos lavabos e aseos para facilitar e garantir o lavado de mans dos traballadores e colaboradores da instalación.
Instalación de estacións de limpeza e desinfección en todos os espazos deportivos interiores e aseos, para facilitar a limpeza e desinfección do equipamento, os bancos, etc…, por parte dos usuarios, antes e despois de cada uso, complementario ao servizo de limpeza de cada estancia utilizada.
Ditas estacións de limpeza e desinfección disporán do seguinte material e produto: un pulverizador desinfectante ou dispensador de xel desinfectante de mans, e dispensadores de papel cunha papeleira non manual para depositar os desfeitos.
Incrementar a frecuencia de revisión de papeleiras e retirada de residuos.
No caso de que se empreguen uniformes ou roupa de traballo, procederase ao lavado e desinfección diaria dos mesmos, debendo lavarse de forma mecánica en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados. Naqueles casos nos que non se utilice uniforme ou roupa de traballo, as pezas utilizadas polos traballadores en contacto con clientes, visitantes ou usuarios, tamén deberán lavarse nas condicións sinaladas anteriormente.
Material de protección para todo o persoal da Instalación deportiva. A modo orientativo:
- Máscaras hixiénicas ou cirúrxicas.
- Luvas de nitrilo (para hixiene das mans en actividades concretas. Non para utilización rutinaria).
- Dispensadores de hidroxel
No caso de que a instalación conte con persoal sanitario material de protección, a modo orientativo:
Máscaras FFP2 (recomendable para o caso de intervir ante un caso con sintomatoloxía suxestiva de infección COVID-19).
Luvas de protección.
Batas impermeables.
Protección ocular (recomendable para o caso de intervir ante un caso con sintomatoloxía suxestiva de infección COVID-19).
9.2. Persoal
Deben tomarse a temperatura, para comprobar si existe febrícula antes de iniciar a xornada laboral.
Utilización dos materiais de prevención obrigatorios establecidos polas autoridades sanitarias a cada traballador para a súa protección individual e a dos usuarios.
Mantemento dunha distancia mínima de 1,5 m. x 1,5 m. interpersoal.
Anotación no libro de rexistro os deportistas que accederon, hora, espazo utilizado e incidencias xurdidas, para ser revisadas polo coordinador do Centro.
Obrigatoriedade de levar cada día o seu material deixando libres e limpas as taquillas e zonas comúns.
Limpar e desinfectar o seu posto de traballo ao finalizar a súa xornada, sobre todo elementos comúns (pomos, teclado, mesa, cadeira, etc…)
Existirá un plan de coordinación que diariamente avaliará e fará o seguimento das medidas hixiénico sanitarias adoptadas para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios.
Na medida en que sexa posible, deberase formar ao persoal nos protocolos de reapertura para garantir a súa seguridade e a dos usuarios. Asemade, o titular da instalación deberá actualizar a prevención dos riscos laborais e todos os profesionais deberán realizar unha formación específica en detección de síntomas de prevención da Covid-19, así como seguir as medidas preventivas establecidas.
Nón obstante ao disposto anteriormente , estarase ao recollidona normativa laboral correspondente e nos protocolos de prevención de riscos laborais.