REGULAMENTO SOBRE USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
INTRODUCIÓN
O presente regulamento ditase ao abeiro do Art.8-Os Municipios/titulo II /das competencias das administración públicas galegas en materia de deporte/ da lei xeral do deporte de Galicia /Lei 3/2012,2 Abril de 2012 e do Lei de Bases de Reximen Local¿? O Consello Municipal de Deportes e un Organismo Publico, dependente do Concello de Ribadavia , constituido para vertebrar e dinamizar o sistema deportivo local tendo como obxetivos fomentar habitos de vida saudables en igualdade de condicións para a cidadania a través da promoción da actividade físico-deportiva como ferramenta para a mellora da saúde , calidade de vida e desenvolvemento social.
DISPOSICIÓN PRELIMINAR
Art. 1.- Obxeto.- e o de regular os dereitos, obrigas e condicións no que as persoas/entidades etc. poderan utilizar as instalacións/equipamentos e servizos dependentes do Consello Municipal de Deportes (en adiantes CMD).
Art.2.- Ambito de aplicación .- serán a totalidade das instalacións/equipamentos que dependan do CMD ,tanto os de titularidade municipal (Centro deportivo Muncipal O Consello, Pavillon Municipal Maquians, Piscina Muncipal “A Veronza” e Complexo deportivo Municipal “O Xestal”) como aqueloutras dependentes de institucións/administracións , de titularidade privada ou espazos de aproveitamento puntual para actividades físico-deportivas,cedidas para a xestión e explotación, que o Concello de Ribadavia acorde sexan xestionadas polo CMD.
Art..3.- Correspondelle ao CMD a aplicación , control e cumprimento do recollido no presente regulamento.
CAPITULO I.- NORMAS XERAIS
Art. 4 .- En cada instalación deportiva municipal só poderán levarse a cabo aquelas actividades para as que estea específicamente destinada. Previo informe técnico favorable poderan autorizarse outros actos deportivos e de outra índole , asi como manifestacións culturais ou sociais sempre que técnicamente sexa posible e trala autorización do CMD, que se outorgará discrecionalmente. En xeral, en todas elas autorizase a prácticas de actividades físico-deportivas.
Art. 5.- Tódalas instalacións deportivas municipais son de libre concorrencia, non podendo existir ningún tipo de discriminación por razón de raza, sexo,relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. O acceso as instalacións deportivas municipais supón a aceptación das normas contidas neste regulamento.
Art.6.- Porase a disposición dos usuarios autorizados , o material dispoñible en cada instalación , sendo responsabilidade destes o traslado e a retirada ao correspondente almacén. O persoal da instalación colaborara nestas tarefas se fose necesario.
Os adestradores/delegados , responsables de grupos/clubes terán que levar o control do material utilizado para a realización das actividades. Tamén se responsabilizará de que unha vez rematada a actividade, a instalación e os espazos deportivos utilizados queden en condicións de voltarse a utilizar .
O material propiedade de clubs/grupos , autorizado a deixalo nas distintas instalacións deberá estar recollido en cestas, redes ou bolsas propiedade da entidade, non facendose responsable o CMD do devandito material.
Art.7.- As entidades autorizadas sen tutela do persoal do SMD , deberá quedar recollido no convenio ca entidades usuaria , as condicións de uso e a responsabilidade da persoa/as as que se fai entrega das chaves. O Concello de Ribadavia podera esixir fianza pola entrega das mesmas.
Art.-8 Os horarios de apertura e peche ao publico das instalacións deberán ser aprobados polo consello rector do CMD a proposta da dirección técnica, estarán expostos en lugar visible en todalas instalacións deportivas.
Art.9.- O Concello de Ribadavia, en caso de interese público reservase a facultade de interferir, anular ou alterar calquera programación deportiva , comunicando aos usuarios ca máxima antelación posible, sen que por isto os afectados poidan demandar algún tipo de indemnización.
Art.10.- O Concello de Ribadavia, poderá concertar tanto para o uso continuado das instalacións deportivas municipais como para o desenvolvemento de programas de carácter físico-deportivo, convenios con clubes asociacións, federacións, entidades deportivas e organismos que teñan por obxeto a promoción do deporte, para os efectos de que poidan beneficiarse de unha maior operatividade no seu funcionamento.
Art.10 bis.- No caso de que un clube/entidade con enderezo social no concello de Ribadavia teña asinado convenio para o mantemento dunha instalación deportiva, terá prioridade fronte a outros clubes/entidades que soliciten o uso da mesma.Art.11.- Os usuarios poderan solicitar a colocación e explotación de publicidade nas instalacións deportivas atendose ao regulado na ordenanza reguladora de soportes publicitarios
Art. 12.- O pagamento das taxas e prezos públicos para poder utilizar as instalacións deberá realizarse previamente ao uso da mesma , salvo nos casos que se acorde polo CMD eo recollido nos convenios puntuais cas entidades.
CAPITULO II. DOS USUARIOS.
CONDICION DE USUARIO
Art.13.-Aos efectos do presente regulamento entendese por ususario/a , aquela persoa física ou xuridica que utiliza as instalacións de titularidade municipal, participa nos programas promovidos polo CMD ou participa alugando a cesión dos espazos deportivos.
Asemade teñen a consideración de usuarios/as os acompañantes e espectadores para os que tamén será de aplicación iste regulamento.
DEREITOS DOS USUSARIOS
Tanto os usuarios prácticantes como usuarios pasivos , definidos anteriormente, gozaran dos seguintes dereitos:
Art. 14.- A facer uso das instalacións deportivas que alugaron , reservaron ou se inscribiron nos horarios e periodos que foron ofertados ou fixados según o regulamento, se ben o CMD , por necesidade de programación ou forza maior podera anular ou mudalas condicións establecidas comunicando ca devida antelación.
Art. 15.- Disfrutar, dacordo as normas establecidas e tarifas vixentes, de todolos servizos que preste o CMD asi comos das instalacións.
Art. 16.-Teran dereito a recibir información sobre todalas instalacións deportivas municipais , servizos que se presten ,horarios prezos públicos e formas de acceso , dirixindose as oficiñas do CMD.
Art. 17.- Teran dereito a atención e trato correcto por parte do persoal do CMD.
Art.- 18.- A utilizar as instalacions en bo grado de hixiene,limpeza e seguridade, que asegure o correcto desenvolvemento da actividade deportiva reservada.
Art.19.- Poder expresar libremente por escrito calquer reclamación ou suxerencia e ser contestado no prazo máximo duhn mes.
Art. 20.- Ter garantida a confidencialidade dos datos persoais e da privacidade.
DEBERES DOS USUARIOS
Tanto os usuarios prácticantes como usuarios pasivos quedan obrigados a:
Art. 21.-Ter os recibos ou a tarxeta de aboado ao corrente de pago e conservalo durante o seu tempo de validez . Os recibos ou tarxeta de aboado serán de utilización exclusiva da persoa ou entidade para a que foron emitidos , e deberán gardalos no caso de reclamación posterior. Estando obrigados a presentalos en todo momento ao persoal do CMD cando asi o requiran.
Art. 22.- Nas instalacións dotadas de sistemas de control de acceso con torno electromecánico será obrigatorio o uso das tarxetas correspondentes.
Art.23.- Para a correcta utilización das distintas instalacións e espazos deportivos será obrigatorio o uso da indumentaria e calzado deportivo axeitado.Polo que queda totalmente prohibido o acceso aos espazos deportivos con calzado da rua.
Art.24.- Utilizar as instalacións , materiais e equipamentos con bo trato . Cando fagan uso de material móvil deben voltalo ao lugar de orixe , en todo momento deberán seguir as instruccións do persoal do CMD colaborando para o mantemento en bo estado de conservación
Art. 25.- Deberan axustarse aós horarios e as características concertadas no concepto de aluguer ou reserva da instalación asi como abandoar a instalacións 10 minutos antes do horario de peche da mesma
Art. 26.- Adoptar en todo momento unha actitude correcta evitando comportamentos que impliquen perigosidade para a integridade física dos demais usuarios
Art.27.- Esta prohibido:
- Fumar e introducir utensilios ou recipientes de vidro nos recintos deportivos
- Tirar lixo fora das papeleiras ou recipientes destinados a tales efectos
- Introducir animais dentro das instalacións deportivas, agas en casos excepcionais
ao aveiro de normativas de rango superior - Introducir bicicletas, patíns ou monopatíns dentro das instalacións deportivas agas
nos espazos e horarios destinados a práctica destas modalidades - Deixar obxetos , roupa , bolsas/mochilas fora dos vestiarios , taquillas ou espazos
destinados a tales efectos - A utilización de calquer instalación deportiva para impartir clases con beneficio
particular, agás as autorizadas expresamentos según convenios ou contratos - Captar imaxes persoais nos aseos ou vestiarios por calquer medio
PROTECCIÓN DE DATOS
Art. 28.-Aos efectos da Lei Organica 15/99, de 13 de Novembro , de Protección de datos de Carácter Persoal , todolos usuarios autorizan a utilización dos datos persoais para o seu tratamento informatico , xestión das instalacións e no seu caso envío dw información de interese.
Istes datos quedan incorporados a un ficheiro informatizado propiedade do Concello de Ribadavia
SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
Art.29.-O CMD dispón dúhn seguro de Responsabilidade Civil de cobertura para todolos centros deportivos de titularidade municipal .
O CMD non se fai responsable dos accidentes derivados da práctica físico-deportiva dos usuarios.
RECLAMACIÓNS
Art.30.- Todo-los usuarios teñen dereito a facer as reclamacións ou suxestións que estimen oportunas , ben de xeito verbal na oficiñas do CMD ou por escrito a través do rexistro no Concello.
O Concello de Ribadavia comprometese a responder as reclamacións debidamente presentadas por rexistro no prazo máximo de trinta dias.
CAPITULO III. UTILIZACIÓN E ACCESO AOS DISTINTOS CENTROS DEPORTIVOS
NORMAS XERAIS
Art.31.-A utilización dos distintos espazos por parte dos usuarios e de libre concurrencia , debendo aceptar o recollido no presente regulamento.
A utilización das mesmas por parte dos usuarios farase nos horarios establecidos de apertura ao publico sometidos a aprobación do CMD.
O persoal responsable das instalacións, poderá pechalas en calquer intre por motivos de seguridade,climatoloxicas ou cando se produzan circunstancias que poidan ocasionar danos físicos as persoas ou as instalacións.
Os espazos deportivos e os equipamentos deberán utilizarse para a práctica/s que correspondan , calquer uso diferente queda suxeto a autorización.
Os desperfectos que se orixinen por neglixencia,comportamento vandálico, incumprimento da normativa ou mal uso dos equipamentos e instalacións , darán lugar a correspondente sanción, que podera ser individual ou ao colectivo o que pertenza.
A colocación de publicidade por parte dos usuarios nas instalacións deportivas municipais queda regulada na ordenanza aprobada ao efectos , podendo regularse asemade por convenio ou de xeito puntual para eventos para o que debera o CMD autorizar a colocación da mesma previa solicitude
A explotación de bares/cantinas dentro dos recintos deportivos por parte dos usuarios queda regulada na ordenanza aprobada ao efectos , podendo autorizarse de xeito puntual para eventos para o que debera o CMD autorizar a sua explotación previa solicitude
PAVILLONS POLIDEPORTIVOS
Art.32.- Con carácter xeral os usuarios destas instalacións deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- Sera obrigatorio o acceso os distintos espazos deportivos con calzado e roupa deportiva
- Non se permite a práctica deportiva sin camiseta
- Non se permite dentro das instalacións fumar,comer e introducir obxetos de vidro.
- Non se permite o uso das bancadas e pasillos como zoas de quecemento
- Os obxetos atopados nos vestiarios , taquillas ou noutro lugar da instalación , gardarase como obxeto perdido por espazo de 3 meses , de non ser reclamado polo propietario niste espazo de tempo o CMD , podera dispor como considere.
Art.33.- Os usuarios da sala de musculación do Centro Deportivo Municipal O Consello deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- Os usuarios poderan facer uso desta sala de xeito libre ou asesorados polos técnicos responsables da mesma
- Calquer dubida na utilización das maquinas deberán consultalas os técnicos ou persoal de vixiancia da instalación
- E obrigatorio o uso de toalla por razóns de hixiene
- Os pesos libres despois da sua utilización deberán voltarse ao seu lugar de orixen
- Esta prohibido desprazar as maquinas e calquer equipamento da sala sin o consentimento do persoal responsable
- Queda prohibido o acceso a menores de 16 anos
- Por motivos de saturación de algún/s aparellos o CMD podera limitar o uso do mesmo/s por un tempo determinado.
- Esta sala podera ser reservada por grupos/entidades , pero en nigún caso de xeito exclusivo, sempre teran preferencia de uso os aboados
Art. 34 .- Nas salas de clases dirixidas os usuarios deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- Estas salas poderanse utilizar de xeito libre polos aboados , sempre que non estén ocupadas por grupos/entidades que teñan formalizada a reserva das mesmas
- As actividades dirixidas estarán baixo a tutela do técnico/monitor que será o responsable do cumprimento dos horarios, custodia e traslado do material empregado no desenvolvemento da clase
- Todo o material empregado deberá devolverse o seu lugar de orixen
- Non poderan acceder a estas salas os menores de 16 anos , somentes cando o fagan en grupos dirixidos por un técnico
Art.35.- Os usuarios da saúna deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- A utilización da saúna queda restrinxido os horarios establecidos par cada tempada
- Debera reservarse con antelación
- Os intersados na sua utilización fora dos horarios establecidos deberán facer a reserva como minimo con 4 horas de antelación
- E obrigatorio ducharse antes e despois de cada sesión
- E obrigatorio o uso de toalla por razons de hixiene
- Esta prohibida a sua utilización a mullers embarazadas , menores de 16 anos e persoas que padezan enfermedades cardiacas ou contaxiosas.
- Despois de cada sesión recomendase unha ducha fría e reposar unhos minutos
Art.36.- Aúla/sala de xuntas .- esta dependencia podera ser utilizada polos usuarios/clubes / etc., sempre para fines relacionados co deporte en xeral, deben previamente reservala nas oficiñas do SMD.
PISCINA MUNICIPAL “A VERONZA”
Art.37.- Esta instalación poderá ser utilizada en período estival, nos horarios e datas que se establecen de apertura o publico dacordo ca normativa
Art.38.- Queda prohibido:
- A presenza de transistores , radiocassetes etc. cun volumen que altere ou moleste aos demais usuarios.
- A reserva , acotación ou delimitación das zoas de estancia
- O uso de parasoles,hamacas,cadeiras etc. nas zonas de pes descalzos
- A práctica de actividades que poidan supoñer molestias para os demais usuarios
- A presenza de bolsas e demais elementos nas zonas de Praia
- Enxabonarse nas duchas de acceso os vasos
Art.39.-Por razóns de hixiene os usuarios deberán respetar as normas sanitarias , que a tal efecto se atopán expostas nos taboleiros informativos
Art.40.- Asemade do recollido niste regulamento será de obrigado cumprimento o recollido no Regulamento Sanitario de piscinas de uso colectivo que sexa de aplicación en cada intre.
COMPLEXO DEPORTIVO “O XESTAL”
Art.41.- Con carácter xeral os usuarios desta instalación deberán aterse as seguintes normas de utilización:
- Sera obrigatorio o acceso aos distintos espazos deportivos con calzado e roupa deportiva
- Non se permite a práctica deportiva sin camiseta
- Non se permite dentro das instalacións fumar,comer e introducir obxetos de vidro.
CAMPO DE FUTBOL-8 DE HERBA SINTETICA
Art.42.- Podera ser utilizado de xeito puntual por clubes/entidades ou particulares , previa reserva.
CAMPO DE FUTBOL DE HERBA SINTETICA
Art.43.- Iste espazo deportivo podera reservarse e utilizarse na sua totalidade para futbol-11 e por separado para futbol-8.
Art.44.- A sua utilización quedara sometida a solicitude uso según se establece niste regulamento , para entidades / clubs que desexen dispor da mesma durante toda a tempada deportiva
Art.45.- Asemade podera ser utilizada de xeito puntual por grupos/entidades ou particulares , formalizando a reserva tal como se establece niste regulamento acollendose as distintas modalidades de aluguer establecidas na ordenanza nº 24.
Art.46.- Esta prohibido o uso de zapatillas de taco metálico, somente se permitirá o uso de zapatillas especificas,multitaco ou botas de tacos de goma
Art.47.- Dentro do recinto esta prohibido o consumo de pipas , cacahuetes e demais alimentos que produzan desperdicios que poidan contaminar o terreo de xogo.
PISTAS DE TENIS
Art.48.- A sua utilización quedara sometida a solicitude uso según se establece niste regulamento , para entidades / clubs que desexen disponer da mesma durante toda a tempada deportiva
Art.49.- Asemade podera ser utilizada de xeito puntual por grupos/entidades ou particulares , formalizando a reserva tal como se establece niste regulamento acollendose as distintas modalidades de aluguer establecidas na ordenanza nº 24.
CAPITULO V.- NORMAS DE SOLICITUDE,CONCESION E USO
Art.50.- Os clubes/entidades deportivas interesadas en reservar durante a tempada deportiva o uso dunha instalación para os seus adestramentos poderá solicitalo conforme a normativa vixente
Art.51.-Abrirase un prazo de solicitude para o uso de instalacións deportivas municipais durante a tempada dende o 1 de Xuño ata o 30 do mesmo mes. O modelo de solicitude será o establecido polo CMD, podera recollerse nas oficiñas diste servizo ou na paxina web/www.ribadavia.es/ , debendo entregalo no rexistro do Concello de Ribadavia.
Art.52 .- O procedemento de concesión establecese do seguinte xeito:
- A dirección do servizo municipal de deportes emitirá un informe cas solicitudes presentadas
- O CMD , atendose aos criterios preferenciais, dara traslado da proposta de horario que será remita as entidades interesadas dando un prazo de 10 dias para presentar alegacións
- Vistas as alegacións presentadas e o seu tratamento o CMD redactara o horario definitivo que entrara en vigor o 1 de Outubro
- Posteriormente, a criterio do CMD e antes do 1 de Outubro , formalizarase convenio cas entidades beneficiarias para regular as condicións de uso , ou ben será de aplicación a ordenanza de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais
Art.53.- As reservas para a tempada serán de luns a venres ,dende o 1 de setembro ata o 30 de Maio, salvo que no convenio ca entidade se estipulen outras datas
Art.-54.-A concesión de uso quedara supeditada a que o solicitante este ao corrente no pagamento polo concepto de utilización de calquera instalación deportiva municipal
Art.55.-En todalas instalacións de uso compartido por distintas entidades , farase un horario provisional ata o 1 de Outubro, que pode ser susceptible de sufrir modificacións, dando lugar ao defintivo a partir desta data ata o 30 de Maio, todalas entidades que desexen seguir facendo uso das instalacións a partir do 1 de Xuño deberán comunícalo ao CMD
Art.56.- A reserva de horarios para competicións en fins de seman e festivos , farase antes do martes de cada semán nas oficiñas do CMD ou ben de xeito telematico , debendo a entidade aboar a taxa correspondente de aluguer antes do xoves para que a reserva sexa firme, salvo que estea establecido outro tipo de acordó en base a convenio/contrato
Art.57.- A concesión dunha franxa horaria durante unha tempada, en calquera instalación, non implicará que esa mesma hora sexa concedida ao ano seguinte automáticamente, as concesións serán únicas e exclusivamente para a tempada concedida.
Art.58.-Os criterios para a concesión de instalacións deportivas municipais a entidades deportivas tanto para adestramentos como para competicións serán os seguintes:
- Atendendo ao tipo de solicitude
- As solicitudes presentadas por entidades sen animo de lucro , para promover actividades de carácter federado
- As solicitudes presentadas por entidades sen animo de lucro, para promover outro tipo de actividades
- As solicitudes presentadas por entidades con animo de lucro
- As solictudes presentadas por particulares
- Atendendo o tipo de práctica deportiva teran prioridade por esta orde:
- As actividades promovidas polo CMD
- As actividades federadas
- As prácticas deportivo recreativas
-
- Atendendo aos horarios de solicitude:
De luns a Venres:
-
-
- Entre as 16,00 h. e as 20,00 h. .- Escolas e categorías base
- Entre as 20,00 h. e as 23,00 h..- Categorias Junior e Senior
-
Fins de seman e festivos:
-
- En horario de mañan.- As categorías base
- En horario de tarde.- Categorias Junior e Senior
- Atendendo a orixe das entidades:
- Os clubes e entidades con domicilio social no Concello de Ribadavia , dados de alta no rexistro de asociacións do Concello
- As entidades de fora do Concello de Ribadavia
- Para os clubes federados
- Os de máxima categoría contando as categorías federativas de superior an inferior
-
- Antigüidade
2. Os que leven mais tempo,de xeito continuado, utilizando a instalación que solicitan
Art.59.- Concesión de instalacións deportivas municipais para actos ou eventos de carácter nón deportivo , quedara supeditado as seguintes:
- O interesado deberá presentar , cunha antelación minima de 15 dias , unha solicitude escrita, dirixida ao CMD onde figure nome , enderezo,CIF, representate legal,teléfono,email e unha breve explicación da actividade a levar a cabo.
- O Concello de Ribadavia reservase a facultade de non conceder a instalación solicitada, no caso de serlle concedida o beneficiario deberá:
- Manter unha xuntanza técnica co CMD para valorar as necesidades da concesión
- Entregar o xustificante de pago da taxa establecida na ordenanza nº 24, e si fose o caso da fianza que se aplicase
- Presentar a poliza de RC que cubra o evento , salvo que o evento entre dentro da cobertura da poliza de RC que o Concello de Ribadavia ten contratado para todalas instalacións deportivas municipais.
- Sera responsabilidade do organizador e pola sua conta a obtención de cantas licenzas e permisos se precisen para realizar o acto, asi como a realización de todas as tarefas de montaxe e demontaxe que requira a actividade.
CAPITULO IV.- REXIMEN DISCIPLINARIO
Art.60.- Correrspondelle ao CMD establecer as sancións previo informe do Director do SMD, poderan recaer sobre particulares ou sobre o colectivo, entidade/clube.
TIPO DE FALTAS
FALTAS LEVES
Art.61.-Todas aquelas cuxa acción ou omisión non interrumpa nin interfiera o funcionamento das instalacións
Art.62.-A inoserbancia da normativa exposta nos carteis informativos en cada instalación O trato incorrecto causado a outros usuarios ou persoal das instalacións
FALTAS GRAVES
Art.63.-A reiteración de tres faltas leves no período de un ano Aquelas que impidan o funcionamento das instalacións
Art.64.-O uso das instalacións sin a correspondente reserva,aluguer,ou concesión
Art.65.-Falsear datos relativos a identidades ou estado do usuario individual ou colectivo
Art.66.-A cesión do carné de aboado , bono etc. a outra persoa distinta do titular
Art.67.-Inxuriar ou oferder gravemente ao persoal do CMD
FALTAS MOI GRAVES
Art.68.-A reiteración de duas faltas graves no período de un ano
Art.69.-Aquelas que impidan o funcionamento das instalacións obrigando ao peche ao publico por mais de un dia
Art.70.-As agresión tanto físicas como verbais ao persoal do CMD
Art.71.-A sustracción de bens , obxetos de outros usuarios ou propiedade do CMD
Art.72.-Actitudes obscenas ou que poñan en perigo a integridade de outros usuarios
SANCIÓNS
Art.73.- Establecese o seguinte rexime sancionador:
- Si a falta se considera leve:
- Apercibimento por escrito
- Multa ata 200 €
- Si a falta se considera grave:
- Prohibición de acceso a instalación ou servizo por tempo determinado
- Multa de ata 800 €
- Si a falta se considera moi grave:
- Prohibición de acceso a instalación ou servizo por tempo indefinido
- Multa de ata 1.500 €
Art.74.- En función da gravidade da infracción poderanse emprender-las accións xuridicas que correspondan , polo que iste regulamento non exime doutros procedementos que se establezan na lexislación vixente.