“VII CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA FESTAS DO PORTAL”

 

REGULAMENTO XERAL

O Concello de Ribadavia, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organiza o vindeiro, domingo 11 de Setembro de 2022 “VII CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA FESTAS DO PORTAL”

SAIDA E META

A saída e meta, para todas as categorías sera na Praza Maior.

CIRCUITO A: Praza Maior, Rua Garcia Penedo, Rua Alcalde Meruendano, Rua Progreso, Rua Ribeiro, Rua Veronza, Rua do Xestal, Camiño San Cristovo (Baixo Autovia), Area Recreativa A Veronza (Carril bici), Rua Veronza, Rua Extramuros (senda peonil Avia/Miño), Rua da Aldea, Praza Cruceiriño, Rua do Pouso, Estrada Filgueira, Estrada Francelos, Rua San Lazaro, Rua Progreso, Rua alcalde Meruendano, Rua García Penedo, Praza Maior.

CIRCUITO B: Praza Maior, Rua García Penedo, Rua Alcalde Meruendano, Rua Progreso, Rua Extramuros, Rua Porta Nova de abaixo, Praza da Magdalena, Praza Bujan, Rua Merelles Caula, Praza Maior.

CIRCUITO C: Praza Maior.

RECOLLIDA DE DORSAIS

– O Domingo 11 de Setembro 2022, ata 15:00 minutos antes da saída de cada categoria na secretaría de competición (Concello de Ribadavia/Praza Maior, 4).

CONTROL TECNICO DA CARREIRA:

– A carreira estará baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo e do Comité Galego de Xuíces.

SISTEMA DE CRONOMETRAXE

– A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos serán descualificadas, coa consecuente eliminación dos resultados finais oficiais.

INSCRICIÓN E PRAZOS

– As categorías participantes na proba absoluta (excepto categoría SUB18) ten un custe de 5 €.

– Todos os inscritos na carreira de adultos terán un obsequio recordó da proba.

– As categorías base e xuvenil : a inscrición e de balde .

– A inscrición para todas as categorías será ata as 23’59 horas do 6 de setembro en www.carreiragalegas.es

NORMAS DA COMPETICIÓN

A proba estará controlada e sinalizada en todo momento.

Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:

– Os corredores levarán en todo momento o dorsal ben visible na zona do peito para a súa identificación, sen engurrar e cos patrocinadores da proba ben visibles.

– Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada kilómetro.

– O control de chegada, da carreira absoluta, pechará as 12:15 h.

– A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico aó longo do percorrido.

SERVIZOS

– Vestiarios e duchas: POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DO CONCELLO (Rua Baixada ao Concello, 37).

– Os resultados serán expostos ó remate da proba na web www.carreirasgalegas.es 3

ENTREGA DE PREMIOS

– A entrega de premios, de todalas categorías, as 13:00 horas na Praza Maior Fronte ao Concello.

– Recibirán premio os tres primeiros clasificados masculinos e femininos Absolutos e de cada categoría.

– Nas categorías SUB10, SUB8 e Biberons recibirán un premio tódolos participantes.

– Premio Local: 1º e 1ª atleta clasificad@ do Concello de Ribadavia na carreira absoluta.

UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS

– As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.

– Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún veículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo nón se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún intre.

RECLAMACIÓNS

– Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.

DESCALIFICACIÓNS

– Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.

– Os xuíces da proba terán a facultade de descalificar o/a infractor que non leve visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas Normas Xerais da Federación Galega de Atletismo.

– As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.

RESPONSABILIDADE

– A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo a organización da devandita responsabilidade.

– A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

– Téranse en conta a normas en vigor en relación a Covid-19.

LOPD

– Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados por FG Atletismo e o Concello de Ribadavia para comunicacións sobre as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a proba.

COMPROMISO

– A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.

CAMBIOS NO REGULAMENTO

– A organización resérvase o dereito de realizar cambios no presente regulamento se así o considerase comunicando atraves da web: www.deportesribadavia.es – www.carreiragalegas.com e na información áos participantes.

CONSIDERACIÓN FINAL

– Todo o nón reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas Xerais da WA, Real Federación Española de Atletismo e Federación Galega de Atletismo.