26º DÍA DA BICI

Celebrouse a 26 edición do DÍA DA BICI, actividade enmarcada dentro do Plan Ribadavia Activa que ten como obxetivo o fomento do uso da bicicleta a incentivar a actividade física entre a veciñanza. Tomaron parte na mesma mais de 300 ciclistas de todas as idades que disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva, percorrendo un circuito semiurbano de casi 10 Km. Concentrándose dende as 10:00 horas na Praza Maior para recoller as mochilas e camisetas conmemorativas, tomando a saída as 11:00 horas para voltar á Praza en torno as 12:15 horas. Colaboraron no control da proba ao longo do percorrido asemade de protección civil e policía local 15 voluntarios do Club  Raiders do Ribeiro e Club Ciclista do Ribeiro.

Ao rematar, na Praza Maior levouse a cabo o sorteo de dúas bicicletas da casa comercial LA FUGA e catro vales para un circuito termal doado por TERMAS DE PREXIGUEIRO.