PICKLEBALL – 1ª E 2ª XORNADA DE PROMOCIÓN ESCOLAR

Nos días 22 e 27 de outubro, celebrouse a 1ª e 2ª Xornada de Promoción Escolar de Pickleball cos alumnos dos distintos centros educativos da comarca.
 
Na 1ª Xornada asistiron o alumnados do CPI Ribadavia, e na 2ª Xornada acudiron CPI Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Leiro, CEIP Carballeda de Avia e CEIP Quins.
 
En ámbolos dous días, a Praza Maior, converteuse no escenario das xornadas deportivas, organizadas pola Federación Galega de Tenis e a Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa coloboura do Consello Municipal de Deportes.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

PICKLEBALL – 2ª XORNADA DE PROMOCIÓN ESCOLAR

Ribadavia acolle unha Xornada de Promoción Escolar de Pickleball o vindeiro 27 de outubro na Praza Maior de Ribadavia.

A Praza Maior converterase no escenario dunha xornada deportiva dirixida ao alumnado dos seguintes centros educativos da comarca; CPI Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Leiro, CEIP Carballeda de Avia e CEIP Quins.

Organiza a Federación Galega de Tenis e a Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa coloboura do Consello Municipal de Deportes.

XVII ANDAINA SAUDABLE

Ribadavia volve camiñar pola saúde.

O vindeiro venres 23 de outubro, chega a XVII Andaina Saudable, organizada polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a través do Servizo de Atención Primaria de Ribadavia, baixo o lema “Anímate a camiñar con nós”. 

Unha nova oportunidade para fomentar os hábitos de vida saudables, gozar da actividade física ao aire libre e compartir unha mañá de convivencia e benestar.

 A saída será ás 9:30 horas dende o Centro de Saúde de Ribadavia.

 A actividade estará guiada polas profesionais de enfermaría Noemí Fernández e Eva Loureiro, do Centro de Saúde de Ribadavia.

Dende o Concello de Ribadavia e o Consello Municipal de Deportes, animamos a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa que promove a saúde comunitaria e nos lembra que pequenos hábitos, como camiñar, poden marcar unha gran diferenza no noso benestar. 

 Calza as zapatillas, ponte en marcha e anímate a camiñar con nós…!!!

ZUMBA MEIGO E BAILE MODERNO MEIGO

O 28 de Outubro ás 20:30 horas no CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO, levarase a cabo ZUMBA MEIGO para os usuarios ADULTOS.
 
O 30 de Outubro ás 17:30 horas, na CASA DA CULTURA, os máis PEQUENOS da actividade de «Escola de Baile» mostrarán o BAILE MODERNO MEIGO para o seus familiares e amigos.
 
A festa máis terrorífica xa está aquí…!!!
 
Ven co teu disfrace máis arrepiante, e prepárate para unha tarde de baile e diversión.
 
 
 

PICKLEBALL – XORNADA DE PROMOCIÓN ESCOLAR

Ribadavia acolle unha Xornada de Promoción Escolar de Pickleball o vindeiro 22 de outubro na Praza Maior de Ribadavia.

A Praza Maior converterase no escenario dunha xornada deportiva dirixida ao alumnado dos seguintes centros educativos da comarca; CPI Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Leiro, CEIP Carballeda de Avia, CRA Amencer Ribadavia e CEIP Quins.

Organiza a Federación Galega de Tenis e a Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa coloboura do Consello Municipal de Deportes.

INSCRICIÓN ABERTA – 11ª CARREIRA PEDESTRE RIBADAVIA

Para a inscrición accede a esta LIGAZÓN.

O domingo 22 de Novembro, terá lugar a Undécima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta. 

A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior. A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello cunha distancia de 700 m., estas catro probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.

Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido, ás 12:20 disputarse a competición para as categorías Sub 08 e ás 20:25 a de Biberóns.

Estará organizada polo Concello de Ribadavia / Consello Municipal de Deportes, e coa Coordinación Técnica da Federación Galega de Atletismo.

Nesta ligazón pódese consultar o REGULAMENTO.

 

30º DÍA DA BICI

O domingo 4 de Outubro, levouse a cabo en Ribadavia o «30º DÍA DA BICI».
 
Dito evento non competitivo, de percorrido semiurbano, foi promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, e tiña como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
 
A participación era libre, para todas as idades, superando os 250 participantes.
 
Rematou co sorteo de dúas bicicletas.
 
 
 
 

XUNTANZA AGRUPACIÓN DEPORTIVA ESCOLAR O RIBEIRO

Convocada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, na aula do Centro Deportivo Municipal «O Consello», levouse a cabo a xuntanza para dunha banda; programar o calendario de actividades do Programa «XOGADE» para o curso 26/27 na fase comarcal, asi como a posta en marcha do «PROGRAMA DAFIS» (Plataforma de avaliación do nivel de condición fisica da poboación infantil) que estará coordinado pola UAEF Ribadavia (Unidade de actividade e exercicio físico).

 

 

CONVERSAS PARA UNHA VIDA LONXEVA, SAUDABLE E DE CALIDADE

O Concello de Ribadavia está convidado a participar na «Xornada sobre envellecer con saúde» organizado pola Facultade de Mediciña da USC que se vai a celebrar no salón de actos da facultade o xoves, 1 de Outubro.

O Concello de Ribadavia achegará a ponencia sobre a experiencia do programa «ADESTRA A TUA SAÚDE» logo dun ano da súa implantación.

Para máis información pinchar na ligazón https://www.catedrasaludable.es/es/conferencias

XUNTANZA DO DEPORTE ESCOLAR CURSO 26/27

Convocado pola Secreteria Xeral para o Deporte, levouse a cabo a xuntanza na que estaban convocados todos los centros de ensino da comarca.

O coordinador provincial Carlos Bericat presentou o programa Xogade para o curso 26/27, asemade tamén lle foi presentado aos centros o Proxecto Dafis que pretendemos levar a cabo en coordinación coa Unidade de Actividade de Exercicio Físico de Ribadavia (UAEF).

A vindeira xuntanza convocada pola Agrupación Escolar o Ribeiro terá lugar o día 30 de setembro se na aula do Centro Deportivo Municipal «O Consello».