GRUPOS E HORARIOS – CROSS TRAINING KIDS

A actividade de Cross Training Kids dará comezo o vindeiro luns 29 de xuño.

Os grupos serán os seguintes:

  • GRUPO 1 (IDADES 14 A 16 ANOS): LUNS e MÉRCORES 10:30 horas.
  • GRUPO 2 (IDADE 13 ANOS): LUNS e MÉRCORES 11:30 horas.
  • GRUPO 3 (IDADES 10 A 12 ANOS): MARTES e XOVES 10:30 horas.
  • GRUPO 4 (IDADES 8 A 9 ANOS): MARTES e XOVES 11:30 horas.

 

CROSS TRAINING KIDS

  • DATAS: 22 de Xuño ata o 28 de Agosto.
  • SESIÓNS: 2 SESIÓNS / SEMANA / GRUPO.
  • GRUPOS: 8 – 10 anos / 11 – 13 anos / 14 – 16 anos.
  • OBXETIVO: INICIACIÓN AO TRABALLO DE FORZA.
  • HORARIOS: MAÑÁ 11:00 a 13:00 h. / SERÁN  18:00 a 20:00 h.
  • REQUISITOS:

-SER ABONADO AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES.

-MÍNIMO 10 ALUMNOS/GRUPO.

-MÁXIMO 40 ALUMNOS/GRUPO.

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: 1 de XUÑO ata o 12 deXUÑO,  a través de www.deportesribadavia.es

 

BENEFICIOS DO EXERCICIO DE FORZA EN NENOS
  • Tendo sempre coidado de realizalos correctamente, os exercicios de fortalecemento muscular teñen os seguintes beneficios:
  • Melloran a forza e a resistencia muscular dos nenos e adolescentes.
  • Producen melloras no rendemento na maioría dos deportes, por exemplo, na natación, o baloncesto ou o baile. Axudan a protexer os músculos e as articulacións de posibles lesións deportivas.
  • Os nenos e adolescentes poderán desenvolver técnicas durante estas etapas da vida que despois poderán seguir utilizando a medida que crezan. Fortalecen os ósos dos pequenos da casa.
  • Axudan a que os nenos se manteñan nun peso saudable.
  • Inflúen en que teñan unha maior confianza en si mesmos e aumenta a súa autoestima.
  • A que idade é conveniente comezar?
  • A partir dos sete ou oito anos é positivo que os nenos empecen a practicar exercicios de forza, aínda que cada caso é diferente e dependerá da súa madurez para seguir instrucións que lles permitan seguir a técnica e a forma de realizalos adecuadamente. Isto sempre debe de estar integrado no plan xeral de actividade física para os niños.
  • En canto á frecuencia, os nenos en idade escolar deben realizar 60 minutos ou máis de actividade diaria e, dentro desta práctica de exercicio, recoméndase facer exercicios de fortalecemento muscular e óseo polo menos tres días á semana.
  • Referencias:
    1 Ejercicio físico como «medicina» en enfermidades crónicas durante a infancia y la adolescencia. Anais de Pediatría. Marzo, 2020.
    2 Iniciación al entrenamiento de fuerza en edades tempranas: revisión. Revista Andaluza del Deporte. Marzo, 2016.
    3 Fortalecimiento muscular: ¿es adecuado para los niños?. Mayo Clinic. Xuño, 2021.
 

IX SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO – SPORTUR GALICIA

O venres 29 de maio, aproximadamente uns 200 nenos e nenas da comarca de Ribadavia (das categorías benxamíns e alevíns), participaron neste evento no II Torneo de Minibalonmán.
 
Trátase dunha edición especial centrada na inclusión co obxectivo de promover o deporte para todos, e que se celebra durante os días 28, 29 e 30 de maio en Expourense.
 
Está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
 
Pódense consultar os resultados da modalidade de minibalonmán, na seguinte LIGAZÓN.
 
 
 
 
 
 

APERTURA PRAZO PARA SOLICITAR INSTALACIÓNS DEPORTIVAS TEMPORADA 26/27

Según se recolle no regulamento sobre «Uso das Instalacións Deportivas Municipais», dende o 1 ao 30 de Xuño ábrese o prazo para que todas as entidades interesadas en facer uso de algunha das I.D. de xeito regular durante a tempada 26/27 para actividade de adestramentos e competicións poidan solicitalo cumprimentando o modelo que poden descargar da web deportesribadavia.es e entrégalo por rexistro.

 

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

A dirección do servizo municipal de deportes emitirá un informe coas solicitudes presentadas. 
O Consello Municipal de Deportes,
 aténdose aos criterios preferenciais, dará traslado da proposta de horario que será remita as entidades interesadas dando un prazo de 10 días para presentar alegacións. Vistas as alegacións presentadas e o seu tratamento o CMD redactará o horario definitivo que entrará en vigor o 1 de Outubro.
Posteriormente, a criterio do CMD e antes do 1 de Outubro, formalizarase convenio cas entidades beneficiarias para regular as condicións de uso, ou ben será de aplicación a ordenanza de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais.

HORARIO DE VERÁN 2026

CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO
De luns a venres: 8:00 horas a 22:30 horas.
Festivos, sábados e domingos: en función das reservas e competicións según convenios con entidades deportivas.

 

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA
De luns a domingo.
MAÑÁ: 11:00 horas a 14:30 horas.
SERÁN: 16:30 horas a 20:45 horas.

 

PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS
De 9:00 horas a 23:00 horas.
Horario base que pudera mudar en función de actividades puntuais e convenios con entidades deportivas.

 

COMPLEXO DEPORTIVO O XESTAL
De 9:00 horas a 23:00 horas.
Horario base que pudera mudar en función de actividades puntuais e convenios con entidades deportivas.

 

Entrada en vigor dende o 1 de Xuño do 2026 agás na piscina municipal será dende a apertura ao público da mesma.

II TORNEO MINIBALONMÁN SPORTUR EN EXPOURENSE

O vindeiro venres 29 de maio, celebraremos dentro do evento de Sportur (Expourense) a II Xuntanza de Minibalonmán, incluído dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte. Os equipos son mixtos formados por 8 integrantes e xogan 5 (un porteiro e catro xogadores de campo, sempre equipos mixtos) nunha cancha que é a metade dun campo de balonmán.

Neste segundo torneo de minibalonmán formarán parte os seguintes centros comarcais: Ceip Carmen García Carrasco Cenlle, Ceip Castrelo de Miño, Ceip Emilia Pardo Bazán Leiro, Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia, Ceip Quins – Melón e Ceip Plurilingüe Ribadavia. Ademáis tamén formará parte deste torneo o Colexio Plurilingüe “María Auxiliadora” Salesianos Ourense. Así contarase cunha participación de entorno a 170 nen@s das categorías benxamíns e alevíns.

O torneo comezará ás 10:00 horas e rematará ás 13:00 horas aproximadamente.

Entre partidos os participantes poderán desfrutar do resto de deportes e actividades que se exhiben dentro do Salón de Sportur.

Sportur Galicia – IX Salón del Deporte e Turismo Activo é un evento destinado a público de todas as idades, tanto deportistas afeccionados como principiantes que se desenvolve no recinto feiral de Expourense. Dentro de Sportur lévanse a cabo a realización de diferentes circuítos, exhibicións ou prácticas que serán algunhas das moitas actividades que se poderán desfrutar nestas xornadas.

Para máis información premer a seguinte LIGAZÓN.

 

VISITA INSTITUCIONAL AO CENTRO DEPORTIVO MUNICIPAL «O CONSELLO»

Esta mañá, o alcalde, César Fernández, e membros da corporación local achegáronse ao Centro Deportivo Municipal «O Consello» acompañados do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes en Ourense, Beatriz Fernández.
 
O Centro Deportivo vén de recuperar a súa actividade habitual o pasado 20 de abril, despois da modernización e transformación da planta baixa, tanto das salas de actividades dirixidas (Sala 1, Sala 2 e Sala ciclo-indoor) e Sala de musculación, que conforman a zona fitness, sí como dos vestiarios masculino e feminino con cadansúa sauna, e vestiarios adaptados (PMR) masculino e feminino. Ademáis, dunha Aula/Sala de xuntas e dúas Oficinas técnicas.
 
A visita institucional serviu para poñer en valor o resultado das actuacións executadas nunha infraestrutura deportiva fundamental para a actividade diaria de clubs, escolares e veciñanza.
 
A renovación do CDM «O Consello» era un dos compromisos adquiridos polo goberno municipal, enmarcado na súa aposta polo deporte e os servizos públicos.