Hoxe visitounos a TVG (Televisión de Galicia), para grabar e mostrar como se desenrolla o programa «Adestra a túa Saúde», enmarcado dentro do Plan Galicia Saudable e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, que se leva a cabo nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello.
Adestra a túa Saúde, é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e que une ao Centro de Saúde de Ribadavia e ao Servizo Municipal de Deportes para mellorar a vida da nosa veciñanza maior, xa que pretende ser un proxecto de vida saudable e axudar así na prevención de enfermidades.
Mañá venres, a partires das 17:52 horas, na TVG sairá a grabación no magazine «Hora Galega», programa presentado por Rocío Durán e Quique Morales, onde os grandes protagonistas son as historias cotidianas dos galegos.

