PICKLEBALL – 2ª XORNADA DE PROMOCIÓN ESCOLAR

Ribadavia acolle unha Xornada de Promoción Escolar de Pickleball o vindeiro 27 de outubro na Praza Maior de Ribadavia.

A Praza Maior converterase no escenario dunha xornada deportiva dirixida ao alumnado dos seguintes centros educativos da comarca; CPI Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Leiro, CEIP Carballeda de Avia e CEIP Quins.

Organiza a Federación Galega de Tenis e a Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa coloboura do Consello Municipal de Deportes.

PICKLEBALL – XORNADA DE PROMOCIÓN ESCOLAR

Ribadavia acolle unha Xornada de Promoción Escolar de Pickleball o vindeiro 22 de outubro na Praza Maior de Ribadavia.

A Praza Maior converterase no escenario dunha xornada deportiva dirixida ao alumnado dos seguintes centros educativos da comarca; CPI Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Leiro, CEIP Carballeda de Avia, CRA Amencer Ribadavia e CEIP Quins.

Organiza a Federación Galega de Tenis e a Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa coloboura do Consello Municipal de Deportes.

INSCRICIÓN ABERTA – 11ª CARREIRA PEDESTRE RIBADAVIA

Para a inscrición accede a esta LIGAZÓN.

O domingo 22 de Novembro, terá lugar a Undécima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta. 

A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior. A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello cunha distancia de 700 m., estas catro probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.

Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido, ás 12:20 disputarse a competición para as categorías Sub 08 e ás 20:25 a de Biberóns.

Estará organizada polo Concello de Ribadavia / Consello Municipal de Deportes, e coa Coordinación Técnica da Federación Galega de Atletismo.

Nesta ligazón pódese consultar o REGULAMENTO.

 

XUNTANZA AGRUPACIÓN DEPORTIVA ESCOLAR O RIBEIRO

Convocada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, na aula do Centro Deportivo Municipal «O Consello», levouse a cabo a xuntanza para dunha banda; programar o calendario de actividades do Programa «XOGADE» para o curso 26/27 na fase comarcal, asi como a posta en marcha do «PROGRAMA DAFIS» (Plataforma de avaliación do nivel de condición fisica da poboación infantil) que estará coordinado pola UAEF Ribadavia (Unidade de actividade e exercicio físico).

 

 

30º DÍA DA BICI

O vindeiro domingo, 4 de Outubro, levarase a cabo en Ribadavia o 30º DÍA DA BICI.

Evento non competitivo, de percorrido semiurbano, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.

Ás 10:00 h. será a entrega de mochilas e camisetas aos inscritos, e as 11:00 h. será a saída dende a Praza Maior.

O percorrido será; Praza Maior – Rúa Progreso – Rúa Ribeiro – Rúa Veronza – Rúa do Xestal – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Campo do Souto – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Rúa do Xestal – Camiño do Río – Rúa da Aldea (Francelos) – Ctra. Francelos – San Lázaro – Rúa do Progreso – Praza Maior.

A participación é libre, para todas as idades. 

A inscrición será ata o día 1 de Outubro, a través de www.deportesribadavia.es. Entrando na pestaña USUARIOS/ABONADOS, e posteriormente en «ACCESO USUARIOS». Si xa eres usuario/abonado tes que introducir o teu usuario e contrasinal. Se eres novo usuario, pincha en ¿nuevo usuario?. Unha vez dentro, accede a sección «ACTIVIDADES» e apúntate ao «DÍA DA BICI 2026».

Os 200 primeiros inscritos entregaráselles unha mochila e unha camiseta.

Todos os inscritos participarán no sorteo de dúas bicicletas, sorteo que se celebrará ao remate da proba.

Colaboran Ciclistas do Ribeiro, Aqualia e Clúster Industria deporte galego.

VISITA DA TVG PARA MOSTRAR O PROGRAMA «ADESTRA A TÚA SAÚDE»

Hoxe visitounos a TVG (Televisión de Galicia), para grabar e mostrar como se desenrolla o programa «Adestra a túa Saúde», enmarcado dentro do Plan Galicia Saudable e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, que se leva a cabo nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello.

Adestra a túa Saúde, é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e que une ao Centro de Saúde de Ribadavia e ao Servizo Municipal de Deportes para mellorar a vida da nosa veciñanza maior, xa que pretende ser un proxecto de vida saudable e axudar así na prevención de enfermidades.

Mañá venres, a partires das 17:52 horas, na TVG sairá a grabación no magazine «Hora Galega», programa presentado por Rocío Durán e Quique Morales, onde os grandes protagonistas son as historias cotidiás dos galegos.

 

APERTURA AO PUBLICO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

O XOVES, 12 de XUÑO do 2025, ABRIRÁ AO PÚBLICO A PISCINA MUNICIPAL «A VERONZA».

HORARIOS :

MAÑÁ: 11:00 h. a 14:30 h.

TARDE/SERÁN: 16:30 h. a 20:45 h.

ABONOS TEMPADA

Para solicitar os Abonos da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2026.
▪️Pódense mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premendo «USUARIOS/ABONADOS», e despois en «ABONOS PISCINA».
▪️Unha vez dentro, aparecerán as diferentes opcións de ABONOS TEMPADA; así como as ENTRADAS de DIARIO.

                                                    Ordenanza nº 24 .Prezo público por uso das instalacións deportivas municipais

 

NORMAS XERAIS :

O AFORO DA INSTALACIÓN: 244 PERSOAS.

DENTRO DOS VASOS E AREAS DE PRAIA DEBERASE RESPETAR EN TODO INTRE AS INDICACIÓNS DO PERSOAL SOCORRISTA.

ANTES DE MERGULLARSE É OBRIGATORIO DUCHARSE.

RECOMÉNDASE USAR CALZADO DE BAÑO PERSOAL NAS AREAS DE PES DESCALZOS (ZONAS COMÚNS).

PROHIBIDO ENTRAR NAS AREAS DE ESTADÍA E PRAIA CON CALZADO DA RÚA.

PROHIBIDO CORRER NAS VEIRAS DOS VASOS.

PROHIBIDO ENTRAR NAS ZONAS DE BAÑO ÁS PERSOAS CON ENFERMIDADES INFECTO-CONTAXIOSAS.

PROHIBIDO A ENTRADA DE ANIMAIS NAS INSTALACIÓNS, SALVO CANS GUÍA.

PROHIBIDO COMER E BEBER NAS AREAS DE PRAIA.

PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO.

PROHIBIDO DEIXAR DESPERDICIOS DENTRO DO RECINTO DA INSTALACIÓN.

 

CURSO DE NATACIÓN DE NEN@S :

O CURSO DE NATACIÓN DARÁ COMENZO O LUNS, 1 de XULLO EN HORARIO DE MAÑÁ.