O vindeiro domingo, 4 de Outubro, levarase a cabo en Ribadavia o 30º DÍA DA BICI.
Evento non competitivo, de percorrido semiurbano, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
Ás 10:00 h. será a entrega de mochilas e camisetas aos inscritos, e as 11:00 h. será a saída dende a Praza Maior.
O percorrido será; Praza Maior – Rúa Progreso – Rúa Ribeiro – Rúa Veronza – Rúa do Xestal – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Campo do Souto – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Rúa do Xestal – Camiño do Río – Rúa da Aldea (Francelos) – Ctra. Francelos – San Lázaro – Rúa do Progreso – Praza Maior.
A participación é libre, para todas as idades.
A inscrición será ata o día 1 de Outubro, a través de www.deportesribadavia.es. Entrando na pestaña USUARIOS/ABONADOS, e posteriormente en «ACCESO USUARIOS». Si xa eres usuario/abonado tes que introducir o teu usuario e contrasinal. Se eres novo usuario, pincha en ¿nuevo usuario?. Unha vez dentro, accede a sección «ACTIVIDADES» e apúntate ao «DÍA DA BICI 2026».
Os 200 primeiros inscritos entregaráselles unha mochila e unha camiseta.
Todos os inscritos participarán no sorteo de dúas bicicletas, sorteo que se celebrará ao remate da proba.
Colaboran Ciclistas do Ribeiro, Aqualia e Clúster Industria deporte galego.