Para a inscrición accede a esta LIGAZÓN.
O domingo 22 de Novembro, terá lugar a Undécima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta.
A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior. A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello cunha distancia de 700 m., estas catro probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.
Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido, ás 12:20 disputarse a competición para as categorías Sub 08 e ás 20:25 a de Biberóns.
Estará organizada polo Concello de Ribadavia / Consello Municipal de Deportes, e coa Coordinación Técnica da Federación Galega de Atletismo.
Podes consutar a ruta na seguinte ligazón de WIKILOC.
Nesta ligazón pódese consultar o REGULAMENTO.