



Os interesados poderán matricular ao neno ou nena, facendo a matrícula dende a páxina web www.deportesribadavia.es, premendo no acceso «USUARIOS/ABONADOS».
Unha vez dentro, accederase á casilla «ACTIVIDADES», onde aparecerán as diferentes opcións de matrícula e pago do Curso de Natación de nen@s.
Introducir os datos do neno ou nena, e formalizarán o pagamento do mesmo, (prezos públicos aprobados na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021).
Os prazos de matrícula son (por orden de entrada):
O número de prazas, son máximo 80.
IDADE : 4 ANOS en adiante.
DURACIÓN DO CURSO : Dende o 1 de Xullo ao 28 de Agosto.
HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.
PROCEDEMENTO E PRAZOS :
SOLICITUDE DE PRAZA (MATRÍCULA): Para o mes de Xullo, ata o 5 de Xuño. Para o mes de Agosto ata o 10 de Xullo.
GRUPOS E HORARIOS: 11 de Xuño, faise pública a relación de admitid@s.
COMEZO DO CURSO: 1 de Xullo.
Está aberto o prazo para solicitar o Abono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2026.
Para solicitar o abono da Piscina Municipal «A Veronza» para esta tempada:
Pódese mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premendo «USUARIOS/ABONADOS», e despois en «ABONOS PISCINA MUNICIPAL».
Unha vez dentro, aparecerán as diferentes opcións de ABONOS TEMPADA;


A Corporación Municipal de Ribadavia aprobou en sesión plenaria o cambio de uso do terreo do polígono deportivo Carballiño-Xestal para a construción da nova piscina municipal. Esta modificación do plan urbanístico é o primeiro paso necesario para dotar á vila dunha nova instalación acuática que substitúa á actual, ubicada na Veronza e construída a principios da década dos 80. Concretamente, fora inaugurada en 1982, coa singularidade de que se atopa en zona inundable, o que imposibilita a realización de traballos de ampliación ou mellora.
O goberno local avanza así en facer realidade o proxecto da nova piscina, moi demandada entre a poboación debido ao deterioro das instalacións actuais a causa do paso tempo, en parte polo feito de atoparse, como xa se comentou, en zona inundable. “É moi necesario dotar á vila dunha piscina nova, moderna, cómoda, adaptada ás necesidades actuais e conforme ás normativas vixentes”, resalta o alcalde, César Fernández. Trala aprobación do cambio, o Concello enviará a modificación á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para facelo efectivo.
A Xornada do Comarcal de Orientación e Multixogo levada a cabo o xoves 30 de abril nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal e Área Recreativa da Veronza, foi a última actividade do curso 25/26 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte. Xornada organizada pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes.
Nela tomaron parte os seguintes centros de ensino de toda a comarca: CEIP Plurilingüe Ribadavia, CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Plurilingüe Otero Novas Cortegada, CEIP Castrelo de Miño, CEIP Quins-Melón e CEIP Emilio Pardo Bazán Leiro, CEIP Carmen García Carrasco Cenlle, cunha participación de 302 nen@s, nas categorías de benxamíns e alevíns de 6 a 8 anos.
A xornada deu comezo ás 10:30 horas e rematou ás 13:00 horas.










As Finais da Copa Deputación de Ourense 2026 de fútbol sala, disputaranse os sábados 13 e 20 de xuño no Centro Deportivo Municipal O Consello.
⚠️ 𝗔𝗖𝗧𝗨𝗔𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 de Actividades Dirixidas
🔸️As actividades se imparten no Centro Deportivo Municipal «O Consello»

Apertura da Zona Fitness o luns, 20 de abril.
Horarios:
De luns a venres de 8:00h a 22:30h.
Sábado de 9:00 h 20:00h.
Domingos e festivos segundo horario de competicións.
Instalacións:
▪️400 m2 adicados a actividade física saudable.
▪️Sala musculación 500 m2.
▪️Sala-1 actividades dirixidas 104 m2.
▪️Sala-2 actividades dirixidas 190 m2.
▪️Sala ciclo-indoor 100 m2.
▪️Vestiarios abonados (2) con sauna (2).
▪️Vestiarios adaptados /PMR (2).
▪️Recepción.
▪️Aúla-sala de xuntas
▪️Oficinas técnicas (2) sede da Unidade de actividade e exercicio físico (UAEF). Programa adestra a túa saúde (Conselleria de Sanidade).
Organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, terá lugar o vindeiro xoves 30 de abril nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal e Área Recreativa da Veronza a Xornada do Comarcal de Orientación e Multixogo, última actividade do curso 25/26 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.
Tomarán parte os seguintes centros de ensino de toda a comarca: CEIP Plurilingüe Ribadavia, CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Plurilingüe Otero Novas Cortegada, CEIP Castrelo de Miño, CEIP Quins-Melón e CEIP Emilio Pardo Bazán Leiro, CEIP Carmen García Carrasco Cenlle, cunha participación de 302 nen@s, nas categorías de benxamín, alevín de 6 a 8 anos.
A xornada dará comezo ás 10:30 horas para rematas ás 13:00 horas.
PRÓXIMA APERTURA Zona Fitness, Centro Deportivo Municipal O Consello.
Dende o día Luns 13, PÉCHASE a Sala de Musculación… ATA NOVO AVISO.
Desculpen as molestias.