II TORNEO MINIBALONMÁN SPORTUR EN EXPOURENSE

O vindeiro venres 29 de maio, celebraremos dentro do evento de Sportur (Expourense) a II Xuntanza de Minibalonmán, incluído dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte. Os equipos son mixtos formados por 8 integrantes e xogan 5 (un porteiro e catro xogadores de campo, sempre equipos mixtos) nunha cancha que é a metade dun campo de balonmán.

Neste segundo torneo de minibalonmán formarán parte os seguintes centros comarcais: Ceip Carmen García Carrasco Cenlle, Ceip Castrelo de Miño, Ceip Emilia Pardo Bazán Leiro, Ceip Pena Corneira Carballeda de Avia, Ceip Quins – Melón e Ceip Plurilingüe Ribadavia. Ademáis tamén formará parte deste torneo o Colexio Plurilingüe “María Auxiliadora” Salesianos Ourense. Así contarase cunha participación de entorno a 170 nen@s das categorías benxamíns e alevíns.

O torneo comezará ás 10:00 horas e rematará ás 13:00 horas aproximadamente.

Entre partidos os participantes poderán desfrutar do resto de deportes e actividades que se exhiben dentro do Salón de Sportur.

Sportur Galicia – IX Salón del Deporte e Turismo Activo é un evento destinado a público de todas as idades, tanto deportistas afeccionados como principiantes que se desenvolve no recinto feiral de Expourense. Dentro de Sportur lévanse a cabo a realización de diferentes circuítos, exhibicións ou prácticas que serán algunhas das moitas actividades que se poderán desfrutar nestas xornadas.

Para máis información premer a seguinte LIGAZÓN.