Hoxe, venres 29 de maio, aproximadamente uns 200 nenos e nenas da comarca de Ribadavia (das categorías benxamíns e alevíns), participaron neste evento no II Torneo de Minibalonmán.
Trátase dunha edición especial centrada na inclusión co obxectivo de promover o deporte para todos, e que se celebra durante os días 28, 29 e 30 de maio en Expourense.
Está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
Próximamente poderanse consultar os resultados da modalidade de minibalonmán.



