Nos días 22 e 27 de outubro, celebrouse a 1ª e 2ª Xornada de Promoción Escolar de Pickleball cos alumnos dos distintos centros educativos da comarca.
Na 1ª Xornada asistiron o alumnados do CPI Ribadavia, e na 2ª Xornada acudiron CPI Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Leiro, CEIP Carballeda de Avia e CEIP Quins.
En ámbolos dous días, a Praza Maior, converteuse no escenario das xornadas deportivas, organizadas pola Federación Galega de Tenis e a Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa coloboura do Consello Municipal de Deportes.








