Plan Director de Subvencións a Entidades Deportivas 2023

 

INTRODUCIÓN

Son funcións do Consello Municipal de Deportes, recollidas nos estatutos , a xestión e toma de decisións dentro do ambito das competencias que teñen atribuidas as entidades locais ao amparo da Lei Xeral do Deporte de Galicia , lei 3/2012, 2 de Abril de 2012

Entre outras, son funcións do Consello Municipal de Deportes:

  • Fomento da práctica fisico-deportiva , como xeito de crear hábitos saúdables entre os cidadans
  • Fomento e impulso a clubes e entidades deportivas , como estructuras asociativas básicas que propicien a integración social dos seus membros e fomente a práctica fisico-deportiva entre os cidadans.
  • A conservación,reparación, mellora e xestión das instalacións e equipamentos deportivos de titularidade municipal
  • Organizar e ,no seu caso, autorizar manifestacións deportivas dentro do termo municipal.
  • Promover e colaborar no desenvolvemento de eventos deportivos que se desenvolvan dentro do municipio
  • Actuar como canalizador das propostas dos veciños e entidades deportivas en relación ca organización, potenciación e desenvolvemento da actividade fisico-deportiva no municipio

Asemade o Regulamento sobre uso das instalacións deportivas municipais no seu CAPITULO I/NORMAS XERAIS/Art.10, establece.- O Concello de Ribadavia, poderá concertar tanto para o uso continuado das instalacións deportivas municipais como para o desenvolvemento de programas de carácter físico-deportivo, convenios con clubes, asociacións, federacións, entidades deportivas e organismos que teñan por obxeto a promoción do deporte aos efectos de que poidan beneficiarse de unha maior operatividade no seu funcionamento.

As subvencións son unha ferramenta de fomento de determinadas iniciativas sociais consideradas de interese xeral , favorecendo a participación cidada e a colaboura entre a administración publica e a cidadania na xestión de servizos.

A Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións introduce, como elemento de xestión e para a mellora da eficacia e eficiencia nas actuacións das administracións públicas, a necesidade de elaborar un Plan Estratéxico de subvencións.

O artigo 8.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, ten carácter básico, polo que todos os Concellos e Organísmos Públicos que pretendan outorgar subvencións deben aprobar o seu correspondente Plan Estratéxico de Subvencións no que se establecerán os obxectivos das mesmas , prazos para acadalos e custes previsibles, sempre adaptándose ao cumprimento dos principios da estabilidade orzamentaria.

A aprobación do Plan Extratéxico de subvencións e unha ferramenta de xestión e a súa aprobación nón xenera obrigas nin dereitos para o Concello de Ribadavia.

O Plan Extratexico estara condicionado a aprobación dun Plan Director anual de subvencións a entidades deportivas , e por suposto a dispoñibilidade orzamentaria de cada exercicio.

Dentro diste orzamento, xestiona a concesión de subvencións, axudas e a sinatura de convenios con entidades para a consecución dos mencionados obxectivos, e polo exposto anteriormente ten a obriga de aprobar un Plan Director anual de subvencións a entidades deportivas que regule o procedemento e os criterios de distribuciòn das mesmas. Plan director que se regula no articulado exposto a continuación.

ARTIGO 1. Obxectivos

 

Obxetivos Xerais:

  • Fomento do tecido asociativo e a participación cidada
  • Impulsar a práctica fisico-deportiva xerando oportunidade de ocio e tempo libre saudables

Obxetivos especificos:

  • Fomento do deporte federado vencellado ao deporte de base e de formación.
  • Promoción de eventos fisico-deportivos cunha finalidade transversal : fomento da actividade fisica a saúde , alternativa de ocio/espectaculo e promoción turistica
  • Opción ao mantemento e conservación dos equipamentos deportivos

ARTIGO 2. Diagnose

Dende a entrada en vigor da Lei Xeral de Subvencións , e nos ultimos anos de xeito ininterrumpido o Plan de subvencións a entidades deportivas do Concello de Ribadavia a proposta do Consello Municipal de Deportes foi convocada polo procedemento de concurrencia competitiva dirixido a tres programas:

  • Convocatoria de subvención a clubs e entidades deportivas .- Dotación: setemil euros (7000€)
  • Convocatoria de subvención a eventos fisico-deportivos .- Dotación : catromil euros (4000€)
  • Convocatoria de subvención ao mantemento de campos de futbol .- Dotación : tresmiltrescentos euros(3300€)

No exercicio 2019 muda a política deportiva niste senso acordando incrementar a dotación de axudas ao deporte federado asi como o rexime de concesión a via nominativa . Aprobando no consello reitor do consello municipal de deportes o 1º Plan Director de subvencións a entidades deportivas vencelladas aos importes a cada entidade como cantidades máximas a percibir , en función da actividade desenvolta.

No exercicio 2020 e 2021 , acordase deixar sin efecto a aplicación dos criterios de concesión das axudas para que as entidades perciban as cantidades integras recollidas no orzamento xeral do Concello a proposta do Consello Municipal de Deportes , motivado pola situación excepcional derivada da crise sanitaria do COVID-19.

No exercicio 2022 , logo da excepcionalidade en canto a aplicación do plan director motivado pola COVID-19, volve ser de aplicación para a resolución dos expedientes.

No exercicio 2023 a partida orzamentaria destinada a subvencións a clubs/entidades ascende a trintaedousmil catrocentos euros(32.400€) con cargo a partida 4.489.00.341

ARTIGO 3. Ámbito temporal.

O Plan director de subvencións a entidades deportivas proponse para o exercicio 2023.

 

ARTIGO 4. Competencia.

O órgano competente para aprobación do Plan Director corresponde ao Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, según se recolle nos seus estatutos.

ARTIGO 5. Principios xerais.

 

Son principios xerais deste Plan os seguintes:

  • Concesión directa que, de conformidade co establecido na norma aplicable, deberá contar coa debida consignación orzamentaria previa.
  • Concesión conforme a criterios obxectivos previamente establecidos a fin de garantir o coñecemento previo dos mesmos polos potenciais beneficiarios.
  • Eficacia no cumprimento dos obxectivos marcados e eficiencia na asignación de recursos públicos,debéndose xustificar cuantitativa e cualitativamente.
  • Control e análise da adecuación dos fins das entidades solicitantes aos principios de igualdade e nón discriminación no exercicio das actividades subvencionadas.

ARTIGO 6. Procedemento,regulación e financiación

O procedemento de concesión de subvencións sera de xeito directo con caracter nominativo recollendose o obxeto da subvención no correspondente convenio de colaboración que se asinara con todalas entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias das subvencións para poder acceder as mesmas deberan asinar un convenio de colaboura co Concello de Ribadavia onde se recolleran , como minimo , os seguintes :

  • 1. FINS AOS QUE VAN DESTINADAS AS AXUDAS
  • 2. PROGRAMAS A SUBVENCIONAR
  • 3. PRAZOS E DOCUMENTACIÓN A APORTAR
  • 4. OBRIGAS
  • 5. CRITERIOS DE CONCESIÓN DAS AXUDAS
  • 6. PROCEDEMENTO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS
  • 7. LIQUIDACIÓN E PAGAMENTO

A dotación prevista atopase aprobada no Pleno ordinario do 26 de Febreiro do 2023 cunha dotación de trintaedousmil catrocentos euros(32400€) con cargo a partida 4.489.00.341

ARTIGO 7. Programas

As axudas reguladas nas subvencións a entidades deportivas teran como finalidade a colaboura para a financiación dos seguintes programas:

  • 1. CLUBS/ENTIDADES DEPORTIVAS .- Subvención ao deporte de federado de rendemento orientado ao sostenemento da entidade para a participación en competicións oficiais da sua respectiva federación. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións publicas para o mesmo fin.
  • 2. ESCOLAS DEPORTIVAS .- Subvención a docencia e formación deportiva en todalas etapas do aprendizaxe deportivo. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións publicas para o mesmo fin.
  • 3. EVENTOS FISICO-DEPORTIVOS.- Subvención a organización de eventos fisico-deportivos por parte de entidades deportivas. Sendo compatibles con outras subvencións recibidas de outras administracións publicas para o mesmo fin.
  • 4. MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS/EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS.- Subvención a entidades que colaboren no mantemento de equipamentos de titularidade municipal e outras xestionadas polo Concello de Ribadavia

ARTIGO 8. Requisitos , regulación e dotación orzamentaria anual por programas

  • 1. PROGRAMA DE SUBVENCIÓN A CLUBS/ENTIDADES DEPORTIVAS

 

REQUISITOS

  • Estar inscritos no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia.
  • Participar en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións.
  • Posuir, polo menos , un equipo de base inferior a categoría(absoluta: junior e/ou senior); no caso de disciplinas individuais ou entidades que se adiquen exclusivamente a promover o deporte feminino deberan posuir como minimo cinco(5) licenzas federativas ou nenas que participen de xeito habitual na actividade do clube, nas mencionadas categorías base.
  • Desenvolver a sua actividade obxeto das axudas dentro do Concello de Ribadavia.

REGULACIÓN

  • A) PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE AMBITO NACIONAL
    Entidades que participen, con equipos/s de categorias absoluta ou de maxima categorias no caso de nón dispor de categorias absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren total ou parcialmente fora da comunidade autonoma de Galicia organizadas polas respectivas federacións estatais. Non se atopara niste rango, a participación de caracter puntual por clasificación, invitación etc.
  • B) PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE AMBITO AUTONOMICO
    Entidades que participen, con equipos/s de categorias absoluta ou de maxima categorias no caso de nón dispor de categorias absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren totalmente fora da provincia de Ourense organizadas polas respectivas federacións autonomicas. Non se consideran niste rango a participación en ligas/competicións que incluan localidades da provincia de Ourense e outras situadas nas provincias de Pontevedra e Lugo ubicadas xeograficamente a menos de 40 Km. do limite da provincia de Ourense.
  • C)PARTICIPACIÓN EN COMPETICIÓNS OFICIAIS DE AMBITO PROVINCIAL
    Entidades que participen, con equipos/s de categorias absoluta ou de maxima categorias no caso de nón dispor de categorias absoluta, en ligas regulares ou competicións que se celebren totalmente dentro da provincia de Ourense organizadas polas respectivas federacións autonomicas ou provinciais. Incluindo niste rango, a participación en ligas/competicións que incluan localidades situadas nas provincias de Pontevedra e Lugo ubicadas xeograficamente a menos de 40 Km. do limite da provincia de Ourense.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantia maxima a percibir por iste programa e entidade en función da categoría na que participe o equipo ou deportista do clube , na máxima categoría absoluta, sera:

A) AMBITO NACIONAL 3000€

B) AMBITO AUTONOMICO 2000€

C) AMBITO PROVINCIAL 500€

4. PROGRAMA MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS/EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

REQUISITOS

  • Entidades con domicilio social en Ribadavia
  • Facer uso de algunha das instalacións/equipamentos deportivos de titularidade municipal e outros xestionados por cesión do titulares ao Concello de Ribadavia
  • Poderan ser equipamentos elementais (único espazo deportivo) de uso por parte da entidade subvencionada
  • Acatar e facer cumprir cantas normativas e ordenanzas sexan de aplicación

REGULACIÓN

  • Según o recollido en convenio

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

A cuantia máxima a percibir por iste programa e entidade será de milcincocentos euros(1500 €)

ARTIGO 9.- Xustificación , pagamento e prazos

A subvención xustificarase presentando a conta xustificativa según modelos (ANEXO-I e ANEXO-II) aportando a seguinte documentación:

  • Relación de gastos (ANEXO-I) da actividade,por importe igual ou superior a cantidade a xustificar, con identificación do acreedor , importe e data de emisión
  • Relación detallada de ingresos(ANEXO-II) con indicación do seu importe e a sua procedencia
  • Facturas xustificativas en orixinal ou duplicado ou copia cotexada do documento . No caso de gastos de arbitraxe, achegarase certificación do colexio de árbitros . No caso de gastos de desprazamentos deberase presentar documento asinado polo perceptor co VºBº do presidente, onde se reflictan nome ,apelidos e NIF do perceptor eo CIF da entidade ao prezo máximo de 0,19 €/Km.
  • A xustificación dos gastos incluirá a acreditación fidedigna do pagamento destes. O Concello de Ribadavia poderá comprobar a realidade do gasto certificado a través dos oportunos procedementos de auditoría e control financeiro. A acreditación de gastos deberá ser por unha contía igual ou superior a da subvención concedida; de non ser así, procederase á correspondente redución.Ao aveiro do establecido no artigo 31.2 da Lei xeral de subvencións,considerarase como gasto efectivamente realizado aquel cuxa obriga de pago fose contraída antes do vencemento do prazo de xustificación da subvención.

De advertirse deficiencias de carácter correxible na xustificación o Concello de Ribadavia cocedera un prazo de dez días para subsanar a documentación da conta xustificativa.

O pagamento da subvención correctamente xustificada farase efectiva previa proposta de pagamento da dirección do Servizo Municipal de Deportes

O prazo de xustificación farase ante o Concello de Ribadavia antes do 31 de Outubro , agas nos casos que se establecera outra data nos convenios puntuais con cada entidade. Asemade antes desta data , por causa de forza maior , poder socilitar un aprazamento para presentar a documentación da conta xustificativa.

  • Acreditación das medidas de difusión onde aparezan os logos do Concello de Ribadavia e do Consello Municipal de Deportes , tales como carteles,dípticos,paxina web e outros.
  • Certificado de conta bancaria expedida pola entidade financieira correspondente.