Organizado pola ADE Arenteiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, terá lugar o vindeiro mércores 4 de marzo nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal e Área Recreativa da Veronza a Xornada de Actividade de Orientación, actividade do curso 25/26 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.
Tomarán parte os seguintes centros de ensino: CEIP Plurilingüe Antonio Failde (Coles), CEIP Virxe da Saeta (San Cristovo de Cea), CEIP Vila do Arenteiro (O Carballiño), IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia) e IES Lagoa da Antela (Xinzo de Limia), cunha participación de 259 nen@s, nas categorías cadete e infantil.
A xornada dará comezo ás 10:00 horas.