A selección absoluta masculina de balonmán de EGIPTO fixo hoxe xoves o derradeiro adestramento do STAGE en terras galegas no Polideportivo O Consello celebrando unha sesión en pista de 10:00 a 12:00 horas. A selección de EGIPTO xunto con CROACIA e OS HISPANOS levan concentrados dende a semana pasada entre Pontevedra e Ourense preparando os xogos olímpicos de TOKIO. En Ourense veñen de participar no PACO PAZ no Torneo Ourense Provincial Termal.
Este último adestramento da selección EGIPCIA celebrouse á porta pechada, admitindo exclusivamente a presenza na bancada dun reducido grupo de adestradores da entidade C. Balonman Carnes do Ribeiro.
O venres viaxan a terras francesas para continuar ca preparación da cita Olímpica na que se atopan encadrados na primeira fase, no grupo B, xunto con Dinamarca, Suecia, Portugal, Japón e Bahrein.