Publicado no DOGA do 8 de XULLO de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor ás 00.00 horas do 10 de xullo, e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.
ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA (LETRA C)
Actividade Física non federada
A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, recomendase que os grupos non superen as quince persoas sen contar co monitor nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar a actividade deportivas en grupos de ata seis persoas sen contar o monitor.
Actividade Deportiva federada
De ámbito autonómico, axustarase aos corrrespondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
A nivel nacional desenvolveranse de acordó co establecido pola Administración competente e conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
Respecto ao uso de vestiarios e aseos, poderase utilizar o 100% naqueles que dispoñan de cabinas ou o 50% senon dispoñen delas.
Celebración de eventos deportivos
Non poderán superar o setenta e cinco por cento da capacidade, sempre que o público asistente permaneza sentado e cun limite máximo de cincocentas (500) persoas en
instalacións pechadas e mil persoas (1000) en instalacións ao aire libre.
Os organizadores de eventos e actividades deportivas non federadas, como CAMPUS DEPORTIVOS, CAMPAMENTOS DEPORTIVOS OU ACTIVIDADES ANÁLOGAS, deberán contar cun protocolo COVID-19 especifico, que será trasladado a autoridade competente e comunicado aos seus participantes. Os protocolos, elaborados baixo a responsabilidade dos organizadores, deberán axustarse, con carácter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación a concreta modalidade deportiva segundo establecido nos protocolos aprobados consonte a Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaria Xeral para o deporte, pola que se aproba o protocolo Fisicovid-Dxtgalego.
No caso de eventos realizados en recintos, sexan pechados ou ao aire libre , deberá existir un rexistro de asistentes e custodialo durante un mes despois do evento, con información do contacto disponible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.
Piscinas de uso recreativo
(Cadro resumo publicado pola Xefatura Territorial de Sanidade/Delegación Ourense)
Polo demais seguira sendo de aplicación o recollido na orden do 25 de xuño do 2021, publicada no DOGA, 120-BIS de 25 de Xuño do 2021