Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

En aplicación do publicado no DOGA do 25/Xuño/2021 e na orde do 9/Setembro/2021 e do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes celebrado o 14/Setembro/2020, en relación as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Medidas que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físicodeportiva que entran en vigor as 00:00 horas do 11 de Setembro de 2021.

CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (D)

Competicións Deportivas con Público: (Publicado no DOGA do 10/Setembro/2021 que modifica a orden do 25/Xuño/2021).

As competicións celebradas en instalacións cunha capacidade máxima igual ou inferior a 1500 persoas, poderán desenvolverse sen superar o 75% da capacidade permitida sempre que o público permaneza sentado, garantindo 1,5 metros de separación entre non convivintes e cun límite máximo de 500 persoas en recintos pechados e 1000 persoas en actividades ao aire libre.

Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento, que debera ser custodiado durante o mes seguinte, coa información de contacto, disponible para as autoridades sanitarias , e cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
Deberas realizarse tarefas de ventilación nas instalación cubertar por espazo de polo menos 30 minutos antes e ao final de cada xornada, asi como de forma frecuente durante esta, e de xeito obrigatoriamente ao finalizar cada actividade.
Polo demáis seguirá sendo de aplicación o recollido na orden do 25 de xuño do 2021 , publicado no DOGA, 120-BIS de 25 de Xuño do 2021.

Actividade Deportiva Federada:
De ámbito autonómico, axustarase aos corrrespondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
A nivel nacional desenvolveranse de acordó co establecido pola Administración competente e conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
Respecto ao uso de vestiarios e aseos , poderase utilizar o 100% naqueles que dispoñan de cabinas ou o 50% senon dispoñen delas.

Celebración de eventos deportivos:
Non poderan superar o 75% da capacidade, sempre que o público asistente permaneza sentado e cun limite máximo de cincocentas (500) persoas en instalacións pechadas e mil (1000) persoas en instalacións ao aire libre.
Os organizadores de eventos e actividades deportivas non federadas, como CAMPUS DEPORTIVOS,CAMPAMENTOS DEPORTIVOS OU ACTIVIDADES ANALOGAS, deberán contar cun protocolo COVID-19 especifico, que sera trasladado a autoridade competente e comunicado aos seus participantes.
Os protocolos, elaborados baixo a responsabilidade dos organizadores, deberán axustarse, con caracter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación a concreta modalidade deportiva segundo establecido nos protocolos aprobados consonte a Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaria Xeral para o deporte, pola que se aproba o protocolo Fisicovid-Dxtgalego.

No caso de eventos realizados en recintos, sexan pechados ou ao aire libre , deberá existir un rexistro de asistentes e custodialo durante un mes despois do evento, con información do contacto disponible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.