DEPORTE ESCOLAR

 

No polideportivo O Consello (12/Novembro/2021; 11:00 horas) celebrouse unha xuntanza convocada pola Agrupación escolar O Ribeiro, a que estaban convocados todos os centros de ensino da comarca. O presidente dá traslado aos presentes dos contidos do programa XOGADE para iste curso a desenvolver na nosa zona, adoitando os seguintes acordos:

Comarcal de Campo a través escolar (clasificatorio para o provincial) a celebrar o vindeiro 26/Novembro/2021 nas instalacións de O Xestal/área recreativa A Veronza.

Programa de actividades para o curso 21/22: a establecer a partir de Xaneiro: bádminton, multixogo, multideporte (baloncesto, balonmán, fútbol-sala) xogando co atletismo, piragüismo dragóns e orientación.

Presentación da plataforma DAFIS ferramenta incluida no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia. Foi presentada por D. José Moreda (Lcdo. Educación Fisica/ Dpto. IES Ribadavia).