O domingo 24 de abril, vaise celebrar a 5ª edición da BTT Ribeiro Ribadavia, con dous percorridos, un de 30 km. e outro de 50 km. Ao non ten carácter competitivo, os participantes están convocados nas instalacións deportivas do Complexo O Xestal ás 9:00 horas con saída controlada ata a Praza Maior para dende alí facer a saída oficial ás 9:25 h. Ao remate da mesma será nas instalacións do Novo Sintético de O Xestal onde os participantes disporán de vestiarios, lavado de bibicletas e como clausura do evento habrá bebidas e pinchos.
A proba está organizada polo Club Raiders do Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes.
Nesta ligazón atoparás os percorridos.