CURSO DE NATACIÓN 2022
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZA
NÚMERO DE PRAZAS : Máximo 80.
IDADE : 4 ANOS en adiante.
DURACIÓN DO CURSO : Dende o 4 de Xullo ao 31 de Agosto.
HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.
PROCEDEMENTO E PRAZOS :
SOLICITUDE DE PRAZA : Dende o 15 de Maio ata o 7 de Xuño ás 14:00 horas.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS : 13 de Xuño ao 17 de Xuño.
RESERVA DE PRAZA (Aboamento Matrícula) : 20 de Xuño ao 24 de Xuño.
GRUPOS E HORARIOS : 30 de Xuño.
PREZO PÚBLICO :
CRITERIOS PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS :
1º EMPADROADOS NO CONCELLO DE RIBADAVIA.
2º ABOADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES : Atoparse en situación de aboado ao servizo acollido a calquera das modalidades recollidas na ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das Instalacións Deportivas Municipais B.O.P. (31/01/2012).
3º MATRICULADOS NO CURSO ANTERIOR (Curso Natación 2021).
Os interesados poden CUBRIR a solicitude dende este enlace SOLICITUDE PRAZA CURSO NATACIÓN, ou ben recollela directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.
Deberán facer a Solicitude Reserva de Praza Natación antes das 14:00 horas do día 7 de Xuño do 2022.