No Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes foi presentado o PLAN RIBADAVIA ACTIVA. Trátase dun borrador no que se está a traballar dende o Consello Municipal de Deportes que ten como obxetivo a mellora da calidade de vida da cidadanía tratando de crear hábitos de vida saúdable. Tendo ao Concello de Ribadavia como promotor a través do Consello Municipal de Deportes como nexo de unión pretende involucrar a todos os axentes que van a formar parte do PLAN RIBADAVIA ACTIVA: centros de ensino, centro de saúde a través do servizo de pediatría e atención primaria, o tecido asociativo (clubs e ANPAS), destinado nunha primeira fase a poboación infantil do noso concello e nunha segunda fase a poboación adulta.
Nesta primera fase para o curso 2022/2023, a partir de Setembro poranse en marcha varios proxectos orientados a avaliar e mellorar o nivel de condición física e promover habitos de vida saúdable dirixidos a poboación infantil, ca posta en marcha de varios proxectos: proxecto DAFIS para avaliación da condición física para a saúde, recreos activos/patios dinámicos, proxecto para mellora da condición física para a saúde e proxecto de dinamización da vida activa e deportiva.
Istes proxectos terán como obxetivo para o vindeiro curso os centros de ensino CRA AMENCER E CEIP RIBADAVIA e posterioremente o IES RIBEIRO para o curso 2023/2024. Nunha segunda fase (pendente de desenvolver) achegarase a proposta destinada a poboación adulta.
O plan pretende abordar os problemas derivados do sedentarismo e a inactividade física, recoñecida pola OMS como unha pandemia que esta a afectar a saúde derivando no que se coñece como enfermedades crónicas non transmisibles: cardiovasculares, diabetes, cangro entre outras. Asemade o sedentarismo esta vencellado ao sobrepeso e a obesidade perxudicando o sistema inmunoloxico e acelerando os problemas de dependencia.
Ligazón con Resumo do Borrador do Plan (1ª Fase).