ACÓRDASE O APRAZAMENTO DA 7ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA FESTAS DO PORTAL, AO NON ACADARSE A INSCRICIÓN MÍNIMA PREVISTA.
PASARÁ A CELEBRARSE O DOMINGO 4 DE DECEMBRO DO 2022, COS MESMOS HORARIOS E REGULAMENTO.
QUEDA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN para a nova data a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalega.com.
O prazo de inscrición será ata o 29 de Novembro do 2022.
Aos xa inscritos na data inicial (11 de Setembro) manteráselle a inscrición e os atletas que non desexen participar na nova data deberán solicitar a devolución da inscrición a través do correo smd@ribadavia.es antes do 15 de Setembro do 2022.
O circuito previsto será semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta.
A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas e chegada na Praza Maior, as categorías: Sub16, Sub14 e Sub12 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m. e 700 m. respectivamente, estas tres probas disputaranse a partir das 11:00 horas mentres se disputa a categoría absoluta.
Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub08 e Biberóns.
Todo os atletas disporán de vestiarios no Polideportivo O Consello, sendo a entrega de premios na Praza Maior ás 13:00 horas.
A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, ca coordinación e control da Federación Galega de Atletismo.