APRAZAMENTO DA FINAL COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Dadas as previsións metereolóxicas previstas para o Xoves, 24 de novembro, a Agrupación Escolar O Ribero acordou aprazar a celebración da Final Comarcal de Campo a Través Escolar para o vindeiro Martes, 29 de novembro. Proba que se desenvolverá no circuito A Veronza/Complexo deportivo O Xestal, dende as 10:00 horas ata as 13:00 horas.

Están inscritos casi 300 alumnos dos centros de ensino da comarca: IES RIBADAVIA, CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA, CRA RIBADAVIA, CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA, CEIP EMILIA PARDO B. LEIRO, CEIP VIRXE GUADALUPE AVIÓN, CEIP SAN SALVADOR ARNOIA, CEIP OTERO NOVAS CORTEGADA, CENLLE e CEIP DE QUINS-MELÓN.