6ª BTT RIBEIRO

Proba de carácter non competitivo organizado polo club Raiders do Ribeiro ca colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, celebrouse a 6ª edición da BTT do Ribeiro na que tomaron parte en torno a 200 ciclistas, que se deron cita no Novo sintético do Complexo Municipal O Xestal as 8:30 horas con saída neutralizada ata a Praza Maior ás 9:00 horas onde se tivo lugar a saída oficial para percorrer 40 Km. (circuito curto) ou 50 Km. (circuito longo).

O percorrido con saída en Ribadavia achegouse polo Concello de Carballeda de Avia ata Pena Corneira, para baixar ata Leiro seguindo ata Valdepereira para subir (circuito longo) a Santa Marta e chegada ao Xestal.

Ao remate no Novo sintético de O Complexo M. O Xestal os participantes dispoñían de vestiarios, lavado de bicicletas e un agape composto de bebidas e comida.

A organización agasallou aos participantes cunha camiseta conmemorativa do evento.

A proba estivo controlada polo servizo de Policía Local de Ribadavia, Proteción Civil de Ribadavia e Protección Civil do Ribeiro. A xornada discurriu sin ningúnha incidencia salientable.