O LUNS, 3/XULLO/2023 ESTÁ PREVISTA A APERTURA AO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA.
HORARIOS :
MAÑÁ: 11:00 h. a 14:30 h.
TARDE/SERÁN: 16:30 h. a 20:45 h.
ACCESO :
Poden solicitarse tanto os ABONOS da toda a tempada, como as ENTRADAS de DIARIO a través da WEB www.deportesribadavia.es.
ACCESO E RESERVAS :
- A TRAVÉS DA WEB www.deportesribadavia.es: CONDICIÓNS DA RESERVA:
- CADA USUARIO SOMENTE PODERÁ RESERVAR UN MÁXIMO DE SETE DÍAS.
- A TRAVÉS DA WEB PODEN SACAR OS ABONOS E AS ENTRADAS de DIARIO.
- OS USUARIOS ESTÁN OBRIGADOS A PASAR POLO CONTROL DE ACCESO AO RECINTO DEBENDO ACREDITAR A RESERVA DESCARGANDO O CÓDIGO QR (AGÁS USUARIOS DE 0 A 2 ANOS).
- NO CONTOL DE ACCESOS PODERÁ SOLICITARSE A PRESENTACIÓN DO DNI PARA A SÚA COMPROBACIÓN.
- PENALIZACIÓN: OS USUARIOS ESTÁN OBRIGADOS Á ANULACIÓN DA RESERVA DE NON FACER USO DA MESMA. Á SEGUNDA INCOMPARECENCIA CONTINUADA LEVARÁ APARELLADA A PENALIZACIÓN PARA FACER USO DA INSTALACIÓN DURANTE UNHA SEMANA.
- DIRECTAMENTE NA TAQUILLA DA INSTALACIÓN (PISCINA MUNICIPAL) PODEN SACAR AS ENTRADAS DE DIARIO, NOS HORARIOS DE APERTURA AO PÚBLICO.
NORMAS XERAIS :
O AFORO SERÁ DUN MÁXIMO DE 244 PERSOAS NA QUENDA DE MAÑÁ E O MESMO NA QUENDA DE SERÁN.
DENTROS DOS VASOS E AREAS DE PRAIA DEBERASE RESPETAR EN TODO INTRE AS INDICACIÓNS DO PERSOAL SOCORRISTA.
ANTES DE MERGULLARSE É OBRIGATORIO DUCHARSE.
RECOMÉNDASE USAR CALZADO DE BAÑO PERSOAL NAS AREAS DE PES DESCALZOS (ZONAS COMÚNS).
PROHIBIDO ENTRAR NAS AREAS DE ESTADÍA E PRAIA CON CALZADO DA RÚA.
PROHIBIDO CORRER NAS VEIRAS DOS VASOS.
PROHIBIDO ENTRAR NAS ZONAS DE BAÑO Á PERSOAS CON ENFERMIDADES INFECTO-CONTAXIOSAS.
PROHIBIDO A ENTRADA DE ANIMAIS NAS INSTALACIÓNS, SALVO CANS GUÍA.
PROHIBIDO COMER E BEBER NAS AREAS DE PRAIA.
PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO.
PROHIBIDO DEIXAR DESPERDICIOS DENTRO DO RECINTO.
CURSO DE NATACIÓN :
O CURSO DE NATACIÓN DARÁ COMENZO O LUNS, 3/XULLO EN HORARIO DE MAÑÁ (11:00 A 14:30 HORAS).