FORMACIÓN PREVENCION DE LEXIONELLA

Despois da entrada en vigor do 487/2022, onde se obriga aos titulares deste tipo de instalacións de risco a levar a cabo determinados controis por persoal propio, un técnico da  empresa INSAdes, concesionaria do control e prevención da lexionela nas instalacións deportivas municipais, autorizada a levar a cabo este tipo de formación, impará unha charla técnica sobre os cometidos e distintas operacións que o persoal deberá levar a cabo nas instalacións

Á charla poderán asisitir todos os interesados ata cubrir as prazas, para o que deberán comunicalo antes do luns 22 as 13:00 h. nas Oficinas do SMD.

Os que participen na charla e se atopen interesados en recibir a acreditación, deberán superar un examen.