O vindeiro 28 de Setembro, levarase a cabo en Ribadavia o 29º DÍA DA BICI.
Evento non competitivo, de percorrido semiurbano, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
Ás 10:00 h. será a entrega de mochilas e camisetas aos inscritos, e as 11:00 h. será a saída.
O percorrido será; Praza Maior – Rúa Progreso – Rúa Ribeiro – Rúa Veronza – Rúa do Xestal – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Campo do Souto – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Rúa do Xestal – Camiño do Río – Rúa da Aldea (Francelos) – Ctra. Francelos – San Lázaro – Rúa do Progreso – Praza Maior.
A participación é libre, para todas as idades.
A inscrición será a traves de pressclub.laregion.es. Os 200 primeiros inscritos entregaráselles unha mochila e unha camiseta. Os restantes inscritos recibirán só unha mochila.
Para inscribirte no Día da Bici, pincha neste enlace, e a seguir pincha no botón “INICIA SESIÓN” situado na esquina superior dereita. Unha vez rexistrado, tes que poñer nome e apelidos, tfno, data de nacemento, dni e talla da camiseta.
Importante, activar a casilla no texto “He leído y entiendo la Politica de Privacidad y acepto la Política de Cookies…”
Finalmente pinchar en Participar. A seguir recibirás un email confirmando a inscrición.
Ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os participantes.
Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, +Deporte La Región e colaboran Ciclistas do Ribeiro, Aqualia e Clúster Industria deporte galego.
