DEPORTE ESCOLAR – PROGRAMA XOGADE CURSO 25/26

O mércores 9 de outubro, ás 11:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Ribadavia, estaban convocados todos os responsable do Dpto. de Educación Fisica dos Centros de Ensino da comarca para acordar o calendario de competición escolares incluídas no programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Dentro das xornadas de promoción contamos con presidente da Federación Galega de Tenis (D. José Mosquera Casero) para presentar a PICK-LEBALL (modalidade promoción do Tenis), asemade o presidente da Agrupación O Ribeiro informa da de MINIBALONMÁN que levará a cabo o CDC Ribeiro (Balonman Rodosa Ribeiro Ourense Termal).

As competicións botarán a andar no mes de Outubro ca primeira xornada de MULTIDEPORTE, e o 19 de novembro levarase a cabo o Comarcal de Campo a Través, no que como no curso 24/25 contaremos cos Centros de Ensino da comarca da PARADANTA (Pontevedra).

O programa de actividades rematará no mes Maio ca celebración na segunda quincena dos XOGOS DEPORTIVOS SPORTUR que se levarán a cabo no Recinto Feiral EXPOURENSE.

Pincha nesta ligazón para acceder á Acta (Acordos).