XVII ANDAINA SAUDABLE

Ribadavia volve camiñar pola saúde.

O vindeiro venres 23 de outubro, chega a XVII Andaina Saudable, organizada polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a través do Servizo de Atención Primaria de Ribadavia, baixo o lema “Anímate a camiñar con nós”. 

Unha nova oportunidade para fomentar os hábitos de vida saudables, gozar da actividade física ao aire libre e compartir unha mañá de convivencia e benestar.

 A saída será ás 9:30 horas dende o Centro de Saúde de Ribadavia.

 A actividade estará guiada polas profesionais de enfermaría Noemí Fernández e Eva Loureiro, do Centro de Saúde de Ribadavia.

Dende o Concello de Ribadavia e o Consello Municipal de Deportes, animamos a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa que promove a saúde comunitaria e nos lembra que pequenos hábitos, como camiñar, poden marcar unha gran diferenza no noso benestar. 

 Calza as zapatillas, ponte en marcha e anímate a camiñar con nós…!!!