Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 11 de Decembro do 2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 6 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público (…) poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas se se trata de actividades ao aire libre, con aforo máximo do 33%.