Rematou a obra de acondicionamento do almacén situado na planta 1ª anexo a pista central. Este espazo que será de uso compartido por todos os clubes usuarios da instalación, seguirá compatibilizando o uso como almacén de material deportivo de uso común con outros usos coincidindo ca actividade de competición, e deste xeito póidase convertir en recinto para despacho de merchaidaising (camisetas, bufandas, maillots, etc.) entradas público, papeletas para sorteos, despacho de bebidas, comida… etc.
Deste xeito dase resposta á petición dos clubes e entidades usuarias desta instalación que motivado pola COVID-19, no 2021, foi suprimido o espazo ubicado baixo a bancada destinado a eses usos, onde foron creados almacéns para que cada entidade dispuxeran dun espazo individualizado para gardar material didáctico e deportivo.
FICHA TÉCNICA DA OBRA:
ORZAMENTO: CATRO MIL NOVECENTOS NOVENTA E UN CON VINTECINTO EUROS (4991,25 € + IVE)
DESCRICIÓN:
2 Ud. CREACIÓN DE VENTANAS ABATIBLES CON APERTURA EXTERIOR DE 1,65 X 1,30 m.
1 Ud. MESA INTERIOR TIPO BARRA DE OBRA CON REMATE EN PEDRA DE 4,20 X 0,30.
1 Ud. FREGADEIRO DE ACEIRO INOXIDABLE PARA AUGA FRÍA E QUENTE DE 80 cm.
INSTALACIÓN ELÉCTRICA CON 1 PUNTO DE LUZ MAIS 3 ENCHUFES.
INSTALACIÓN DE FONTANERÍA CON GRIFO PARA AUGA FRÍA E QUENTE MÁIS TOMA DE AUGA PARA CONEXIÓN DE REGO.
ADXUDICATARIO:
VAZQUEZ FIDALGO,SL.
Xunta Local de goberno 28/Marzo/2023