Ca celebración o vindeiro xoves 12 de Maio de 2022, nas instalacións do Complexo Deportivo O Xestal e Área Recreativa da Veronza, do Comarcal Escolar de Orientación porase punto e final ao programa XOGADE, na nosa comarca.
Na que tomaron parte ao longo do curso os centros de ensino da comarca nas distintas modalidades: Campo A Través, Bádminton, Xogando co Atletismo e Orientación incluidas no programa XOGADE.
O evento está organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro ca colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes. Tomarán parte no Comarcal de Orientación os centros de ensino: IES Ribadavia, CEIP Ribadavia, CRAE Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Carballeda de Avia, CEIP Cenlle e CEIP Leiro.
Ao remate da competición farase entrega de medallas aos tres primeiros clasificados nas distintas categorías así como da modalidade Badminton, que se estivo a disputar no mes de Abril.
Nestas ligazóns atoparás o Regulamento e máis o Circuito.