CUMPLIR AS RECOMENDACIÓNS DE EXERCICIO SEMANAIS, REDUCE O RISCO CARDIOVASCULAR

A realización de actividade física según as recomendacións semanais mínimas, é de 10 horas semanais ou 5 horas se a actividade física realizada ten un carácter de esforzo elevado. Con todo, ao contrario do que se pensa de maneira xeralizada, non é necesario que se distribúa durante a semana, ainda que nalgúns casos si é recomendable, pero se esta se realiza na súa totalidade durante a fin de semana, tamén reduce o risco cardiovascular

Este estudio publicado pola revista Jama Internal Medicine pretende evaluar se ao distribuir a actividade física durante a semana, ou realizar nun periodo de tempo menor, influía nos niveis de mortalidade. E os resultados son elocuentes, xa que entre unha mostra de 350.000 persoas adultas, non había diferencia en canto a mortalidade e risco cardiovascular, entre aqueles que realizaban deporte durante a fin de semana, e aqueles que o distribuían durante a semana. Con todo, os resultados obtidos demostraron que aqueles que realizaban a actividade física distribuida durante a semana, tiñan menos posibilidade de padecer cáncer.

Os datos expoñen que a realización de 300 minutos semanais de actividade física vigorosa (correr, montar en bicicleta ou nadar) ou a realización de 600 minutos de actividade moderada como camiñar reducen entre un 20% e un 30% os riscos cardiovasculares e a mortalidade

Polo tanto, é importante que se leve a cabo a práctica de actividade física, e débese educar á sociedade para iso.