27 DE ABRIL – DÍA INTERNACIONAL SIN ASCENSORES

A ONG Deporte para la Educación y la Salud promove en España o Día Internacional sin Ascensores, que terá lugar o 27 de abril

Trátase dunha iniciativa da Asociación Internacional de Deporte y Cultura (ISCA), que naceu o ano 2015 baixo o amparo da Comisión Europea. En España, Deporte para la Educación y la Salud ten a responsabilidade de coordinar as accións encamiñadas a manter activa e sana á poboación a través da práctica de exercicio físico. Actualmente, trátase dun Evento Global que moviliza millóns de persoas na súa celebración anual.

O Día sin Ascensores creouse cun obxetivo: motivar ás persoas a elexir as escaleras en lugar dos ascensores, xa que subir as escaleiras é bo para nosa saúde en xeral e pode darnos unha chispa de actividade física en calquera intre de nosos días. Incluso os Eurodiputados promoveron o uso das escaleiras dentro do Parlamento Europeo en Bruselas.

Este evento terá lugar o 27 de abril e será unha celebración mundial do movemento para a saúde e o benestar. É tamén unha oportunidade para mostrar cómo podemos usar as escaleiras para añadir un impulso de actividade física en un día normal, en casa, no traballo e en espazos públicos. Cando deixas de lado o ascensor están dando un exemplo moi importante ao resto da sociedade e axudando a crear hábitos máis saúdables entre os ciudadáns. Ao utilizar as escaleiras queimanse máis calorías, non se consume electricidade e contribúese a ter un planeta máis saúdable e activo.

Tendo en conta que moitas persoas non poden usar as escaleiras, todos os eventos deste día son voluntarios e os ascensores deben manterse abertos para quenes os necesiten. Os organizadores invitaron tamén ás persoas con discapacidades a unirse e compartir as súas ideas funcionais sobre cómo se poderían mellorar as escaleiras para o seu uso tamén.

O comportamento sedentario pode desempeñar un papel importante no desenvolvemento de condicións físicas como a obesidade, a presión arterial alta e a dor lumbar. Ao participar no Día sin ascensores, promóvense pequenos pasos que as persoas poden tomar para alexarse dos estilos de vida sedentarios e adoptar hábitos máis saúdables, porque facer algo de actividade física todos os días é mellor que non facer nada.