Dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes, vaise celebrar nas instalación do Complexo O Xestal e Área Recreativa A Veronza o venres 26 de Novembro o Comarcal de Campo a Través Escolar clasificatorio para o Campionato Provincial. Onde está previsto que participen todos os centros educativos da comarca nas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como feminino.
Horario de probas :
| CATEGORÍA | HORA DE SAÍDA |
| Cadete masculino | 10,30 h. |
| Cadete feminino | 10,45 h. |
| Infantil masculino | 11,00 h. |
| Infantil feminino | 11,20 h. |
| Alevin masculino | 11,35 h. |
| Alevín feminino | 11,50 h. |
| Benxamín mixto | 12,10 h. |
