Na loita contra a COVID-19 todos temos que estar unidos e o deporte é unha das armas que temos para facer fronte a esta crise sanitaria. Por iso, dende a UFEDEGA e co apoio da Secretaria Xeral para o deporte, todas as federacións galegas queremos lembrar que o deporte federado é garantía de cumprimento de todas as medidas de seguridade establecidas con motivo da pandemia da COVID-19. O DEPORTE É SOLUCIÓN!